18 de xuño de 2017

"A Vaquiña polo que vale": Premios Aprendo Programando

Finalmente o Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica en Informática (CPETIG) entregou os galardóns da segunda convocatoria do seu Concurso de Scratch Aprendo programdo, unha iniciativa dirixida a fomentar nos escolares o interese polo desenvolvemento informático, ou sexa, por construír coas súas propias mans a Sociedade do Coñecemento botando man da ferramenta Scratch.  

O certame tivo como temática, para nesta segunda edición, “convivir en igualdade”  e estivo patrocinado por El Corte Inglés e Alvarellos Editora. A cita foi o sábado 17 de xuño e celebrouse no El Corte Inglés de Santiago. No acto de entrega de recoñecementos participaron algo máis de 70 persoas entre as que se atopaban os rapaces premiados acompañados na súa maioría dos seus pais e profesorado dos centros. 

O acto estivo presidido por Marcos Mata, presidente do CPETIG; Maximino Tuñas, responsable de Sistemas de Información El Corte Inglés Santiago; e Henrique Alvarellos, director de Alvarellos Editora.

Así, o xurado do II Concurso de Scratch Aprendo Programando, emitiu o seguinte fallo:

Na categoría de primaria, o 1º premio recaeu no proxecto  Farm Adventure do grupo Os5imparables do centro CPI PLURILINGÜE VIRXE DA CELA baixo a supervisión de Camino Pereiro González. e o 2º premio no Proxecto As inventoras do grupo gijasaed do centro CEIP SAN MARTIÑO baixo a supervisión de Ángeles Martín Méndez
En canto á categoría de secundaria, o 1º premio acadouno o Proxecto Convivir no Mestre Landin do grupo MLprogramers do centro IES MESTRE LANDIN baixo a supervisión de Héber Jaime García Fernández e o segundo premio foi para o proxecto Proxecto IgualDado do grupo 2ºESO do centro IES CARLOS CASARES baixo a supervisión de Almudena Rouco Vilar

O concurso é unha actividade máis das que ven realizando o CPETIG nos últimos anos de cara a difundir os valores da programación entre os nenos, os seus pais e os seus formadores.
Ferramenta que promove o pensamento creativo
Scratch é unha ferramenta informática que permite aos usuarios programar historias interactivas, xogos e animacións, e compartilas en liña con outros membros da comunidade. Deseñada para nenos de idades entre os 8 e os 16 anos, axuda aos máis novos a aprender a pensar de xeito creativo, razoar sistematicamente, e traballar en colaboración coa comunidade.
Entre os obxectivos do concurso esta “fomentar a aprendizaxe no desenvolvemento de aplicacións informáticas con Scratch; comprender a potencia do seu uso como ferramenta didáctica; favorecer metodoloxías e casos de éxito da ensinanza da programación con este software; e desenvolver estratexias de integración da programación con Scratch en distintas etapas e disciplinas educativas”.
Toda a información do concurso está habilitada na web específica do CPETIG, aprendoprogramando.cpetig.org.









13 de xuño de 2017

Proxecto recreación ecosistemas da zona polo alumnado de bioloxía de 4º ESO

O alumnado de 4º ESO instalou no centro a recreación de varios ecosistemas da zona.

Os ecosistemas elexidos para recrear en acuarios ou terrarios foron unha charca da zona intermareal e 2 ecosistemas húmidos de bosque atlántico.

Antes de comezar á realización dos ecosistemas o alumnado por grupos tivo que realizar un proxecto do ecosistema a desenvolver. Así durante o primeiro trimestre fixeron unha visita á área técnica do Acuario Finisterrae  para poder observar como os científicos do acuario coruñes realizan as súas tarefas de mantemento.



Unha vez que xa tiveron claro por que tipo de ecosistema decidirse remataron o proxecto e iniciaron a súa realización. para o cal realizáronse varias saídas apola contorna do centro e a praia de O Penedo en Bergondo para preparar os terrarios e acuarios.

Alumnado de 4º de ESo na praia de O Penedo

Charca intermareal

Alumnado examinando a biodiversidade das charcas

Imaxes dos acuarios e terrarios:






"A Vaquiña polo que vale": GEN10S na prensa

http://www.laopinioncoruna.es/gran-coruna/2017/06/13/pequenos-genios-area-muestran-madrid/1190399.html

"A Vaquiña polo que vale": GEN10S PARTY

Tres alumnos de primaria do noso cole xunto a súa profe Camino participan na GEN10S Party  que se está a celebrar hoxe 12 de xuño en Madrid.
A GEN10S Party  é un evento no que os equipos participantes mostran e comparten as súas propostas para resolver o reto de Xene1Os. En cada edición, proponse unha temática que convide os equipos participantes a reflexionar sobre a mellora dalgún aspecto da súa contorna social. A organización describirá a temática e engadirá un conxunto de restricións para dar complexidade ao reto.


