Amosando publicacións coa etiqueta Radio Itinerante Creativa. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Radio Itinerante Creativa. Amosar todas as publicacións

28 de novembro de 2017

Correspondencia co CEIP Anxo da Garda

Este ano volvemos a contactar co colexio Anxo da Garda da Coruña. O ano pasado falarámoslles de como é a nosa contorna e sobre o colexio e as súas actividades. Este curso comezamos de novo a actividade contándolles que fixemos este verán.


Queredes escoitarnos?


23 de novembro de 2016

Valoramos o medio natural: chegou o gran día!!!!


O CPI Virxe da Cela segue apostando pola radio como unha ferramenta para mellorar as habilidades comunicativas do alumnado, incentivar a creatividade e aprender. Este é o primeiro conto do alumnado de 1º de primaria. O seu primeiro encontro co micro.


Preme na imaxe para escoitalo


3 de abril de 2016

VISITA FUNDACIÓN REPSOL



Talento, compromiso, coñecemento, innovación… elementos fundamentais para a construción dun futuro sostible: para a esta meta se dirixen os esforzos do CPI Virxe da Cela, a Fundación Ayuda en Acción e a Fundación Repsol nunha aposta conxunta. Utilizando como materia prima a enerxía das persoas, estes tres colectivos tiveron a oportunidade de intercambiar puntos de vista e construír os cimentos de futuras actuacións durante unha primeira visita ao noso centro educativo (mércores 18 de novembro de 2015). Foi unha estancia curta pero moi produtiva. 

Tras as presentacións oficiais o equipo directivo e un representante da ANPA acompañaron aos nosos convidados a asistir a unha clase de programación dentro do proxecto Genios, promovido por Fundación Ayuda en Acción en colaboración con Google.org. Ignacio Egea (vicepresidente da Fundación Repsol) e Javier Inclán (director da area social e institucional de Repsol) puideron comprobar de primeira man que o noso centro aposta por romper a brecha dixital e que grazas ao compromiso de Ayuda en Acción os nosos alumnos e alumnas están a adquirir ferramentas e competencias que os capacitarán tanto para o seu futuro profesional como para o desenvolvemento integral como persoas e cidadáns, xa que en todo o proceso educativo prima o traballo en equipo e os valores. 

 Como broche final o alumnado de 3º da ESO guiou un programa radiofónico en directo onde os principais actores deste traballo conxunto tiveron a oportunidade de expresarse. Beatriz Varela, técnico de Ayuda en Acción, explicou detalladamente a liña de actuación do programa de innovación tecnolóxica Smartick que se está a desenvolver co alumnado de primaria, e xa pasando a un plano máis persoal relatou a súa experiencia como voluntaria nos proxectos educativos que Ayuda en Acción está levando a cabo en América Latina. Yon Penas, encargado de impartir docencia no noso centro dentro do programa Genios, manifestou a súa admiración tanto polas ganas e motivación do noso alumnado como pola cantidade e variedade de actividades que se están a desenvolver no noso centro. 

As palabras de despedida de Ignacio Egea e Javier Inclán quedarán flotando nas ondas e no espazo e esperamos que sigan resoando e facendo eco nos oídos dos nosos nenos e nenas, xa que ambos directivos de Repsol salientaron que para soñar e construír o futuro non fai falla gasolina, senón a simple enerxía que produce a mente e o corazón.





2 de abril de 2016

INFORMATIVO POSITIVO NO CPI VIRXE DA CELA

O tempo voa na nosa redacción (Laboratorio Radiofónico con Lucía Abarretegui e Sergio Pascual) e a nosa radio recibe ós redactores de 5º e 6º de primaria. Con Informativo positivo o achegámonos á figura do editor, aquel que decide qué información entra no programa e, moi importante, en que orde. Para que todo vaia ben terá que facer traballo en equipo cos redactores e productores. Neste caso por levar á contraria ós informativos convencionais, facemos un boletín cheo de novas boas: "Solidariedade para os nenos con cancro", "Na agricultura participan as mulleres", "Aínda que pareza mentira os españois reciclan", e "A riqueza das familias aumentou". 

OS CONTOS QUE ESTÁN POR CONTAR

O libro imaxinario que está na mente dos rapaces de 3º e 4º do CPI Virxe da Cela de Monfero. Un libro que inda non está escrito pero que ninguén sabe se no futuro terá a súa propia edición. Unha vez máis a radio amósase como ese artiluxo que xera maxia e todos sabemos que os rapaces devecen pola maxia.

A bañarse



A princesa que soñaba con ser princesa: As voces destes meniños de 1º de primaria dan luz a este conto dunha princesa que soñaba con ser princesa. 



Un mundo sen papel: É posible que no futuro desapareza o papel? Onde debuxarán os nenos? Tiraranse ao lixo os libros? Ninguén escribirá a man? As solucións atoparédelas neste conto dos alumnos/as de 3º e 4º de Primaria. 




Pedriño e os animaliños: Recreando o conto de Pedriño e os animaliños, por parte do alumnado de 2º de Primaria. 

Vivan o can e o gato: Os rapaces e rapazas de 2º de primaria do CPI Virxe da Cela deixan voar a súa imaxinación e para elo fan un conto chamado "Viva o can e o gato". O conto dos Xogos Olímpicos: Os rapaces de 1º do CPI Virxe da Cela nos contan un conto pero, un momento, ¿non eran os maiores os que contaban contos para que os nenos durmisen? aquí cambia a historia, os nenos contan contos ós maiores para que esperten. 

