Amosando publicacións coa etiqueta Coñecemos o mundo natural.. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Coñecemos o mundo natural.. Amosar todas as publicacións

21 de maio de 2016

Galicia, Literatura e Auga

Para a celebración das letras galegas fixemos un traballo que unifica paisaxe e literatura. Aproveitamos a convocatoria do concurso de "La Voz de Galicia" para sacar as cámaras na nosa contorna buscando algún motivo no que a auga fora a protagonista, ao mesmo tempo o alumnado tiña que poder relacionar a imaxe con algunha obra de relevancia da literatura galega. Este é o resultado dalgúns dos traballos presentados:





2 de abril de 2016

VISITA AO MUÍÑO DE CALAZA


O 26 de febreiro de 2015 fomos coñecer un muíño que está perto do colexio e que foi restaurado recentemente polos seus donos: o muíño de Calaza. Xuntámonos no cruce do Xestal con Constantino, un veciño, e con Magdalena, nai de Laura de sexto de primaria. 

  Sen saír do punto de encontro, Constantino contounos cómo cambiou o Xestal. Antes era unha aldea na que se podía vivir sen saír dela en todo o ano. A agricultura e a gandeiría proporcionaban unha economía de subsistencia para todas as familias, e non faltaban artesáns que producían o necesario para os seus veciños: costureiras, zoqueiros, ferradores, cesteiros, había médico, veterinario…, áta había un salón no que se reunía a xuventude os fins de semana para botar uns bailes. Pouco a pouco, como en toda Galicia, a xuventude foi marchando en busca dun futuro mellor, ou iso pensaban, quedando moitas casas baleiras. Na súa cara poidemos observar como botaba en falta a vida que nun tempo rebulía na zona. 

    De camiño ó muíño, descubrimos o mal adaptados que estamos xa ó noso entorno e comprendimos a Constantino cando nos falaba dos traballos que pasaban de pequenos acompañando o gando ó monte…, nos xa non sabíamos andar polo medio dos toxos. No medio do camiño descubrimos unhas colmeas que Constantino foi visitar. Algúns dos rapaces intentaron seguilo e aprendemos que as abellas non deben ser molestadas, algo que por experiencia sabían os nosos acompañantes maiores por estar máis en contacto coa natureza.      Unha vez rematadas as explicacións do funcionamento e postos os nomes a cada peza do muíño, dispuxémonos a saír, non sen antes pedirlles ós nosos guías unha foto para a posterioridade, ó tempo que agradecíamos as súas explicacións. Unha sorpresa nos agardaba aínda. Agochado detrás da porta atópase o burro, unha especie de guindastre que servía para que unha soa persoa poidera quitar as moas do muíño e arranxalas para que moeran mellor. Foi difícil marchar de alí. Os nosos guías eran un pozo sin fondo de sabiduría e xenerosidade. O estar con eles comprobamos o dito africano: Fai falta un pobo para educar a un neno. Adeus, Manuel. 
Recollemos a túa invitación a disfrutar noutro momento do teu muiño. Moitas grazas pola túa acollida e sinxeleza. E moitas grazas tamén por restaurar e poñer a disposición de todo aquel que queira a túa propiedade. 


     Chegados ó muíño fomos recibidos por Manuel de Calaza e o seu fillo Germán… E xa empezaron as sorpresas. Esa ponte sobre a que estamos colocados, está formada sobre unha única pedra de pizarra que Manuel axudou a levar no seu momento. Con atención seguimos as explicacións de Manuel, que nos explicou o que era a maquía, unha forma de pago ó muiñeiro que consistía en dar parte da fariña que se sacaba do gran. Tamén nos demos conta do valor da “palabra”. Os clientes deixaban o saco á porta do muíño aínda que non estivera o muiñeiro e recollía a fariña ó día seguinte, tamén sen necesidade de que estivera o muiñeiro. Manuel explícanos como decidiu arranxar o muíño, poñelo de novo en pé despois de que o tempo sen uso o deixara sen teito, sen portas… Na súa cara pódese observar a ilusión de compartir cos veciños a súa propiedade, e non só cos veciños, senón con calquera que queira pasar un día de lecer baixo cuberta e rodeado de natureza. Por fin chegou o momento de ver se a restauración chegaba tamén ó mecanismo do muíño. Vimos como a forza motriz da auga, cun respecto absoluto pola natureza, era capaz de triturar o gran. Nese momento fomos conscientes de como debía ulir aquel lugar nos seus mellores momentos, xa que un lene olor era despedido polas moas ou pedras do muíño. 



