17 de febreiro de 2013

As Fragas do Eume


"Cando Deus creou os ríos, mandou nacer tres xuntos na Serra do Xistral.
Aínda que as fontes manan do mesmo lugar, foron abocados cara a distintas
ladeiras e recibiron a promesa de que cada ano tería un home aquel que
primeiro chegase ó mar. Deulles categorías divinas e chamoulles, con
resonancias gregas, Eume ó da rampla de poñente, que debía fertiliza-la terra
das Pontes; Landro ó da vertente norte, que tería que fecunda-las carballeiras
e facerlles producir landras; e Masma ó da faldra de raiante, que crearía coa
súa chegada ó mar as marismas. Xusto despois de naceren, acordaron
descansar un pouco no camiño, pacto que só cumpriu o Eume. Ó decatarse
da traizón dos compañeiros, enfurecido, acelerou a súa marcha pola Capela
e Caaveiro, e logrou chegar primeiro. 
Por iso tódolos anos afoga unha persoa
nas súas augas".

Lenda recollida por José Varela.

O río Eume continuou mantendo a súa forza, desenvolvéndose ao seu paso un ecosistema único que impregna orixinalidade e beleza a toda a comarca.

Esta problemática ímola establecer como punto de partida do proxecto “ A nosa vida: a nosa paisaxe”, que sen querer pecar de ambiciosa, quere configurarse como elemento de apropiación identitaria das novas xeración cara á riqueza cultural e natural do noso contorno.

Polo tanto, a primeira proposta consensuada consistirá en realizar unha catalogación dos bens naturais e culturais máis significativos das Fragas do Eume e da súa contorna. 

Para elo establecemos elaborar un mapa colaborativo (Google Maps) entre o alumnado e o profesorado.

Aquí esta o seu punto de partida e as instrucións para a súa configuración.



Ver A miña

Título:  A miña paisaxe: a miña vida

Presentación:

Partimos da necesidade de coñecer o medio que nos rodea como primeiro paso para comprendelo e valoralo, ao tempo que identificamos e valoramos a nosa identidade cultural a través das manifestacións culturais que supoñen un nexo de unión significativo co patrimonio natural.

Nivel educativo:  EDUCACIÓN PRIMARIA E SECUNDARIA


Tarefa:
Localizar os elementos do patrimonio natural e cultural da nosa contorna nun mapa utilizando Google Maps e dialogar sobre a súa importancia na configuración social e cultural da nosa comarca.

Obxectivos:

  •    Identificar e valorar o patrimonio cultural e natural da nosa contorna.
  •    Descubrir a riqueza patrimonial da nosa comarca e realizar unha apropiación simbólica da mesma.
  •    Relacionar a difusión da identidade cultural coa competencia no  tratamento da información e competencia dixital.
  •    Identificar as achegas das diferentes xeracións ao establecemento dunha identidade social, económica e cultural propiá.

Desenvolvemento:

1º- Dada á dirección do mapa:


2º- Elaborar grupos de 3- 4 discentes, que tratarán de situar no mapa a localización de lugares de interese patrimonial (natural e patrimonial) da comarca das Fragas do Eume, incluíndo marcadores que indiquen:

  •     Nome do elemento patrimonial.
  •     Imaxe representativa.
  •     Enlace a dirección web que nos permita ampliar o coñecemento das peculiaridades do ben seleccionado.

Recursos:

Enlaces a recurso web que nos permitirán afondar na riqueza patrimonial da comarca:




  

Criterios de avaliación:

è Identificación e valoración dos elementos patrimoniais da nosa contorna.
è Situación do marcador: precisión, exactitude e posición do marcador.
è Calidade da información aportada de en cada marcador.
è Actitude ante a actividade e pautas de colaboración entre iguais.

Proposta de continuidade

A partir desta actividade elaboraremos una ruta de sendeirismo que partirá do noso centro educativo.

A tarefa e a gozar!

Ningún comentario:

Publicar un comentario