Amosando publicacións coa etiqueta Congresos. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Congresos. Amosar todas as publicacións

16 de xullo de 2017

CONGRESO O FUTURO DA EDUCACIÓN

O día 3 de xullo de 2017 estaremos (Virxe DA Cela Monfero) na CNTG, no Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia, en Santiago, no Congreso O Futuro da Educación.
Amosaremos as iniciativas do centro neste curso escolar:"Mediando con TIC para un proxecto educativo acorde coas necesidades contextuais e sociais"

Conferencias e obradoiros.con Manuel Díaz Regueiro, Xacobo de Toro e Inés Ben.


3 de abril de 2016

I XORNADAS DE CONVIVENCIA ESCOLA-UNIVERSIDADE










Esta semana finalizaron en Monfero as “I Xornadas de Convivencia Escola-Universidade”, organizadas polo CPI Plurilingüe Virxe da Cela de Monfero e a Facultade de Ciencias da Educación da Universidade da Coruña. Foi un espazo de encontro entre a comunidade educativa do CPI e os estudantes do primeiro curso do Grao en Educación Primaria da UDC, dirixido a promover o coñecemento mutuo e a fomentar o traballo colaborativo entre ambos os colectivos.

As xornadas desenvólvense ao longo de dous días (10 de novembro e 7 de decembro de 2015), nos que os estudantes universitarios desprazáronse ata Monfero para coñecer de primeira man os distintos proxectos educativos que se están levando a cabo desde o CPI Virxe da Cela.

Desta forma, en palabras de Helena Zapico, profesora do Departamento de Pedagoxía e Didáctica da Universidade da Coruña e unha das promotoras da iniciativa, “as futuras mestras e mestres, que veñen de iniciar a súa andaina formativa na UDC, interactuando coas cativas e cativos de Primaria, así como co profesorado do centro, participando directamente en distintos proxectos, tales como os obradoiros de Radio itinerante Creativa ou de Programación e pensamento computacional ".

 Trátase de dúas das propostas pedagóxicas desenvolvidas durante este curso no CPI e que, segundo a directora do centro, Mª del Camiño Pereiro, permiten configurar a escola como unha comunidade de aprendizaxe, máxime cando nos atopamos nun ámbito rural, que necesita do coñecemento e a valoración da formación como vía de desenvolvemento persoal e social.”

Na primeira xornada, ademais de participar nos obradoiros e de crear micro-relatos de sensibilización ambiental para logo compartilos a través da radio, o alumnado universitario involucrouse, entre outras actividades, no desenvolvemento dunha mesa redonda sobre o tema “Educar en comunidade: máis aló do ámbito curricular", onde descubriron da man do profesorado e dos alumnos e alumnas do CPI novas formas de ensinar e aprender.

Os rapaces de 3º e 4º de primaria da Radio do CPI Virxe da Cela, reciben neste primeiro encontro Escola-Universidade a mestres en potencia; todos facendo radio en prol do medio ambiente. No espazo, tivemos a oportunidad de falar ca Directora do Estudos do Territorio, Inés Santé, que nos falou sobre o Premio a Paisaxe e Sustentabilidade que acadou o CPI Virxe da Cela



Ditas actuacións, reforzáronse co desenvolvemento da segunda xornada, onde o eixo central xiro ao redor de "A educación como aposta de futuro"; reflexión compartida onde alumnado, familias (representadas pola ANPA), profesorado e futuros docentes debateron sobre o modelo educativo actual e sobre os retos de futuro que debe afrontar.

 Dentro desta liña, destacaremos as entrevistas realizadas no marco da xornadas ao docente Carlos García Pérez e a Inés Santé Riveira, directora do Instituto de Estudos do Territorio. Como vemos, o desenvolvemento destas xornadas é un paso máis no camiño da colaboración que iniciaron entre ambas institucións, pois como conta Helena Zapico, “a través de Nova Escola Galega e especialmente do seu grupo Cavila, fomos coñecendo algúns dous magníficos proxectos de innovación educativa que se ían desenvolvendo no Virxe da Cela, coma por exemplo ou Monfero solidario, Sustentabilidade e Paisaxe, E-Dixgal…



Foi así como comezamos a analizar estas iniciativas nas nosas aulas e mesmo o ano pasado convidamos ao cole a participar nunhas xornadas de Prácticum celebradas na nosa facultade, nas que o propio alumnado explicaba aos nosos estudantes de último ano de carreira como estaban a traballar no colexio e como crían que debía ser un bo docente. Pouco a pouco, vaise consolidando este contacto co CPI, ata que neste curso decidimos dar un paso máis, e velaquí estamos!”. Unha forma máis de dar a coñecer propostas educativas valiosas e de mellorar ademais a formación dos futuros profesionais da educación.




Prensa: 
LA VOZ DE GALICIA

 Estudiantes de la UDC trabajan con los alumnos del colegio de Monfero



I CONGRESO ESCOLAR “Rede Natura 2000. Escolas en Acción”






PROXECTO “GÚSTAME DE ONDE SON”. ESCOLAS EN ACCIÓN (REDE NATURA)

 Con este proxecto pretendese acadar a implicación do alumnado, do profesorado e do conxunto da comunidade educativa no deseño e desenvolvemento dunha serie de actuacións, que supoñan a posta en valor do patrimonio natural imprescindible para o desenvolvemento, tanto social, económico como cultural da contorna. Centrase este proxecto nas Fragas do Eume, que presenta unhas características singulares que forman parte da identidade cultural de tódolos veciños. 

Realizaranse actividades nas aulas que permitan identificar as peculiaridades deste espazo e outras para desenvolver no entorno familiar que permita identificar a riqueza natural, patrimonial, económica, … deste espazo natural. 
Tamén se estudan as problemáticas ambientais deste espazo e a súa repercusión no medio. 

Yolanda Castro, a nosa estupenda profe e magnifica cineasta.

Dito proxecto presentouse no Paraninfo da Coruña no I Congreso Escolar "Rede Natura 2000. Escolas en Acción", organizado pola Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia, co apoio técnico do CEIDA. A celebración deste Congreso deu a oportunidade de visibilizar os proxectos desenvolvidos durante o Curso 2014/2015 sobre a Rede Natura 2000 polos centros educativos de Galicia participantes.