Amosando publicacións coa etiqueta Innovación. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Innovación. Amosar todas as publicacións

3 de abril de 2016

VISITA FUNDACIÓN REPSOL



Talento, compromiso, coñecemento, innovación… elementos fundamentais para a construción dun futuro sostible: para a esta meta se dirixen os esforzos do CPI Virxe da Cela, a Fundación Ayuda en Acción e a Fundación Repsol nunha aposta conxunta. Utilizando como materia prima a enerxía das persoas, estes tres colectivos tiveron a oportunidade de intercambiar puntos de vista e construír os cimentos de futuras actuacións durante unha primeira visita ao noso centro educativo (mércores 18 de novembro de 2015). Foi unha estancia curta pero moi produtiva. 

Tras as presentacións oficiais o equipo directivo e un representante da ANPA acompañaron aos nosos convidados a asistir a unha clase de programación dentro do proxecto Genios, promovido por Fundación Ayuda en Acción en colaboración con Google.org. Ignacio Egea (vicepresidente da Fundación Repsol) e Javier Inclán (director da area social e institucional de Repsol) puideron comprobar de primeira man que o noso centro aposta por romper a brecha dixital e que grazas ao compromiso de Ayuda en Acción os nosos alumnos e alumnas están a adquirir ferramentas e competencias que os capacitarán tanto para o seu futuro profesional como para o desenvolvemento integral como persoas e cidadáns, xa que en todo o proceso educativo prima o traballo en equipo e os valores. 

 Como broche final o alumnado de 3º da ESO guiou un programa radiofónico en directo onde os principais actores deste traballo conxunto tiveron a oportunidade de expresarse. Beatriz Varela, técnico de Ayuda en Acción, explicou detalladamente a liña de actuación do programa de innovación tecnolóxica Smartick que se está a desenvolver co alumnado de primaria, e xa pasando a un plano máis persoal relatou a súa experiencia como voluntaria nos proxectos educativos que Ayuda en Acción está levando a cabo en América Latina. Yon Penas, encargado de impartir docencia no noso centro dentro do programa Genios, manifestou a súa admiración tanto polas ganas e motivación do noso alumnado como pola cantidade e variedade de actividades que se están a desenvolver no noso centro. 

As palabras de despedida de Ignacio Egea e Javier Inclán quedarán flotando nas ondas e no espazo e esperamos que sigan resoando e facendo eco nos oídos dos nosos nenos e nenas, xa que ambos directivos de Repsol salientaron que para soñar e construír o futuro non fai falla gasolina, senón a simple enerxía que produce a mente e o corazón.





PROXECTO "GENIOS" NO CPI VIRXE DA CELA

A Fundación Ayuda en Acción, en colaboración con Google.org, lanza o proxecto GENIOS, que proporcionará a máis de 5000 nenos e nenas de máis de 30 centros escolares (entre eles o CPI Virxe da Cela, Monfero) as ferramentas e os medios para acceder á tecnoloxía e ao coñecemento, baseándose no feito de que brecha dixital reflicte a desigualdade de acceso ao coñecemento e ás novas tecnoloxías, e implica o risco de exclusión de quen queda fora desa innovación e, en definitiva, do futuro. 

Un día á semana durante o curso os rapaces e rapazas de 5º e 6º de primaria do noso centro mergullaranse no mundo das tecnoloxías a través dun convenio de colaboración entre a Fundación Ayuda e Acción e o CPI Virxe da Cela que se firmou por terceiro ano consecutivo.













A mañá do mércores 7 de outubro inaugurouse o programa GENIOS, tendo lugar a primeira das sesións impartidas polo instrutor Yon Penas, centrada nesta ocasión no programa Scratch e baseada na metodoloxía de Jóvenes Inventores. A través do manexo deste programa os nenos e nenas aprenderán non so os fundamentos básicos da programación informática, senón a desenvolver a súas capacidades creativas, relacionarse dun xeito construtivo coa tecnoloxía e o traballo por proxectos. 

Esta interesante iniciativa axudará ao noso alumnado a reflexionar sobre os valores relacionados coa convivencia, a resolución de conflitos a respecto, a diversidade, a cooperación, un dos obxectivos fundamentais de Ayuda en Acción.

Dado o éxito da experiencia, ampliámola a través do Club Genios, para trasladar a experiencia ao resto da Comunidade Educativa. Dentro dista iniciativa, hoxe (martes 23 de febreiro de 2016) fomos máis aló: as familias do alumnado acudiron as aulas para aprender con nós este fantástico mundo da programación. O alumnado actuou de docente, levando a cavo un obradoiro cooperativo de creatividade educativa, configurando a escola como unha comunidade de aprendizaxe. A experiencia, aportou complicidade, ilusión e a concepción da escola como un espazo compartido de aprendizaxe.


No noso país, máis de catro millóns de vivendas non dispoñen de acceso a Internet, o que implica que un 25% dos fogares españois están excluídos do universo dixital –o que nos sitúa na cola de Europa-. A brecha dixital reflicte a desigualdade de acceso ao coñecemento e ás novas tecnoloxías, e implica o risco de exclusión de quen queda fora desa innovación e, en definitiva, do futuro.

 A educación en tecnoloxía desde a infancia é un catalizador de igualdade de oportunidades, esencial para o desenvolvemento social e económico da sociedade.

Neste contexto, Ayuda en Acción en colaboración con Google.org, lanza o proxecto GENIOS, que proporcionará a máis de 5000 nenos e nenas de máis de 30 centros escolares (entre eles o CPI Virxe da Cela, Monfero) as ferramentas e os medios para acceder á tecnoloxía e ao coñecemento.

En la prensa:

Diario de Ferrol
El pensamiento computacional desembarca en las aulas de Monfero: Dentro de su apuesta por la innovación y la vanguardia educativa, el CPI Plurilingüe Virxe da Cela de Monfero se ha embarcado este curso en el proyecto Genios, desarrollado con la Fundación Ayuda en Acción y Google.org.

Las familias de los alumnos participaron esta semana de este nuevo proyecto

La Voz de Galicia:

Escolares de Monfero aprenden a programar a través de Genios


El colegio de Monfero implica a los padres en proyectos de innovación















CURSO DE SCRATCH PARA PROFES