"Cando Deus creou os ríos, mandou nacer tres xuntos na Serra do Xistral.
Aínda que as fontes manan do mesmo lugar, foron abocados cara a distintas
ladeiras e recibiron a promesa de que cada ano tería un home aquel que
primeiro chegase ó mar. Deulles categorías divinas e chamoulles, con
resonancias gregas, Eume ó da rampla de poñente, que debía fertiliza-la terra
das Pontes; Landro ó da vertente norte, que tería que fecunda-las carballeiras
e facerlles producir landras; e Masma ó da faldra de raiante, que crearía coa
súa chegada ó mar as marismas. Xusto despois de naceren, acordaron
descansar un pouco no camiño, pacto que só cumpriu o Eume. Ó decatarse
da traizón dos compañeiros, enfurecido, acelerou a súa marcha pola Capela
e Caaveiro, e logrou chegar primeiro.
Por iso tódolos anos afoga unha persoa
nas súas augas".
Lenda recollida
por José Varela.
O río Eume continuou mantendo a súa
forza, desenvolvéndose ao seu paso un ecosistema único que impregna
orixinalidade e beleza a toda a comarca.
Esta problemática ímola establecer como punto
de partida do proxecto “ A nosa vida: a nosa paisaxe”, que sen querer pecar de
ambiciosa, quere configurarse como elemento de apropiación identitaria das
novas xeración cara á riqueza cultural e natural do noso contorno.
Polo tanto, a primeira proposta consensuada consistirá en
realizar unha catalogación dos bens naturais e culturais máis significativos
das Fragas do Eume e da súa contorna.
Para elo establecemos elaborar un mapa
colaborativo (Google Maps) entre o alumnado e o profesorado.
Aquí esta o seu punto de partida e as instrucións
para a súa configuración.