A temática deste ano 2017  é: A loita contra o traballo infantil e o reto programar unha historia, unha historia interactiva, un videoxogo ou unha aplicación na que se aborde a problemática dos nenos e nenas que son obrigados a traballar (no campo, nunha fábrica, etc.)
A xornada concluirá con talleres de innovación tecnolóxica dirixidos aos nenos e nenas participantes.
Moita sorte aos rapaces do noso cole e a súa profe Camino que están nestes momentos gozando da experiencia en Madrid.

"A Vaquiña polo que vale": o proxecto na prensa

6 de xuño de 2017

"A vaquiña polo que vale": velaí unhas liñas sobre o programa interxeracional e o do leite.

 Ao longo do curso, aula de 4º de primaria do CPI Virxe da Cela pasou a ser, nas sesións do obradoiro de radio, interxeracional. Veciños e veciñas da zona, traballaron conxuntamente co alumnado para sacar adiante dous programas de radio. O primeiro, foi sobre Carlos Casares, o autor homenaxeado nas Letras Galegas e o segundo sobre o Patrimonio Cultural Inmaterial da zona. Ademais, esta experiencia tivo o engadido de coprodución radiofónica co alumnado de 2º da ESO do Castro Baxoi de Miño. 

O traballo cooperativo foi a base deste proxecto onde maiores e pequenos traballaron en relación de iguais xerando contidos relacionados coas festas, tradicións e lendas. Ademais, tamén houbo tempo de falar dos modos de vida tradicionais, costumes, lembranzas e xogos de antes. 

Por outra banda, o programa é unha achega aos diferentes tipos de patrimonio, poñendo especial interese no patrimonio natural. O marco no que se desenvolveu esta experiencia é un xeito de promover unha educación para o desenvolvemento e amosar como a radio e a educación poden contribuír na creación dunha sociedade para tódalas idades. Esta experiencia forma parte dun proxecto de investigación que quere amosar as potencialidades da radio para xerar aprendizaxes interxeracionais e pode consultarse a través do blogue www.radiointerxeracional.wordpress.com. 

 Do mesmo xeito, o contacto cos maiores facilitou o traballo do grupo de 5º e 6º de primaria que elaboraron un programa arredor do mundo leiteiro no que se recollen reportaxes sobre a visita que fixeron a unha granxa e unha queixería da zona. O programa tamén inclúe a entrevista a un veterinario e a dúas avoas que se adicaron, no pasado, ao mundo do leite e unha nai que hoxe en día ten unha pequena explotación. 

O proceso de investigación, o contacto coas fontes directas e a recollida de sons e voces permitiron ao alumnado traballar dun xeito cooperativo, valorar aos maiores como fontes de sabiduría, pero tamén como persoas activas e con capacidade de traballo, achegarse ao mundo do leite, moi presente na contorna, e facelo dun xeito creativo e dinámico. Este programa fíxose no marco do proxecto multidisciplinar A vaquiña polo que vale.

 

"A vaquiña polo que vale": xogos serios no Aprendo Programando e GEN10s Party





Un neno con diversidade funcional foi a unha granxa, pero o granxeiro non lle deixaba pasar, entón deberá respostar a unhas preguntas para poder entrar. Ao acertar as preguntas escápase unha vaca e hai que collela. Para facelo tedes que amosar canto coñecedes destes animais, así volveran á escola.

Xogo interactivo onde deberás axudar a un neno a superar unha serie de probas. Serás quen de facelo?


 Un niño con diversidad funcional llega a la escuela por primara vez, su madre no quería que asistiese porque tenia que ayudar en casa. Dentro de clase todo parecía estar bien bien hasta que entro su madre, que le indico que debía irse, que no tenia las suficientes capacidades para ir ala escuela. El profesor pensaba lo contrario, así propuso que la madre comprobase las verdaderas capacidades de su hijo. Así, el profesor le hizo unas preguntas a el niño. Ayúdale a acertar las preguntas, si aciertas más de cuatro ganas y si no aciertas, tienes la posibilidad de intentarlo de nuevo.


