Amosando publicacións coa etiqueta Sogama b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Sogama b>. Amosar todas as publicacións
28 de xuño de 2017
Xogos reciclados e obradoiro. Garabatos de Xogo
O pasado venres 16 de xuño tivemos a visita de Garabatos de Xogo, unha empresa familiar que asistiu ó CPI Plurilingüe Virxe da Cela cun obradoiro chamado Garabatos Xogando. Dito obradoiro consistía nunha xincana de xogos para experimentar, feitos con materiais reciclados, maioritariamente metais e aluminios.
Nun primeiro lugar, deixouse liberdade os rapaces e rapazas de educación infantil para explorar pola súa conta e posteriormente, dividiuse á etapa en pequenos grupos nos que se foron explicando o funcionamento dos xogos.
27 de xuño de 2017
XOGO DE MULTIPLICAR E DIVIDIR (MATERIAIS RECICLADOS)
A
profesora Carmen Espiñeira cos seus alumnos de 3º de EP construíron un xogo par afianzar os coñecementos de tabla de multiplicar de maneira lúdica e de xeito grupal:
25 de xuño de 2017
Compostaxe doméstica no colexio
Alá polo mes de xaneiro puxemos en funcionamento a instalación
e uso da composteira que nos facilitou Sogama. Co alumnado de 4º
de ESO a montamos e a instalamos no patio exterior preto da porta da cociña.
Seguindo as instrucións dadas por Sogama puxémola directamente en contacto
ca terra e o primeiro que depositamos foron unha polas que recolleron os nenos do patio, para que
permita o acceso de aire e evitar que calle.
Dende a Xefatura de Estudos
organizáronse quendas para baleirar os cubos dos puntos de recollida. Ditos
puntos foron dous: un no patio cuberto e o outro no comedor. O do patio, co fin
de recoller os restos de froita que se consume no tempo de lecer. O do comedor
para que o alumnado de secundaria bote alí os restos dos pratos que sexan
susceptibles de ir ao compost.
Para que o alumnado soubese distinguir
que cousas poden ir ao compost e cales non, fixemos un cartel xigante que
situamos no patio cuberto, na parede que da acceso ao comedor, e tamén situamos
debaixo del o cubo de recollida.
O cartel fixémolo colectivamente co
alumnado de Educación plástica de distintos cursos xa que o foron facendo no
tempo libre.
COLLAGE COLECTIVO DOS TRES RRR
O alumnado
de 1º de ESO traballou neste último trimestre nun collage colectivo sobre a
importancia dos tres R: Reduce, Reutiliza e Recicla. Dentro da materia de
Educación Plástica, Visual e Audiovisual, temos unha unidade didáctica sobre as
texturas e decidimos traballala a través dunha obra colectiva. Para a mesma
reutilizamos un taboeiro que tiña un póster xa en desuso e os rapaces e rapazas
aportaron distintos materiais de refugallo, sobre todo envases e algún residuo
tecnolóxico.
O
tema escollido foi unha cidade fea e escura feita con estes materiais e en
contraposición fixemos un cartel con tres fotos da paisaxe galega nos que
sobreimprimimos as palabras: REDUCE, REUTILIZA e RECICLA, de cor branco, para
remarcar o contraste entre o que queremos e o que non queremos para o noso
futuro.
Esta
obra situámola no corredor principal de Secundaria, xusto en fronte da Illa de
Reciclaxe, ca intención de que permaneza alí por moitos anos…
24 de xuño de 2017
Reutilización do papel nas aulas
Estas caixiñas están por o noso centro en todas as aulas e espazos: biblioteca, entradas, sala do profesorado...
Non todas son iguais, as das aulas están "personalizadas", pero o máis importante é utlizalas e darlle ao papel un bo uso cunha segunda e ata terceira vida.
23 de xuño de 2017
“Un partido polo planeta”
Dentro do programa Reciclando con Sogama estivemos recibindo moitísimas actividades ao longo do curso unha delas foi o xogo: "Un partido polo planeta".
Esta noticia quedounos pendente por publicar dende o mes de xaneiro, pero non por iso imos deixar de facelo:
Os nenos de 4º de EP nos contaban alá polo 20 de xaneiro: O
outro día estivemos na aula xogando a “Un partido polo planeta”. Con este xogo
puidemos demostrar todo o que aprendemos cos monitores que viñeron de Sogama a
ensinarnos a reciclar, ademais de divertirnos con todas as probas que nos
plantearon: fixemos dramatizacións, adiviñas e incluso tivemos que bailar unha muiñeira…
Pasámolo fenomenal!!!
18 de xuño de 2017
Separación selectiva de lixo
Os nenos de infantil acabaron este curso dominando a separación selectiva de lixo
Este
ano dende o Proxecto “Reciclando no planeta Xestal” quixemos acadar o obxectivo
de que en todas as aulas e espazos do centro se fixera a separación selectiva
do lixo. Así se puxeron distintos contedores en todas as aulas. Cada curso ca
súa titora ou titor buscou o xeito de solucionalo fomentando a reutilización e
o traballo persoal do alumnado así veredes que nalgunhas aulas se colleron
caixas de cartón e noutras as papeleiras que xa se tiñan, pero engadindo dúas
máis.
O
obxectivo era ter contedores para:
- papel e cartón (azul)
-
envases (amarelo)
-
residuos non reciclables (verde)
Cada aula resolveu de xeito diferente a recollida selectiva
A
separación a continuamos ca composteira, situando nun espazo común dous cubos
destinados á mesma, e tamén ca recollida de pilas e tóner e cartuchos de tinta
na Illa de reciclaxe.
Estas papeleiras das aulas vacíanse nos contedores da illa de reciclaxe.