1 de xuño de 2015

Actuación artística: "A árbore das cores"

Intervención imaxinativa  que pretende ser quen de reforzar a singularidade do patio escolar que conta cun importante abano de especies arbóreas.

A intervención consistiu en decorar CDs de desfeito e con eles resaltar as arbores coas que contamos, empregándoas como espazo expositivo. 

Foron decorados polo alumnado de 6º de Ed. Primaria e polo alumnado de ESO.


Gústavos?







9 de abril de 2014

Distrito forestal de Ferrol: obradoiro de concienciación medioambiental


Estupendo obradoiro ambiental realizado polo persoal do Distrito Forestal de Ferrol (Cristina e Luís) grazas ao cal apreciamos e valoramos a grandeza e a importancia das árbores e da auga.

Ademais, nós te propoñemos que deixes no muro a túa opinión, inquedanzas ou sentimentos sobre as árbores e o consumo responsable da auga. É moi sinxelo, basta con picar dúas veces no mesmo.

7 de abril de 2014

Exposición “ O noso mundo, o noso futuro, a nosa opción”


A exposición “ O noso mundo, o noso futuro, a nosa opción” que o Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia (CEIDA)trasladou ao noso centro os problemas medioambientais máis importantes do noso planeta.

21 de outubro de 2013

5 de xuño de 2013

Mosteiro de Monfero: unha visita imprescindible.


Pensemos nun lugar de gran beleza, onde a natureza e o home están en total  sintonía, pois seguramente alí poderiamos atopar un mosteiro . Iso é o que acontece en Monfero, que conta cunha das xoias patrimoniais da nosa Comunidade: o “Mosteiro de Monfero”.


Coñecelo e o primeiro paso para valóralo, ao tempo que valoramos a nosa identidade cultural.

Este é o principal obxectivo desta saída. O alumnado de 2º e 3º ciclo de educación primaria gozaron del e da súa fermosa e triste historia (dado que na actualidade ten perdido moito do seu esplendor) grazas a visita guiada organizada en colaboración co Concello (o cal, agradecemos a súa colaboración).

Con ela puidemos trasladarnos 500 anos atrás e imaxinarnos unha vida sen comodidades, de moito traballo e esforzo colectivo. Igualmente comprendemos que a nosa paisaxe non é algo inalterable, que cambia co transcorrer dos anos influenciada polos usos e costumes dos homes e mulleres que nela conviven e que resulta imprescindible tomar conciencia do uso que dela facemos.


Si queredes podedes visualizar este vídeo de GALICIAMAXICA.EU e recordar esta estupenda visita.
 

O Magosto: tempo de castañas, tempo de festa: tempo de natureza.



2 de xuño de 2013

Eco- clases

Actividade colaborativa na que quixemos desenvolver  actitudes e hábitos de consumo responsable e de respecto cara os recursos do medio e desenvolver un espírito crítico e a conciencia cidadá solidaria. 

Participarón aulas do 2º e 3º ciclo de Ed. Primaria, establecendo eco- clases, entendidas como un espazo de consumo responsable, onde os materiais educativos son reutilizados e aproveitados na súa totalidade (cadernos, material funxible, curricular…) con lugar para a selección e recollida de materiais de desfeito (cartón, plástico, material orgánico, envases, pilas e tinta de impresoras, CD, así como a recollida de tapóns de plástico e de roupa para fines sociais). Igualmente organizouse unha feira do libro.

A decoración da aula reflexa estas actuación, cun decálogo de actitudes que acompañado da mascota creada para representar a actividade e que xa se pode observar na porta de entrada.



As fragas do eume: un ecosistema singular

Unidade didáctica para o 2º e 3º ciclo de Ed. Primaria sobre "os seres vivos, punto de comezo dun proxecto interdisciplinar desenvolto ao longo do curso centrado nas singularidades patrimoniais da nosa comarca e realizada a partir da formación específica para o profesorado do proxecto ABALAR.


A horta máxica

A historia que a continuación presentamos  representa perfectamente a importancia da paisaxe na vida cotiá do alumnado. No momento de crear unha historia, a paisaxe que nela mostran, esta intimamente relacionada co medio no que nos desenvolvemos e as relacións amosadas teñen valores propios do mesmo.
A narración dos feitos foi realizada por Laura Vila Picallo e as ilustracións por Aldara Pita Pico.
Ambas representan o espírito de superación e de colaboración, a capacidade de aprender a aprender e a autonomía e iniciativa persoal que impregnan todas as nosas actuacións.


