30 de xuño de 2016

Os nosos estiramentos

Froito dos resultados DAFIS xunto co alumnado de 5º de Educación Primaria decidimos elaborar unha proposta de estiramentos para mellorar a nosa flexibilidade. Ésta foi a nosa selección:


                                                    Bíceps braquial



                  Adutores                                                               Psoas ilíaco


                                                            Tríceps



                       Lumbares                                                            Xemelgo




                                                     Cuadríceps






                   Piramidal                                                                                              Abdome




                  Glúteo                                                                                                    Dorsal ancho



                                                               Pectoral





                     Deltoide

XOGADE

Proba de Campo a Través en Miño – Curso 2015/16

O pasado 10 de decembro de 2015 celebrouse a fase comarcal de Campo a Través en Miño. Esta é unha actividade organizada pola Secretaría Xeral para o Deporte dentro do programa Xogade (xogos galegos deportivos en idade escolar).

O máis importante foi a plena participación do noso alumnado de Educación Primaria que gozou dunha práctica deportiva, educativa e saudable cunha gran tradición histórica en Galicia.


Este ano conseguimos 3 medallas: Pablo Rodríguez Fernández 2º na categoría de Benxamín Masculino, Marta Fernández Sanjuán 2ª na categoría de Alevín Feminino e Álex Couceiro Gómez 3º na categoría de Infantil Masculino.




O alumnado de 1º participou este ano en calidade de espectadoras e espectadores animando en todo momento e o ano que ven os veremos en acción.



                                                   Sen dúbida, pasámolo moi ben.



O alumnado de 5º de Educación Primaria decidiu indagar un pouco máis sobre esta modalidade deportiva (descubrindo a súa orixe, contándonos as súas vivencias…) e tamén investigaron sobre os alimentos e a importancia da pirámide alimenticia como hábitos de vida saudables. Estos foron os seus traballos.


DAFIS

DAFIS – DATOS DA ACTIVIDADE FÍSICA PARA A SAÚDE

Este curso participamos por segunda vez en DAFIS (Datos sobre a Valoración da Condición Física Saudable), enmarcado no Plan Galicia Saudable da Xunta de Galicia e coordinado pola Secretaría Xeral para o Deporte.

Este programa aparece para facilitarnos aos profesores a valoración da condición física dos nosos alumnos e no noso CPI estamos a desenvolvelo dentro do Plan Proxecta. Os protocolos de valoración pretenden medir aquelas cualidades físicas e psicomotoras que está demostrado científicamente que gardan relación coa saúde (forza, resistencia, flexibilidade, axilidade-velocidade) e permite coñecer en qué estado físico se atopa un alumno para decidir cales son os aspectos que necesitan mellorar e cales non. Esta valoración é fundamental para coñecer e facer un seguemento dos seus valores de condición física, a partir dos cales poder deseñar actuacións adaptadas ás súas necesidades.

A continuación publicamos un documento no que aparecen os resultados por idade e sexo en cada unha das probas físicas e no IMC. As cores verdes indican que os valores se corresponden cunha condición física saudable e as cores vermellas nos avisan que debemos mellorar nesas cualidades físicas. En cada unha das probas podemos comparar tamén os resultados coa mediana en Galicia.


En xeral, estamos moi contentos cos resultados obtidos polo noso alumnado. Pódese observar unha mellora en relación o curso pasado e vos animamos a seguir practicando actividade física e deportiva. Noraboa rapazas e rapaces do Xestal!!!








6 de xuño de 2016

Móvete: Actividade de 1º de Primaria

Porque a natureza forma parte de nós o alumnado de 1º de educación primaria fixemos un estudo dos animais das Fragas do Eume e da súa flora e unha reflexión sobre a importancia das fragas para o ser humano e dos problemas que presentan actualmente.



Móvete: Actividade 2º de Primaria

Os nenos e nenas de 2º defendemos o rural porque vivimos a nosa lingua e as nosas tradicións. Moitas veces o que temos máis preto é o máis descoñecido. É primordial non perder as nosas tradicións ancestrais. As nosas festas, usos, costumes…  forman parte da nosa vida. Por isto estivemos a traballar o hórreo, o carro, o arado, a lareira e o cruceiro así como as romerías e festas da nosa contorna.












1 de xuño de 2016

Móvete: Actividade da ESO


O rural, 3º eso virxedacela from satelite1

Aquí vos deixamos a colaboración de 3º da ESO para o proxecto "Móvete", que se está levando a cabo no CPI Virxe da Cela coa intención de "revalorar o noso rural". É unha especie de decálogo recollendo certos aspectos que caracterizan tanto ao rural como ás personas que nel habitan. Cremos que valorar o que temos é o primeiro paso para protexelo e garantilo para as futuras xeracións.  

Móvete: Actividade de Relixión católica

O alumnado de 5º e 6º de Primaria na materia de Reli, coa colaboración dalgúns compañeiros e compañeiras da ESO, realizaron un proxecto documental a través do cal amósannos as súas parroquias. Neste traballo investigaron, sacaron fotografías... Aquí podedes ver o resultado.