Amosando publicacións coa etiqueta Consumo responsable b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Consumo responsable b>. Amosar todas as publicacións
28 de xuño de 2017
Xogos reciclados e obradoiro. Garabatos de Xogo
O pasado venres 16 de xuño tivemos a visita de Garabatos de Xogo, unha empresa familiar que asistiu ó CPI Plurilingüe Virxe da Cela cun obradoiro chamado Garabatos Xogando. Dito obradoiro consistía nunha xincana de xogos para experimentar, feitos con materiais reciclados, maioritariamente metais e aluminios.
Nun primeiro lugar, deixouse liberdade os rapaces e rapazas de educación infantil para explorar pola súa conta e posteriormente, dividiuse á etapa en pequenos grupos nos que se foron explicando o funcionamento dos xogos.
27 de xuño de 2017
XOGO DE MULTIPLICAR E DIVIDIR (MATERIAIS RECICLADOS)
A
profesora Carmen Espiñeira cos seus alumnos de 3º de EP construíron un xogo par afianzar os coñecementos de tabla de multiplicar de maneira lúdica e de xeito grupal:
25 de xuño de 2017
COLLAGE COLECTIVO DOS TRES RRR
O alumnado
de 1º de ESO traballou neste último trimestre nun collage colectivo sobre a
importancia dos tres R: Reduce, Reutiliza e Recicla. Dentro da materia de
Educación Plástica, Visual e Audiovisual, temos unha unidade didáctica sobre as
texturas e decidimos traballala a través dunha obra colectiva. Para a mesma
reutilizamos un taboeiro que tiña un póster xa en desuso e os rapaces e rapazas
aportaron distintos materiais de refugallo, sobre todo envases e algún residuo
tecnolóxico.
O
tema escollido foi unha cidade fea e escura feita con estes materiais e en
contraposición fixemos un cartel con tres fotos da paisaxe galega nos que
sobreimprimimos as palabras: REDUCE, REUTILIZA e RECICLA, de cor branco, para
remarcar o contraste entre o que queremos e o que non queremos para o noso
futuro.
Esta
obra situámola no corredor principal de Secundaria, xusto en fronte da Illa de
Reciclaxe, ca intención de que permaneza alí por moitos anos…
24 de xuño de 2017
Reutilización do papel nas aulas
Estas caixiñas están por o noso centro en todas as aulas e espazos: biblioteca, entradas, sala do profesorado...
Non todas son iguais, as das aulas están "personalizadas", pero o máis importante é utlizalas e darlle ao papel un bo uso cunha segunda e ata terceira vida.
23 de xuño de 2017
“Un partido polo planeta”
Dentro do programa Reciclando con Sogama estivemos recibindo moitísimas actividades ao longo do curso unha delas foi o xogo: "Un partido polo planeta".
Esta noticia quedounos pendente por publicar dende o mes de xaneiro, pero non por iso imos deixar de facelo:
Os nenos de 4º de EP nos contaban alá polo 20 de xaneiro: O
outro día estivemos na aula xogando a “Un partido polo planeta”. Con este xogo
puidemos demostrar todo o que aprendemos cos monitores que viñeron de Sogama a
ensinarnos a reciclar, ademais de divertirnos con todas as probas que nos
plantearon: fixemos dramatizacións, adiviñas e incluso tivemos que bailar unha muiñeira…
Pasámolo fenomenal!!!
1 de xuño de 2015
Actuación artística: "A árbore das cores"
Intervención imaxinativa que pretende ser quen de reforzar a
singularidade do patio escolar que conta cun importante abano de especies arbóreas.
A intervención consistiu en decorar CDs de desfeito e con eles resaltar as
arbores coas que contamos, empregándoas como espazo expositivo.
Foron decorados polo alumnado de 6º de Ed. Primaria e polo alumnado de ESO.
6 de maio de 2014
ELABORANDO XABÓNS SOLIDARIOS
Esta iniciativa realízase por segundo ano consecutivo no CPI Virxe da Cela, dirixida por Mª José Fandiño, a profe de CCNN, que convirte o laboratorio nun espazo para a investigación e anima aos alumnos da ESO a vestir de bata branca e facer experimentos que terán un produto final. Neste caso a fabricación de xabóns "solidarios". Este sobrenome de "solidarios" ten que ver coa súa finalidade: foron vendidos na conmemoración de San Valentín (febreiro 2014) e no VI Rastro Solidario (abril 2014), e os cartos recadados serán destinados para unha causa solidaria.
Foi un proceso interesante, lúdico, que queremos compartir convosco a través deste vídeo. Temos a obriga de resaltar o potencial xornalístico de Adrián (3º ESO), que ten un dominio total e absoluto do micrófono, e retrasmitiu en vivo e directo todo o proceso, facendo comentarios, traducións simultánea, cuñas publicitarias, etc...
7 de abril de 2014
Exposición “ O noso mundo, o noso futuro, a nosa opción”
A exposición “ O noso mundo, o noso futuro, a nosa opción” que o Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia (CEIDA)trasladou ao noso centro os problemas medioambientais máis importantes do noso planeta.
2 de xuño de 2013
Eco- clases
Actividade colaborativa na que quixemos desenvolver
actitudes e hábitos de consumo responsable e de respecto cara os recursos
do medio e desenvolver un espírito crítico e a conciencia cidadá solidaria.
Participarón aulas do 2º e 3º ciclo de Ed. Primaria, establecendo eco- clases,
entendidas como un espazo de consumo responsable, onde os materiais educativos
son reutilizados e aproveitados na súa totalidade (cadernos, material funxible,
curricular…) con lugar para a selección e recollida de materiais de desfeito
(cartón, plástico, material orgánico, envases, pilas e tinta de impresoras, CD,
así como a recollida de tapóns de plástico e de roupa para fines sociais).
Igualmente organizouse unha feira do libro.
A decoración da aula reflexa estas actuación, cun decálogo de
actitudes que acompañado da mascota creada para representar a actividade e que
xa se pode observar na porta de entrada.
Subscribirse a:
Comentarios (Atom)