QUE É? O XOGO DAS DEFINICIÓNS

A radio chega a Monfero, á súa escola porque a radio non ten cancelas, non ten idades...só require da voz e da naturalidade da que estes meniños van cheos. Visión dos rapaces de primaria do CPI Virxe da Cela. Definicións puras e auténticas, a base de inxeniosas e inocentes respostas.

Que é a Operación Pokemon: 5º e 6º de Primaria: 



Que é un político? 1º e 2º de Primaria: 



Que é un rei? 1º e 2º de Primaria:
 

Que é unha mesa? 1º e 2º de Primaria:




Que é internet? 1º e 2º de Primaria:




Que é o que máis lle gusta aos rapaces de 1º e 2º do CPI Virxe da Cela? Contan neste audio como son, que lles gusta, que queren, ser...


2 de marzo de 2015

CALES SON OS TEUS VALORES: PASAPORTE SOLIDARIO NO CPI VIRXE DA CELA


O  pasado venres 20 de febreiro no CPI Virxe da Cela quedamos máis que encantados coa maxia e feitizo da radio.  En realidade os méritos quedan moi repartidos…

Por unha banda temos aos rapazas e rapaces de 4º de primaria, que amosaron un talento innato diante dos micrófonos, guiando o programa radiofónico de principio a fin sen cortes nin  repeticións e conversando con grande naturalidade co convidado principal. Tamén neste interesante convidado, de nome Cristóbal Rodríguez, de profesión “xornalista” e de vocación “voluntario”, recaen merecidos méritos, xa que explicou a finalidade deste documento que rexistra as nosas actividades solidarias (iniciativa que descubriu en Dinamarca fai uns anos) e contestou con moitísimo detalle a todas e cada unha das preguntas realizadas tanto polos presentadores como polo público asistente (alumnado e profesorado de educación primaria), e iso que algunhas delas tiñan o seu grado de complexidade… Parabéns por tanto, e en terceiro lugar, a estes nenos/as  que durante case unha hora estiveron atentos/as á realización deste programa radiofónico en directo e dinamizaron coas máis variadas preguntas o desenvolvemento do mesmo.


E finalmente temos que recoñecer a interesante labor que están levando a cabo no noso centro Lucía Abarrategui e Sergio Pascual a través do seu proxecto “Radio Itinerante Creativa”, visitando as nosas aulas dúas veces ao mes para impartir obradoiros a todo o alumnado do centro (desde infantil ata a ESO) e deste xeito fomentar as súas capacidades orais e comunicativas… E os resultados están máis que á vista, viaxando polo espazo en forma de onda sonora…

22 de abril de 2014

SOMOS PERIODISTAS: EMISIÓN RADIOFÓNICA VI RASTRO SOLIDARIO E OPERACIÓN QUILO 2014


http://www.diariodeferrol.com/articulo/ferrol/alumnos-cpi-virxe-da-cela-monfero-realizan-programa-radio-solidario/20140421002227082721.html
                                   www.diariodeferrol.com (Pica na imaxe para ver a noticia)


A celebración do VI Rastro Solidario e Operación Quilo 2014 supón un día moi especial para o CPI Virxe da Cela. O venres 11 de abril de 2014 o noso centro realizou unha xornada de portas abertas, e ademais dos nenos e nenas, profesores e profesoras, os corredores recibiron a visita de familias, que se achegaron á nosa escola para participar activamente nesta actividade. Coincidindo coa realización do obradoiro de radio “Laboratorio Radiofónico”, que se vén desenvolvendo todos os venres no noso centro desde o pasado mes de febreiro e dirixido ao alumnado de 5º e 6º de primaria e 4º da ESO, tivemos a idea de realizar unha gravación especial dedicada á VI Edición do Rastro Solidario e Operación Quilo 2014.
Os rapaces e rapazas de 5º e 6º de primaria, dentro das actuacións do proxecto "Sostenibilidade e paisaxe" entrevistaron a Belén e Yoli, dúas das nais que viviron de cerca esta experiencia: dedicaron parte do seu tempo axudando aos máis pequenos a elixir os obxectos e realizar o troco de alimentos, axenciáronse a cámara de fotos para documentar a actividade, e incluso unha delas aportou gran cantidade de bisutería realizada artesanalmente utilizando as cápsulas de nespresso e que tivo grande éxito de vendas… Aproveitando a visita de Mª José e Bea, da Fundación Ayuda en Acción, fixémoslles tamén unha entrevista para ver o seu punto de vista. Ambas agasallaron ao noso centro cun montón de críticas positivas, e sabemos que o convenio de colaboración coa Fundación Ayuda en Acción que firmamos o pasado mes de decembro de 2013 vai dar moitos froitos.

Tamén entrevistamos a Verónica, unha das profes coordinadoras de Monferosolidario, que resaltou a importancia desta actividade para sensibilizar a toda a comunidade educativa, e contamos tamén cos comentarios de varios alumnos e alumnas, que amosan grande entusiasmo e satisfacción ao sentirse partícipes dunha acción que vai axudar ás persoas máis necesitadas.





5 de marzo de 2014

Radio na aula: "Radio Itinerante Creativa"

                                             www.radioitinerantecreativa.blogspot.com.es/


O noso taller de radio esta sendo unha experiencia estupenda. Agradecemos a Radio Itinerante Creativa
(Sergio Pascual e Lucia Abarrategui) o seu traballo e bo facer. 

Un bico de todos.

Picade na imaxe e escoitade a evolución desta experiencia.