Amosando publicacións coa etiqueta RRR b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta RRR b>. Amosar todas as publicacións
28 de xuño de 2017
Xogos reciclados e obradoiro. Garabatos de Xogo
O pasado venres 16 de xuño tivemos a visita de Garabatos de Xogo, unha empresa familiar que asistiu ó CPI Plurilingüe Virxe da Cela cun obradoiro chamado Garabatos Xogando. Dito obradoiro consistía nunha xincana de xogos para experimentar, feitos con materiais reciclados, maioritariamente metais e aluminios.
Nun primeiro lugar, deixouse liberdade os rapaces e rapazas de educación infantil para explorar pola súa conta e posteriormente, dividiuse á etapa en pequenos grupos nos que se foron explicando o funcionamento dos xogos.
27 de xuño de 2017
XOGO DE MULTIPLICAR E DIVIDIR (MATERIAIS RECICLADOS)
A
profesora Carmen Espiñeira cos seus alumnos de 3º de EP construíron un xogo par afianzar os coñecementos de tabla de multiplicar de maneira lúdica e de xeito grupal:
25 de xuño de 2017
Compostaxe doméstica no colexio
Alá polo mes de xaneiro puxemos en funcionamento a instalación
e uso da composteira que nos facilitou Sogama. Co alumnado de 4º
de ESO a montamos e a instalamos no patio exterior preto da porta da cociña.
Seguindo as instrucións dadas por Sogama puxémola directamente en contacto
ca terra e o primeiro que depositamos foron unha polas que recolleron os nenos do patio, para que
permita o acceso de aire e evitar que calle.
Dende a Xefatura de Estudos
organizáronse quendas para baleirar os cubos dos puntos de recollida. Ditos
puntos foron dous: un no patio cuberto e o outro no comedor. O do patio, co fin
de recoller os restos de froita que se consume no tempo de lecer. O do comedor
para que o alumnado de secundaria bote alí os restos dos pratos que sexan
susceptibles de ir ao compost.
Para que o alumnado soubese distinguir
que cousas poden ir ao compost e cales non, fixemos un cartel xigante que
situamos no patio cuberto, na parede que da acceso ao comedor, e tamén situamos
debaixo del o cubo de recollida.
O cartel fixémolo colectivamente co
alumnado de Educación plástica de distintos cursos xa que o foron facendo no
tempo libre.
COLLAGE COLECTIVO DOS TRES RRR
O alumnado
de 1º de ESO traballou neste último trimestre nun collage colectivo sobre a
importancia dos tres R: Reduce, Reutiliza e Recicla. Dentro da materia de
Educación Plástica, Visual e Audiovisual, temos unha unidade didáctica sobre as
texturas e decidimos traballala a través dunha obra colectiva. Para a mesma
reutilizamos un taboeiro que tiña un póster xa en desuso e os rapaces e rapazas
aportaron distintos materiais de refugallo, sobre todo envases e algún residuo
tecnolóxico.
O
tema escollido foi unha cidade fea e escura feita con estes materiais e en
contraposición fixemos un cartel con tres fotos da paisaxe galega nos que
sobreimprimimos as palabras: REDUCE, REUTILIZA e RECICLA, de cor branco, para
remarcar o contraste entre o que queremos e o que non queremos para o noso
futuro.
Esta
obra situámola no corredor principal de Secundaria, xusto en fronte da Illa de
Reciclaxe, ca intención de que permaneza alí por moitos anos…
24 de xuño de 2017
Reutilización do papel nas aulas
Estas caixiñas están por o noso centro en todas as aulas e espazos: biblioteca, entradas, sala do profesorado...
Non todas son iguais, as das aulas están "personalizadas", pero o máis importante é utlizalas e darlle ao papel un bo uso cunha segunda e ata terceira vida.
23 de xuño de 2017
“Un partido polo planeta”
Dentro do programa Reciclando con Sogama estivemos recibindo moitísimas actividades ao longo do curso unha delas foi o xogo: "Un partido polo planeta".
Esta noticia quedounos pendente por publicar dende o mes de xaneiro, pero non por iso imos deixar de facelo:
Os nenos de 4º de EP nos contaban alá polo 20 de xaneiro: O
outro día estivemos na aula xogando a “Un partido polo planeta”. Con este xogo
puidemos demostrar todo o que aprendemos cos monitores que viñeron de Sogama a
ensinarnos a reciclar, ademais de divertirnos con todas as probas que nos
plantearon: fixemos dramatizacións, adiviñas e incluso tivemos que bailar unha muiñeira…
Pasámolo fenomenal!!!
18 de xuño de 2017
Separación selectiva de lixo
Os nenos de infantil acabaron este curso dominando a separación selectiva de lixo
Este
ano dende o Proxecto “Reciclando no planeta Xestal” quixemos acadar o obxectivo
de que en todas as aulas e espazos do centro se fixera a separación selectiva
do lixo. Así se puxeron distintos contedores en todas as aulas. Cada curso ca
súa titora ou titor buscou o xeito de solucionalo fomentando a reutilización e
o traballo persoal do alumnado así veredes que nalgunhas aulas se colleron
caixas de cartón e noutras as papeleiras que xa se tiñan, pero engadindo dúas
máis.
O
obxectivo era ter contedores para:
- papel e cartón (azul)
-
envases (amarelo)
-
residuos non reciclables (verde)
Cada aula resolveu de xeito diferente a recollida selectiva
A
separación a continuamos ca composteira, situando nun espazo común dous cubos
destinados á mesma, e tamén ca recollida de pilas e tóner e cartuchos de tinta
na Illa de reciclaxe.
Estas papeleiras das aulas vacíanse nos contedores da illa de reciclaxe.
Subscribirse a:
Comentarios (Atom)











