A Fundación Mapfre invitou ao noso centro escolar a participar na campaña “Misión futuro”, campaña que ten como obxectivos sensibilizar ao alumnado sobre a importancia do aforro e a previsión de futuro como medida de protección fronte aos riscos que poidan xurdir e proporcionar ferramentas para converterse en cidadáns autónomos e informados.
Participou todo o alumnado da ESO, o mércores 24 de outubro de 2018, da man de Verónica de Ciencia Divertida, empregando materiais multimedia e Realidade Aumentada para a realización das distintas actividades, todas elas interactivas.
Amosando publicacións coa etiqueta TIC b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta TIC b>. Amosar todas as publicacións
27 de outubro de 2018
2 de abril de 2016
COÑECEMOS AS NOSAS FRAGAS
O alumnado de 4º de primaria do CPI Virxe da Cela realizou esta actividade dentro do proxecto Somos paisaxe, somos vida. Consistiu na busca de información na internet das árbores que poboan as Fragas do Eume centrándose nas características máis importantes de follas, froito e flor así como na súa utilidade para as persoas e animais que os rodean. Posteriormente elaborouse unha presentación e unha serie de actividades coa aplicación de creación de contidos Ardora.
Realizándose esta actividade tratouse de acadar os seguintes obxectivos: coñecer as características máis importantes da flora da nosa contorna; elaborar diferentes materiais en lingua galega; aprender a respectar e coidar o medio que nos rodea e fomentar o emprego das novas tecnoloxías.

Subscribirse a:
Comentarios (Atom)