Recollida de tapóns solidarios
12 de marzo de 2017
ILLA DE RECICLAXE EN FUNCIONAMENTO
A nosa illa de reciclaxe xa está funcionando e xa a enchemos varias veces...
Temos organizado que o alumnado de EI e EP pode vir baleirar os seus puntos de recollida das aulas á illa, tamén se é moi abundante poden ir directamente aos contedores grandes do exterior.
Unha vez á semana, os venres na hora de ler, o alumnado de secundaria baixa o recollido nas súas aulas e sae segundo as quendas organizadas pola Xefatura de Estudos, para baleirar os nosos contedores nos da rúa.
Así se fixo este pasado venres polo alumnado de 2º de ESO:
Temos organizado que o alumnado de EI e EP pode vir baleirar os seus puntos de recollida das aulas á illa, tamén se é moi abundante poden ir directamente aos contedores grandes do exterior.
Unha vez á semana, os venres na hora de ler, o alumnado de secundaria baixa o recollido nas súas aulas e sae segundo as quendas organizadas pola Xefatura de Estudos, para baleirar os nosos contedores nos da rúa.
Así se fixo este pasado venres polo alumnado de 2º de ESO:
ILLA DE RECICLAXE
Xa temos funcionando un punto de recollida de lixo e refugallos non noso cole. Temos os tres contenedores amarelo, verde e azul, pero tamén continuamos recollendo os tapóns, as pilas e os cartuchos de tinta ou tóner.
Atópase no corredor da planta baixa do edificio novo. Temos organizados unhas quendas para baleirar os nosos contedores nos exteriores, así como para que o alumnado baixe das aulas o papel e outros refugallos reciclables.
Atópase no corredor da planta baixa do edificio novo. Temos organizados unhas quendas para baleirar os nosos contedores nos exteriores, así como para que o alumnado baixe das aulas o papel e outros refugallos reciclables.
Organización no interior da Illa de Reciclaxe
Organización das quendas de baleirado
Sogama proporcionounos unha presentación na que podemos ver como utilizalos e porque e tan necesaria a reciclaxe:
19 de febreiro de 2017
Visita a Sogama
O noso centro é un dos 19 colexios de toda Galicia que participa no
programa
“Recíclate
con Sogama”, canalizado a través
do Plan Proxecta da Xunta.
•O principal obxectivo desta iniciativa
é instaurar a recollida selectiva nos centros
participantes e contribuír a que nos mesmos se leve a cabo unha xestión máis sostible
dos residuos.
•A través do seu proxecto “Reciclar no Planeta Xestal”, os pequenos de Monfero están a levar a cabo múltiples actividades a
través das cales pretenden poñer en práctica
o principio dos tres erres
(reducir, reutilizar
e reciclar).
•A visita a Sogama permitiuelles cambiar a súa visión dos residuos ao concibilos agora
como
recursos
de utilidade.
A través
da iniciativa promovida e coordinada por Sogama, preténdese instaurar a recollida
selectiva no propio centro, informando
e formando aos pequenos sobre
como participar activamente
no sistema, que tipo de refugallos deben depositarse
en
cada contedor e que beneficios ambientais se conseguen cun xesto tan sinxelo como é a separación
de materiais.
Para
isto, a compañía
dotou ao colexio cunha illa de reciclaxe, conformada
por tres contedores (amarelo,
azul
e
verde), así
como cun
composteiro no que se depositarán os restos orgánicos procedentes do comedor escolar a fin de obter compost que logo utilizarán
como elemento fertilizante
para o xardín.
Os tres erres (reducir, reutilizar e
reciclar) sustentan así o proxecto que, baixo o título “Reciclar
no Planeta Xestal”, vén guiando as actuacións do noso centro co fin de
xestionar
os residuos dunha forma sostible
e respectuosa co medio ambiente.
DA TEORÍA
Á PRÁCTICA
Saber
e comprobar que sucede co lixo cando traspasa as paredes do centro
constituía agora a súa gran inquietude, de aí que Sogama lles trasladase invitación para visitar o seu complexo medioambiental de
Cerceda. E así foi. O martes14de febreiro, preto de 50 alumnos poñían rumbo á sede desta empresa pública para coñecer o seu funcionamento e descubrir por
si mesmos o tratamento que recibe o
lixo
procedente do seu colexio e das
súas casas.
E aquí foron recibidos por
educadores medioambientais, quen, en primeira
instancia, deron
unhas
nocións básicas
sobre a problemática que a día de
hoxe representa
a inxente cantidade de lixo producido e
fórmulas para contribuír a
reducilo e a xestionalo dunha forma
correcta.
Acompañados polos monitores e
polos seus profesores, realizaron un percorrido guiado polas distintas plantas que conforman o complexo industrial. Así, puideron
ver
a de clasificación, onde
se reciben os materiais recollidos a través dos contedores amarelos,
sendo separados por tipoloxías para envialos aos centros recicladores, e logo adentráronse na
nave
de reciclaxe, tratamento e
elaboración de combustible,
na que se procesa o lixo depositado polos cidadáns no contedor
convencional,
separando a
parte
susceptible de ser
reciclada, e convertendo
o resto
nun combustible derivado
de residuos (CDR) que se valoriza enerxeticamente nunha planta termoeléctrica para
producir electricidade.
De regreso ao edificio de oficinas, abriuse un coloquio no que
os pequenos tiveron ocasión de preguntar
dúbidas, trasladar observacións e comentar a súa experiencia; unha experiencia que, sen dúbida, contribuirá a que a súa visión dos residuos cambie notablemente, concibíndoos agora como recursos
de valor.
Subscribirse a:
Comentarios (Atom)





























