Porque
a natureza forma parte de nós o alumnado de 1º de educación primaria fixemos un
estudo dos animais das Fragas do Eume e da súa flora e unha reflexión sobre a
importancia das fragas para o ser humano e dos problemas que presentan
actualmente.
Amosando publicacións coa etiqueta Proxecto Móvete b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Proxecto Móvete b>. Amosar todas as publicacións
6 de xuño de 2016
Móvete: Actividade 2º de Primaria
Os
nenos e nenas de 2º defendemos o rural porque vivimos a nosa lingua e as nosas tradicións.
Moitas veces o que temos máis preto é o
máis descoñecido. É primordial non perder as nosas tradicións ancestrais. As
nosas festas, usos, costumes… forman
parte da nosa vida. Por isto estivemos a traballar o hórreo, o carro, o
arado, a lareira e o cruceiro así como as romerías e festas da nosa contorna.
1 de xuño de 2016
Móvete: Actividade da ESO
O rural, 3º eso virxedacela from satelite1
Aquí vos deixamos a colaboración de 3º da ESO para o proxecto "Móvete", que se está levando a cabo no CPI Virxe da Cela coa intención de "revalorar o noso rural". É unha especie de decálogo recollendo certos aspectos que caracterizan tanto ao rural como ás personas que nel habitan. Cremos que valorar o que temos é o primeiro paso para protexelo e garantilo para as futuras xeracións.
Móvete: Actividade de Relixión católica
O alumnado de 5º e 6º de Primaria na materia de Reli, coa colaboración dalgúns compañeiros e compañeiras da ESO, realizaron un proxecto documental a través do cal amósannos as súas parroquias. Neste traballo investigaron, sacaron fotografías... Aquí podedes ver o resultado.
23 de abril de 2016
MÓVETE: PRESENTACIÓN DA ACCIÓN SOLIDARIA
O
15 de abril fomos a Santiago a presentar o noso proxecto de acción solidaria centrado
na revalorización do rural. O alumnado de 5º de EP foi o responsable de expoñer
o traballo realizado polo alumnado de todo o cole, dende infantil ata
secundaria.
Ademais
tivemos ocasión de compartir xunto con outros dous centros de Galiza unha
xornada inesquecible, con xogos, música e, como non, accións solidarias.
9 de abril de 2016
MÓVETE: AGRICULTURA ECOLÓXICA
O alumnado de 3º e
4º de primaria dentro do proxecto de defensa do rural decidimos centrarnos no
aproveitamento do rural dende unha perspectiva ecolóxica: agricultura
ecolóxica, uso de enerxías limpas,...
Para coñecer algo
máis sobre agricultura ecolóxica estivemos moi atent@s á charla que veu a
darnos ao cole Dolores Porto, a nai dunha compañeira que posúe unha granxa
ecolóxica. Dolores explicounos en que consistía a agricultura ecolóxica, como
se acreditan os produtos ecolóxicos,... e diferentes cuestións que lle fomos
plantexando.
Deixamos aquí un
pequeno vídeo para que poidades ver todo o que aprendemos con ela.
5 de abril de 2016
PROXECTO MÓVETE: XA TEMOS LOGO!
Durante a última semana de marzo
eleximos o logo co lema que representará o noso Proxecto Móvete.
De todos os participantes, dez foron os
finalistas, pero tan só un foi o gañador…
Moitísimas grazas a todos e a todas por
participar!
Nótase que no Virxe da Cela movémonos
polo rural!
3 de abril de 2016
PROXECTO MÓVETE

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez, inaugurou hoxe este proxecto piloto no CPIP Virxe da Cela de Monfero. A iniciativa tamén se levará a cabo no CEIP das Fontiñas de Santiago e no da Lomba en Vilagarcía de Arousa. O programa “Móvete” pretende ser un instrumento para a formación integral dos estudantes máis novos a través de valores asociados ao voluntariado e á solidariedade dende un contexto lúdico e vincula á música como elemento de motivación.
A Consellería de Política Social, a través da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, inicia de xeito experimental o programa “Móvete” de dinamización do voluntariado entre o alumnado dos primeiros cursos de educación Primaria.
Este proxecto piloto levarase a cabo en tres centros de ensinanza Infantil e Primaria: o Virxe da Cela de Monfero, o das Fontiñas de Santiago e o da Lomba en Vilagarcía de Arousa. En total, participarán en Móvete ata final de curso máis dun cento de nenos e nenas entre os 6 e os 10 anos de idade.
A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez, inaugurou esta mañá este programa no CPIP Monfero, que “pretende ser un instrumento para a formación integral dos estudantes máis novos a través dos valores asociados ao voluntariado e á solidariedade dende un contexto lúdico e vinculado á música como elemento de motivación”, dixo.
Así, este programa conta como base coa canción e o vídeo “Móvete” de Paco Nogueiras, a través da que se elaborará unha unidade didáctica de aplicación a través duns obradoiros en cada centro.
Os obxectivos da unidade didáctica céntranse na posta en valor da solidariedade e na acción voluntaria como medio para mellorar as realidades dos máis desfavorecidos. Accións solidarias en cada centro. Nas unidades didácticas cada centro escollerá unha acción solidaria para desenvolver co alumnado, que estará adecuada ás idades do grupo seleccionado e que poderá ser de sensibilización ou dun carácter máis activo, segundo o diagnosticado nos obradoiros iniciais.
Por último, Cecilia Vázquez destacou que “con este proxecto estamos en disposición de ofrecerlles aos mozos e mozas galegos a posibilidades de que desenvolvan un itinerario voluntario completo e continuo”. De tal xeito que este itinerario comeza en Primaria con Móvete, segue con Pasaporte Solidario –dirixido a rapaces de ata 12 anos-, continua coa Rede de Centros Solidarios para estudantes de Secundaria, e complétase co Servizo de Voluntariado Xuvenil, que se prolonga ata os 30 anos.
OBRADOIRO "MÓVETE". RCES
Subscribirse a:
Comentarios (Atom)