A gastronomía, parte da cultura dos pobos

A gastronomía forma parte do patrimonio cultural  “in”tanxible dos pobos. Non só cobre unha necesidade biolóxica, senón que tamén representa a paisaxe como recurso.
Igualmente, configúrase como elemento diferenciador dun estilo de vida que perdura de xeración en xeración sen necesidade de transcribirse.

Cociña diaria e cociña festiva, que une xentes, palabras e feitos e que desde a clase de 5º curso de Primaria queremos homenaxear coas receitas que as  nosas familias foron atesourando en lumes e fogóns.


Anosagastronomía from Camino

Traballo da aula de 5º curso de Ed. Primaria do CPI Virxe da Cela sobre a gastronomía da nosa Comarca elaborado coa colaboración das familias.

19 de maio de 2013

LUME NAS FRAGAS



O ano pasado arderon as Fragas do Eume. Xa fai un ano que pasou e non podemos deixar de recordalo neste blog no que a paisaxe é o centro de todo. No mes de abril do pasado curso fixemos unha actividade para reflexionar sobre este grave problema que sufre Galicia. a actividade titulábase: NON QUEIMES O TEU FUTURO.


Así se plantexou dita actividade:


Os seguintes fragmentos son frases que se puideron escoitar nas conversas das xentes os días pasados cando arderon as Fragas do Eume.
 Escolle dúas ben por ser opostas ou por complementariedade. Logo debuxa unha viñeta na que aparezan dúas personaxes cas frases escollidas. Se queres expoñer outras opinións que non estean aquí, podes engadir frases.
 Por último xuntaremos todas as viñetas feitas por cada un e expoñerémolas co obxecto de  facer unha reflexión sobre o problema dos incendios.
  • Con este tempo está todo moi seco e arde como a pólvora
  • Cada ano chove menos e con isto do lume aínda será peor.
  • Un rompe o lombo para ter limpo o seu e resulta que non vale para nada.
  • Se prohibisen mercar madeira queimada xa verías como se acababa co lume.
  • Tiña que haber mais medios para loitar contra o lume.
  • Cada un deberiamos de limpar o noso.
  • Isto é unha ruína para a caza..
  • Calquera descoido, dunha cabicha, botellas ou fogueira mal apagada pode ser nefasta.
  • Se estivese todo limpo non ardería.
  • O lume póñeno os cazadores.
  • Se chovese non habería tanto lume.
  • O lume póñeno os da madeira para mercala regalada.
  • Andalucía é máis seca ca nós e non arde tanto.
  • O lume só non se estende tanto, isto é cousa dun pirómano.
  • As terras están abandonadas por non poder vivir delas.
  • Tiña que haber máis axudas para coidar o monte.

A continuación podedes ver algunhas de aquelas viñetas: 















Tamén na revista do noso centro (Xesteira) se publicou esta crónica:


No periódico "La Voz de Galicia" publicáronse algunhas viñetas que nos serviron de exemplo: 










21 de marzo de 2013

As nosas plantas medicinais

                                 Material autoeditado

A riqueza natural da nosa paisaxe é impresionante.
As Fragas do Eume son un ecosistema único que impregnan orixinalidade e beleza a toda a nosa comarca.

A súa gran biodiversidade manifestase particularmente no que respecta á flora. 
E precisamente dela nos ímos a ocupar nesta actividade.
Si viaxaramos no tempo comprobariamos como as plantas son parte fundamental da evolución humana. Ademais de ser sustento alimentario, cos coñecementos tradicionais fóronse convertendo en recursos curadores que co saber das xeracións e coa verificación científica hoxe en día son a base dos medicamentos modernos.
É e aquí onde comeza a nosa proposta, indagar sobre as plantas medicinais que forman parte da nosa contorna e que foron utilizadas para curar diferentes doenzas antes de estenderse o uso de fármacos. Igualmente non esqueceremos o seu uso culinario.
Pica na imaxe e goza da ledicia de aprender.

6 de marzo de 2013

Fragas do Eume, Fauna



 Natureza, cultura e vida entrelázanse nas nosas fragas. Coñece a  súa fauna identificando as especies máis características.

17 de febreiro de 2013

Os ecosistemas



Con esta webquest aprenderemos que é un ecosistema, as súas características xerais e as relacións que nel se establecen. Ademais coñeceremos os ecosistemas terrestres e acuáticos mais importantes.

Pica na imaxe e preparate para investigar.