Amosando publicacións coa etiqueta reciclaxe. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta reciclaxe. Amosar todas as publicacións

8 de decembro de 2017

DECORACIÓN DE NADAL

Xa temos decorado o comedor cos traballos que fixeron os nenos, nenas e familias do CPI Virxe da Cela. Neste vídeo podedes ver o resultado final así como cada un dos traballos:


MOITAS GRAZAS A TODOS POLA VOSA CONTRIBUCIÓN¡¡¡

18 de xuño de 2017

Separación selectiva de lixo

Os nenos de infantil acabaron este curso dominando a separación selectiva de lixo

Este ano dende o Proxecto “Reciclando no planeta Xestal” quixemos acadar o obxectivo de que en todas as aulas e espazos do centro se fixera a separación selectiva do lixo. Así se puxeron distintos contedores en todas as aulas. Cada curso ca súa titora ou titor buscou o xeito de solucionalo fomentando a reutilización e o traballo persoal do alumnado así veredes que nalgunhas aulas se colleron caixas de cartón e noutras as papeleiras que xa se tiñan, pero engadindo dúas máis.
O obxectivo era ter contedores para:
- papel e cartón (azul)
- envases (amarelo)
- residuos non reciclables (verde)


Cada aula resolveu de xeito diferente a recollida selectiva

A separación a continuamos ca composteira, situando nun espazo común dous cubos destinados á mesma, e tamén ca recollida de pilas e tóner e cartuchos de tinta na Illa de reciclaxe.
Estas papeleiras das aulas vacíanse nos contedores da illa de reciclaxe.




Recollida de tapóns solidarios



Achégase o final de curso e un ano máis é momento de facer reconto de todos os tapóns recadados durante todos estes meses. Como podedes ver nas imaxes, xuntáronse unha pila de caixas, tapón a tapón, gotiña a gotiña, graniño a graniño, é unha pequena axuda converteuse nunha enorme montaña. Esperemos que algún neno ou nena enfermo/a poida sacar partido a este xesto solidario e que esta pila de tapóns axude a sufragar parte dos elevados custos de operacións e outros servizos hospitalarios aos que irán a parar os "Tapóns para unha nova vida".

7 de xuño de 2017

12 de marzo de 2017

ILLA DE RECICLAXE EN FUNCIONAMENTO

A nosa illa de reciclaxe xa está funcionando e xa a enchemos varias veces...
Temos organizado  que o alumnado de EI e EP pode vir baleirar os seus puntos de recollida das aulas á illa, tamén se é moi abundante poden ir directamente aos contedores grandes do exterior.
Unha vez á semana, os venres na hora de ler, o alumnado de secundaria baixa o recollido nas súas aulas e sae segundo as quendas organizadas pola Xefatura de Estudos, para baleirar os nosos contedores nos da rúa.
Así se fixo este pasado venres polo alumnado de 2º de ESO:






ILLA DE RECICLAXE


Xa temos funcionando un punto de recollida de lixo e refugallos non noso cole. Temos os tres contenedores amarelo, verde e azul,  pero tamén continuamos recollendo os tapóns, as pilas e os cartuchos de tinta ou tóner.
Atópase no corredor da planta baixa do edificio novo. Temos organizados unhas quendas para baleirar os nosos contedores nos exteriores, así como para que o alumnado baixe das aulas o papel e outros refugallos reciclables.
Organización no interior da Illa de Reciclaxe

Organización das quendas de baleirado

Sogama proporcionounos unha presentación na que podemos ver como utilizalos e porque e tan necesaria a reciclaxe: 




19 de febreiro de 2017

Visita a Sogama


O noso centro é un dos 19 colexios de toda Galicia que participa no programa Recíclate con Sogama”, canalizado a través do Plan Proxecta da Xunta.

•O principal obxectivo  desta iniciativa é instaurar a recollida selectiva nos centros participantes e contribuír a que nos mesmos se leve a cabo unha xestión máis sostible dos residuos.

•A través do seu proxecto Reciclar no Planeta Xestal, os pequenos de Monfero están a levar a cabo ltiples actividades a través das cales pretenden poñer en práctica o principio dos tres erres (reducir, reutilizar e reciclar).

•A visita a Sogama permitiuelles cambiar a súa visión dos residuos ao concibilos agora
como recursos de utilidade.



A través  da iniciativa  promovida e coordinada por Sogama, preténdese instaurar a recollida selectiva no propio centro, informando e formando aos pequenos sobre como participar activamente no sistema, que tipo de refugallos deben depositarse en cada contedor e que beneficios ambientais se conseguen cun xesto tan sinxelo como é a separación de materiais.

Para isto, a compañía dotou ao colexio cunha illa de reciclaxe, conformada por tres contedores  (amarelo,  azul  e  verde),  a como  cun  composteiro  no  que  se depositarán os restos orgánicos procedentes do comedor escolar a fin de obter compost que logo utilizarán como elemento fertilizante para o  xardín.

Os tres erres (reducir, reutilizar e reciclar) sustentan a o proxecto que, baixo o título Reciclar no Planeta Xestal, vén guiando as actuacións do noso centro co fin de xestionar os residuos dunha forma sostible e respectuosa co medio ambiente.


DA TEORÍA Á PRÁCTICA

Saber e comprobar que sucede co lixo cando traspasa as paredes do centro constituía agora a súa gran inquietude, de aí que Sogama lles trasladase invitación para visitar o seu complexo medioambiental de Cerceda. E a foi. O martes14de febreiro, preto de 50 alumnos poñían rumbo á sede desta empresa pública para coñecer o seu funcionamento e descubrir por si mesmos o tratamento que recibe o lixo procedente do seu colexio e das súas casas.


E aquí foron recibidos por educadores medioambientais, quen, en primeira instancia, deron unhas nocións básicas sobre a problemática que a día de hoxe representa a inxente cantidade de lixo producido e fórmulas para contribuír a reducilo e a xestionalo dunha forma correcta.

Acompañados polos monitores e polos seus profesores, realizaron un percorrido guiado polas distintas plantas que conforman o complexo industrial. Así, puideron ver a de clasificación, onde se reciben os materiais recollidos a través dos contedores amarelos, sendo separados por tipoloxías para envialos aos centros recicladores, e logo adentráronse na nave de reciclaxe, tratamento e elaboración de combustible, na que se procesa o lixo depositado polos cidadáns no contedor convencional, separando a parte susceptible de ser reciclada, e convertendo o resto nun combustible derivado de residuos (CDR) que se valoriza enerxeticamente nunha planta termoeléctrica para producir electricidade.


De regreso ao edificio de oficinas, abriuse un coloquio no que os pequenos tiveron ocasión de preguntar dúbidas, trasladar observacións e comentar a súa experiencia; unha experiencia que, sen dúbida, contribuirá a que a súa visión dos residuos cambie notablemente, concibíndoos agora como recursos de valor.