29 de marzo de 2016

PREMIOS SAMAÍN 2015



Non foi nada doado tomar a decisión dos gañadores no concurso de portas de Halloween/Samain. O traballo do noso alumnado, a implicación, actitude positiva, compañeirismo, e ilusión puxéronnos  as cousas realmente complicadas.
Afortunadamente, a colaboración de Álvaro, o noso conserxe, María Xosé como representante do profesorado de Primaria, Marta coma representante do de Secundaria, Verónica, orientadora, e a inestimable participación de Nina e Diego, representando ao alumnado do centro, todos eles membros do tribunal avaliador, posibilitaron a toma de decisións.
E.... os gañadores foron.....


DE INFANTIL E PRIMARIA... Os alumnos e alumnas de 6º! Pola magnífica e creativa representación do duro camiño cara a temida ESO.

E, en Secundaria.... Os alumnos de 2º ESO! pola súa orixinalidade e minuciosidade no traballo...


A todos e cada un dos que participástedes cun sorriso, noraboa e agradecemento do profesorado.

A educación que cambia o mundo

O 10 de decembro celebrouse o Día dos Dereitos Humanos, e para conmemorar esta data tan importante os alumnos e alumnas da ESO realizaron unha actividade de contacontos para os nenos e nenas de infantil e primaria.
A través do conto “Antón, o neno que non quería ir á escola”,  descubrimos á importancia do Dereito á Educación, o que supón non saber ler nin escribir e a sorte que temos de poder ter uns mestres e mestras que nos ensinan tantas cousas. Tamén nos axuda a comprender que debemos  aproveitar a oportunidade que temos de ir á escola e esforzármonos por aprender para ter un futuro mellor, non como Antón, o protagonista do noso conto, que non tiña ningún interese en aprender ata que descubríu o importante que era saber ler.
Hoxe en día a pesar de que o dereito á educación está ampliamente recoñecido en numerosas Convencións e Tratados Internacionales, hay 57 millóns de nenos  e nenas en todo o mundo que non van á escola e outros  tantos reciben unha educación discontinua ou deficiente.
Nós temos garantido este dereito, en outros países non o teñen. Aproveitemos a oportunidade que temos de poder aprender e denunciemos  ao mesmo tempo o incumplimento do Dereito á Educación que se está a dar en tantas partes do mundo.
E para rematar a actividade os rapaces e rapazas da ESO agasallaron a cada unha das aulas cunha  pequena semente que simboliza á Educación, e explicaron aos nenos/as que esta semente, despois de cuidala e abonala, dará o seu froito, como o fará a educación que recibamos cada un de nós.



Aquí vos deixamos o conto de Antón, o neno que non quería ir á escola.


Dar as grazas as alumnas de 4º ESO do CPI Conde de Fenosa (Ana Martínez, Mayolla Martínez, Paola Toribio, Alba Teijeiro e Lara Rey) que foron as que crearon e ilustraron o conto de Antón e o compartiron con nós. O CPI Virxe da Cela e o CPI Conde de Fenosa colaboran no intercambio de materiais, recursos e actividades, así como na realización de actividades dinamizadoras.

GALA DE ENTREGA DE PREMIOS DO VI FESTIVAL DE CINE OUFF ESCOLA DE OURENSE


 Parabéns a todos aos alumnos e alumnas que participáchedes no traballo, aos que estades no centro e aos que estabades o ano pasado en 4º ESO que  fuchedes  parte principal na realización deste proxecto. 


Nesta edición do certamen   concurreron  124 traballos de centros de Enseñanza Primaria e Secundaria de toda Galicia. A entrega de premios tivo lugar no Auditorio Municipal de Ourense o luns  16 de Novembro de 2015.


O OUFF escola, é un concurso que ten como obxectivo o fomento da participación do alumnado en proxectos audiovisuais, impulsar a creatividade, o traballo en equipo e o uso do idioma galego. Tamén pretende potenciar   a utilización das tecnoloxías da información e comunicación nos centros de ensino e crear un espazo de referencia para a mostra audiovisual feito nas aulas.

O CPI Virxe da Cela entre os finalistas do VI Certame de Cinema OUFF Escola enmarcado dentro do festival de Cine Internacional de Ourense (OUFF).


Noraboa a todos e todas polo traballo realizado e aínda que non acadamos o premio final , xa somos uns gañadores por chegaren ata aquí.





26 de xuño de 2015

OS MECANISMOS NA NOSA CONTORNA

Traballo feito polos alumnos de 2º de ESO na materia de Tecnoloxía:



DECORACIÓN DE NADAL

Aquí podedes ver un exemplo de decoración do Nadal feita con materiais reciclados e de refugallo:



DITOS E REFRÁNS

Recompilación de ditos e refráns da nosa contorna feita polos alumnos de 6º de EP:



Traemos a vida á escola

 A clase de 6º de EP despois de visitar o muíño de Calaza, despois de coñecer o “burro” sentiu a necesidade de buscar nas casas aqueles aparellos, que hoxe en día xa quedaron obsoletos e que moitas veces nos resultan xa descoñecidos, incluso non sabemos xa o seu nome.
Así os rapaces de quinto e sexto nos fomos de “caza” fotográfica… parte das nosas adquisicións se atopan nas diapositivas que seguen.





ENERXÍAS RENOVABLES

Os rapaces de 6º de EP xunto coa súa profesora Carmen Espiñeira fixeron un traballo de investigación dos recursos enerxéticos do seu contorno e avaliando que aínda que se trate de enerxías renovables como a hidroeléctrica ou a solar tamén deixa un inpacto sobre a natureza.

