Amosando publicacións coa etiqueta Curso 2016/2017. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Curso 2016/2017. Amosar todas as publicacións

6 de xuño de 2017

Evolución da maquinaria agrícola e gandeira

O alumnado de 2º da ESO na área de tecnoloxía e de 3º de EP dentro do proxecto A vaquiña polo que vale realizaron unha análise da evolución da maquinaria agrícola e gandeira e as súas consecuencias na forma de traballar e na relación entre veciños (cooperación). Ademais reflexionaron sobre as diferenzas existentes entre a súa contorna e lugares que non dispoñen dos mesmos recursos.




A VAQUIÑA POLO QUE VALE. AS NOSAS RECEITAS

O alumnado de 1º e 2º de EP dentro do proxecto A vaquiña polo que vale, coa axuda da súa familia, fixo unha recollida de receitas de cociña que tivera entre os seus ingredientes algún produto lácteo. Aquí podedes ver o resultado.


ANÁLISE DOS ETIQUETADOS DOS PRODUTOS LÁCTEOS

O alumnado da ESO na área de matemáticas dentro do proxecto A vaquiña polo que vale realizou unha análise do etiquetado dos produtos lácteos e dos valores nutricionais dos distintos tipos de leite e dos seus derivados no tratamento industrial.


4 de xuño de 2017

Análise de publicidade de produtos lácteos

No pasado mes de maio e dentro do proxecto "A Vaquiña polo que vale" o alumnado de Educación Plástca, Visual e Audiovisual de 4º da ESO, estiveron traballando coa publicidade entorno ao sector lácteo.
Este traballo pretende contribuír ao desenvolvemento dunha conciencia crítica ante os medios de masas. Así mesmo traballamos detectando os estereotipos de imaxe persoal e social que se manexan nestes medios e que poden chegar a ser moi daniños nestas idades.
Aquí vos presentamos as análises que se fixeron de imaxe fixa:




19 de febreiro de 2017

Visita a Sogama


O noso centro é un dos 19 colexios de toda Galicia que participa no programa Recíclate con Sogama”, canalizado a través do Plan Proxecta da Xunta.

•O principal obxectivo  desta iniciativa é instaurar a recollida selectiva nos centros participantes e contribuír a que nos mesmos se leve a cabo unha xestión máis sostible dos residuos.

•A través do seu proxecto Reciclar no Planeta Xestal, os pequenos de Monfero están a levar a cabo ltiples actividades a través das cales pretenden poñer en práctica o principio dos tres erres (reducir, reutilizar e reciclar).

•A visita a Sogama permitiuelles cambiar a súa visión dos residuos ao concibilos agora
como recursos de utilidade.



A través  da iniciativa  promovida e coordinada por Sogama, preténdese instaurar a recollida selectiva no propio centro, informando e formando aos pequenos sobre como participar activamente no sistema, que tipo de refugallos deben depositarse en cada contedor e que beneficios ambientais se conseguen cun xesto tan sinxelo como é a separación de materiais.

Para isto, a compañía dotou ao colexio cunha illa de reciclaxe, conformada por tres contedores  (amarelo,  azul  e  verde),  a como  cun  composteiro  no  que  se depositarán os restos orgánicos procedentes do comedor escolar a fin de obter compost que logo utilizarán como elemento fertilizante para o  xardín.

Os tres erres (reducir, reutilizar e reciclar) sustentan a o proxecto que, baixo o título Reciclar no Planeta Xestal, vén guiando as actuacións do noso centro co fin de xestionar os residuos dunha forma sostible e respectuosa co medio ambiente.


DA TEORÍA Á PRÁCTICA

Saber e comprobar que sucede co lixo cando traspasa as paredes do centro constituía agora a súa gran inquietude, de aí que Sogama lles trasladase invitación para visitar o seu complexo medioambiental de Cerceda. E a foi. O martes14de febreiro, preto de 50 alumnos poñían rumbo á sede desta empresa pública para coñecer o seu funcionamento e descubrir por si mesmos o tratamento que recibe o lixo procedente do seu colexio e das súas casas.


E aquí foron recibidos por educadores medioambientais, quen, en primeira instancia, deron unhas nocións básicas sobre a problemática que a día de hoxe representa a inxente cantidade de lixo producido e fórmulas para contribuír a reducilo e a xestionalo dunha forma correcta.

Acompañados polos monitores e polos seus profesores, realizaron un percorrido guiado polas distintas plantas que conforman o complexo industrial. Así, puideron ver a de clasificación, onde se reciben os materiais recollidos a través dos contedores amarelos, sendo separados por tipoloxías para envialos aos centros recicladores, e logo adentráronse na nave de reciclaxe, tratamento e elaboración de combustible, na que se procesa o lixo depositado polos cidadáns no contedor convencional, separando a parte susceptible de ser reciclada, e convertendo o resto nun combustible derivado de residuos (CDR) que se valoriza enerxeticamente nunha planta termoeléctrica para producir electricidade.


De regreso ao edificio de oficinas, abriuse un coloquio no que os pequenos tiveron ocasión de preguntar dúbidas, trasladar observacións e comentar a súa experiencia; unha experiencia que, sen dúbida, contribuirá a que a súa visión dos residuos cambie notablemente, concibíndoos agora como recursos de valor.

25 de novembro de 2016

OBRADOIRO RCP

A intervención rápida ante unha parada cardio-respiratoria é vital para que os equipos de emerxencia poidan actuar e salvar vidas. Por esta razón, o pasado 15 de novembro, organizouse desde o departamento de orientación e educación física, en colaboración co CHUAC unha charla dirixida a todo o alumnado da ESO e 5º e 6º de educación primaria, dentro do “Programa de Divulgación en Doazón e Transplantes”
Na primeira sesión, impartida por Alejandro, enfermeiro do CHUAC, vimos os aspectos básicos da Doazón de órganos e tecidos.
Na segunda sesión, Fernando, médico da UCI, despois das pautas básicas teóricas sobre a RCP (Reanimación Cardiopulmonar) ensinou ao alumnado a realizar a maniobra de forma práctica.
Toda unha experiencia que repetiremos coa formación básica para alumnado e profesorado dentro do Plan deportivo de centro.