Amosando publicacións coa etiqueta Hemeroteca. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Hemeroteca. Amosar todas as publicacións

3 de abril de 2016

PROXECTO MÓVETE




A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez, inaugurou hoxe este proxecto piloto no CPIP Virxe da Cela de Monfero. A iniciativa tamén se levará a cabo no CEIP das Fontiñas de Santiago e no da Lomba en Vilagarcía de Arousa. O programa “Móvete” pretende ser un instrumento para a formación integral dos estudantes máis novos a través de valores asociados ao voluntariado e á solidariedade dende un contexto lúdico e vincula á música como elemento de motivación. 

A Consellería de Política Social, a través da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, inicia de xeito experimental o programa “Móvete” de dinamización do voluntariado entre o alumnado dos primeiros cursos de educación Primaria. Este proxecto piloto levarase a cabo en tres centros de ensinanza Infantil e Primaria: o Virxe da Cela de Monfero, o das Fontiñas de Santiago e o da Lomba en Vilagarcía de Arousa. En total, participarán en Móvete ata final de curso máis dun cento de nenos e nenas entre os 6 e os 10 anos de idade. 

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez, inaugurou esta mañá este programa no CPIP Monfero, que “pretende ser un instrumento para a formación integral dos estudantes máis novos a través dos valores asociados ao voluntariado e á solidariedade dende un contexto lúdico e vinculado á música como elemento de motivación”, dixo. Así, este programa conta como base coa canción e o vídeo “Móvete” de Paco Nogueiras, a través da que se elaborará unha unidade didáctica de aplicación a través duns obradoiros en cada centro.

 Os obxectivos da unidade didáctica céntranse na posta en valor da solidariedade e na acción voluntaria como medio para mellorar as realidades dos máis desfavorecidos. Accións solidarias en cada centro. Nas unidades didácticas cada centro escollerá unha acción solidaria para desenvolver co alumnado, que estará adecuada ás idades do grupo seleccionado e que poderá ser de sensibilización ou dun carácter máis activo, segundo o diagnosticado nos obradoiros iniciais. 

 Por último, Cecilia Vázquez destacou que “con este proxecto estamos en disposición de ofrecerlles aos mozos e mozas galegos a posibilidades de que desenvolvan un itinerario voluntario completo e continuo”. De tal xeito que este itinerario comeza en Primaria con Móvete, segue con Pasaporte Solidario –dirixido a rapaces de ata 12 anos-, continua coa Rede de Centros Solidarios para estudantes de Secundaria, e complétase co Servizo de Voluntariado Xuvenil, que se prolonga ata os 30 anos.


La Xunta acerca el voluntariado al alumnado del CPI Virxe da Cela: Implicar a las comunidades educativas en la promoción de los ideales de solidaridad, participación, compromiso social y voluntariado, a través de una  .

OBRADOIRO "MÓVETE". RCES







22 de abril de 2014

SOMOS PERIODISTAS: EMISIÓN RADIOFÓNICA VI RASTRO SOLIDARIO E OPERACIÓN QUILO 2014


http://www.diariodeferrol.com/articulo/ferrol/alumnos-cpi-virxe-da-cela-monfero-realizan-programa-radio-solidario/20140421002227082721.html
                                   www.diariodeferrol.com (Pica na imaxe para ver a noticia)


A celebración do VI Rastro Solidario e Operación Quilo 2014 supón un día moi especial para o CPI Virxe da Cela. O venres 11 de abril de 2014 o noso centro realizou unha xornada de portas abertas, e ademais dos nenos e nenas, profesores e profesoras, os corredores recibiron a visita de familias, que se achegaron á nosa escola para participar activamente nesta actividade. Coincidindo coa realización do obradoiro de radio “Laboratorio Radiofónico”, que se vén desenvolvendo todos os venres no noso centro desde o pasado mes de febreiro e dirixido ao alumnado de 5º e 6º de primaria e 4º da ESO, tivemos a idea de realizar unha gravación especial dedicada á VI Edición do Rastro Solidario e Operación Quilo 2014.
Os rapaces e rapazas de 5º e 6º de primaria, dentro das actuacións do proxecto "Sostenibilidade e paisaxe" entrevistaron a Belén e Yoli, dúas das nais que viviron de cerca esta experiencia: dedicaron parte do seu tempo axudando aos máis pequenos a elixir os obxectos e realizar o troco de alimentos, axenciáronse a cámara de fotos para documentar a actividade, e incluso unha delas aportou gran cantidade de bisutería realizada artesanalmente utilizando as cápsulas de nespresso e que tivo grande éxito de vendas… Aproveitando a visita de Mª José e Bea, da Fundación Ayuda en Acción, fixémoslles tamén unha entrevista para ver o seu punto de vista. Ambas agasallaron ao noso centro cun montón de críticas positivas, e sabemos que o convenio de colaboración coa Fundación Ayuda en Acción que firmamos o pasado mes de decembro de 2013 vai dar moitos froitos.

Tamén entrevistamos a Verónica, unha das profes coordinadoras de Monferosolidario, que resaltou a importancia desta actividade para sensibilizar a toda a comunidade educativa, e contamos tamén cos comentarios de varios alumnos e alumnas, que amosan grande entusiasmo e satisfacción ao sentirse partícipes dunha acción que vai axudar ás persoas máis necesitadas.





8 de decembro de 2013

" A nosa paisaxe, a nosa vida" na Facultade de Formación do Profesorado

Estupenda experiencia a vivida polo alumnado do 3º ciclo do CPI Virxe da Cela na Facultade de Formación do Profesorado da USC (Campus de Lugo). Invitados por Marta Poncet Souto (Coordinadora da Titulación  de Grao de Educación Primaria en dita Facultade) e por Rufino  González Fernández (Subdirector da Facultade Universitaria de Formación del Profesorado do Campus de Lugo, USC) presentaron o proxecto no marco das materias  de Socioloxía da Educación e Didáctica e Tarefas Docentes ao alumnado do Grao de Ed. Primaria.  

Foi unha forma de dar a coñecer as prácticas metodolóxicas do centro, a nosa configuración como paisaxe cultural e como non, poñer en práctica as nosas habilidades como comunicadoras e comunicadores. 

Tamén sinalar a repercusión que esta actividade tivo nos medios de comunicación. Destacamos a reportaxe publicada polo xornal "El Progreso", e que incluímos na seguinte imaxe. 
  image  
                                      elprogreso.galiciae.com  

28 de outubro de 2013

"A nosa paisaxe, a nosa vida" na revista "Escuela - Acción"

A revista  "Escuela - Acción" do grupo de investigación educativa da Facultade de Formación do Profesorado de Lugo (USC) "Escuela - Acción" ven de publicar no seu segundo número un artigo sobre a experiencia realizada polo CPI Virxe da Cela ao abeiro do Plan Proxecta, na modalidade "12 meses 12 paisaxes". 

Agradecemos o seu interese.




Podedes coñecer a publicación e a colaborar coa mesma seguindo o enlace da imaxe.