25 de xuño de 2015

MUÍÑO DE CALAZA

Os alumnos de 5º e 6º de Educación Primaria fixeron unha saída para visitar este lugar do noso patrimonio. Aquí tedes un resumo desta visita e moitas outras cousas de interese:


XOGOS POPULARES

Na materia de Educación Física de 1º de ESO traballaron este ano recollendo a tradición da comarca no que se refire aos xogos populares. Aquí podedes ver algúns dos traballos feitos polos alumnos:



BANDA DESEÑADA E PAISAXE

No marco do Proxecto Interdisciplinar do curso 2014-2015, algúns alumnos de 1º da ESO elaboraron bandas deseñadas utilizando como tema o desenvolvemento sostible, e o coidado da paisaxe e do medio ambiente.









14 de xuño de 2015

ANIMALANDIA

Animalandia é un xogo realizado polo alumnado de 1º EP xunto coa súa profesora Marisol,  co que ademais de divertirse poden aprender distintos aspectos da natureza:





6 de xuño de 2015

ESenRED: Nos escriben... delegados y delegadas gallegas

ESenRED: Nos escriben... delegados y delegadas gallegas: Hola, soy Marta Novo, profesora del CPI Virxe da Cela de Monfero. Nuestro centro participó en la Confint y quería enviaros comentarios que...

4 de xuño de 2015

CREAMOS OS NOSOS XOGOS

O alumnado de Primaria sabe que é o que hai que facer para non malgastar os recursos dos que dispoñemos, por iso, reutilizamos algúns materias que xa non usábamos, e os aproveitamos para crear xogos, dándolle un novo uso a algo que ía rematar no lixo. Xurdiron moitas ideas, eiqui tedes unha mostra das nosas creaccions. Este proxecto nos ensinou que podemoes reutilizar obxectos para darlle outro uso distinto. Lucía Trillo (mestra educación física primaria).





2 de xuño de 2015

CELEBRACIÓN DAS LETRAS GALEGAS E DOS MAIOS

321A natureza está intimamente relacionada cos usos e costumes da nosa comarca. Debemos ser quen de darlle a importancia e relevancia que merece, e esta é a nosa intención con esta xornada na que colaborou o conxunto da Comunidade educativa.
 478910512


Fai case unha década o departamento de música do CPI Virxe da Cela comezou a rescatar a tradición dos Maios, e a día de hoxe pode dicirse que esta festa de carácter popular está totalmente arraigada entre o noso alumnado. Con varias semanas de antelación os rapaces e rapazas preparan con moito entusiasmo e motivación unha serie de cancións e danzas para interpretar nunha xornada especial, este ano celebrada o venres 22 de maio. Aproveitamos a ocasión para facer unha merecida homenaxe a Filgueira Valverde, “O vello profesor”, figura a quen se dedicou as Letras Galegas 2015, así como a outros escritores que utilizaron a lingua galega como vehículo de expresión do seu pensar e sentir.  Dando inicio á gala, o alumnado de 1º EP fixo unha lectura da fermosa poesía “Adeus ríos, adeus fontes” da nosa grande poetisa Rosalía de Castro. Acto seguido os máis pequerrechos, os nenos e nenas de infantil, cantaron e bailaron “A saia da Carolina”. Parabéns ás súas mestras Isabel e Lucía, que fixeron unha importantísima labor ensaiando aos seus alumnos/as e elaborando tan fantástico vestiario, con lagarto incluído! E tamén felicitar ao alumnado da ESO pola súa interpretación coas frautas e a percusión… incluso contamos coa presenza dunha fermosa gaiteira engalanada coa vestimenta tradicional (Erea, 4º da ESO), que tocou os primeiros compases de tan coñecida melodía. A continuación os nenos/as de 2º EP fixeron a lectura de “O Maio”, de Curros Enríquez. O seguinte número musical consistiu nunha danza de orixe ancestral, a “Danza de Paus”, executada conxuntamente polo alumnado de 5º EP e 2º ESO. Unha nova lectura, “Verso e Prosa” de Rosalía de Castro, a cargo do alumnado de 4º de EP antecede a outros números coreográficos: unha muiñeira bailada polas rapazas de 3º da ESO (coa colaboración especial de Lucía, a profe de educación física de primaria) e outra danza moi antiga, o “Baile das fintas”, interpretada polo alumnado de 3º e 4º da ESO. Xa finalizando o festival, un rapaz e unha rapaza de 6º EP poñen en práctica con moita retranca “A Regueifa”, e como broche final todo o alumnado da ESO interpreta “O Caneco”, que co seu ritmo pegadizo convida a terminar a festa bailando. Para dar clausura a esta gala “Letras Galegas e Maios 2015” faise entrega dos premios do concurso “O Preguntón”, organizado pola biblioteca escolar. 
  
Verónica Dopico (Departamento de música)



1 de xuño de 2015

Actuación artística: "A árbore das cores"

Intervención imaxinativa  que pretende ser quen de reforzar a singularidade do patio escolar que conta cun importante abano de especies arbóreas.

A intervención consistiu en decorar CDs de desfeito e con eles resaltar as arbores coas que contamos, empregándoas como espazo expositivo. 

Foron decorados polo alumnado de 6º de Ed. Primaria e polo alumnado de ESO.


Gústavos?