"A vaquiña polo que vale": enquisa dos alumnos e alumnas de 1º e 2º as familias

Os nenos e nenas de 1º e 2º de Primaria fixeron varios traballos para o proxecto  A VAQUIÑA POLO QUE VALE. Un deses traballos foron unhas entrevistas sobre O LEITE.
Cunhas sinxelas preguntas relacionaron o pasado e o presente. Primeiro preguntaron sobre a recollida do leite, o seu reparto…..Despois sobre a alimentación das vacas e a súa relación coa calidade, o sabor do leite e algunha cousa máis. Unha vez feitas as entrevistas, expuxéronas na clase.
 As conclusións as que chegaron son:
  • ·         A alimentación das vacas era máis natural antes que agora.
  • ·         Hoxe ademais de herba comen penso e silo, e saen pouco das cortes.
  • ·         Isto inflúe no sabor do leite e pode que na súa calidade.
  • ·         Os campos trátanse con fertilizantes e abonos químico  e estes produtos chegan a nos a través do leite.
  • ·         É moi importante coidar a natureza, o medio ambiente, porque así coidámonos nos.
  • ·         Tamén nos contaron os maiores que antes as familias eran máis numerosas e que había dificultades para a súa alimentación pero leite non faltaba .Hoxe a nós non nos pasa,  hai máis posibilidades e temos una dieta variada e equilibrada.
  • ·         Pero sabemos que isto non ocorre en todo o mundo, hai lugares onde as dificultades para comer cada día son moi grandes.
  • ·         Nós, nenos e nenas de 1º e 2ºpensamos que hai que conseguir que todas as persoas coman o necesario cada día. Aprendemos que hai organizacións que traballan para conseguilo, son as ONG.

               

"A Vaquiña polo que vale": os maios no Xestal!!!

O día 19 de maio celebráronse os Maios no Xestal.
 Nesta sección o alumnado de 5º e 6º contarannos a súa experiencia nesta xornada.

Organizados en equipos de traballo, uns axudaron a decorar a zona con preciosas plantas de diferentes cores, outros ocupáronse da tremoia e outros tiveron a sorte de ser presentadores deste evento.

            Pícache a curiosidade?. Se é así……..alá vamos!!!


OS PRESENTADORES 2.0

Nós, Adrián, Antía, Eva e Damián fumos os presentadores dos maios 2017.
O que fixemos foi dar o paso aos nosos compañeiros que tiñan que facer as súas actuacións, como bailes, obras de teatro…..
Ao principio dábanos vergoña… cando saímos a presentar todo o mundo nos miraba pero… pasámolo moi ben!!


OS MAIOS

O venres 19 de maio no C.P.I.P. Virxe da Cela, na clase de Música estivemos a facer uns equipos.
 O noso equipo foi o encargado de colaborar na elaboración da alfombra e do maio. Por unha banda Hugo e Rubén R estiveron a decorar o maio. Por outra banda, Nerea e Marta cortaron unha grande cantidade de tuias. Costounos caro, pero mereceu a pena!

 Cerca do noso colexio tamén se celebra a “Feira das Flores” en Vilarmaior, coñecida como “A Feira do Tres”.
Todos os anos convócanse uns concursos de cans e cabalos na que algúns afortunados co mellor can ou cabalo, gañan o 1º, 2º e 3º premios.
 Despois faise unha exhibición de arrastre e doma.

TREMOIA

O venres celebramos os Maios e o día das Letras Galegas.
 Na clase organizamos os equipos para axudar a montar o escenario. E a nós tocounos ocuparnos da “tremoia”.
 Estivemos axudando a Marisol e a Carme. Con Marisol  puxemos os atriles, para que os seus alumnos puidesen ler ben as súas historias


Con Carme, axudamos a facer os disfracese a colocar o escenario no que ían actuar os seus alumnos.


Tamén preparamos a sala para os nenos e nenas tomasen asento. E por último recollimos todo e fúmonos comer, despois dun longo traballo.
O traballo de tremoia foi realizado por: Andrea, Cristina, Rubén F, Cristian e Ariadna.



BO TRABALLO, EQUIPO!

"A Vaquiña polo que vale": tamén lles gusta cociñar

Os nenos e nenas de 5º curso de primaria do CPI Plurilingüe Virxe da Cela de Monfero organizaron para os nenos e nenas de 2º de primaria un concurso cooperativo de Master Chef Junior no que os pratos foron elaborados só con froita.

 O traballo organizativo repartiuse entre o alumnado de 5º representando os papeis de Eva, Samanta, Pepe e Jordi.


Logo fixeron dous equipos: o vermello e o azul. O primeiro día os nenos e nenas de 2º de primaria buscaron no ordenador ou nun libro o prato que elaborarían.
Unha vez escollido o prato tiveron que  debuxar o prato que querían elaborar, e anotar os ingredientes.
          O seguinte día comezou o concurso guiado polos alumnos de 5º de primaria.    

Os alumnos de segundo, tanto o equipo vermello como o equipo azul, elaboraron uns pratos riquísimos, premiados por igual!!

O terceiro día entregáronse os diplomas do concurso Master Chef  Junior 


Os diplomas serán individuais e asinados por: Jordi, Pepe, Samanta, Eva unhas firmas privilexiadas para os nenos.

A día 10 de maio
Jordi (Damián)    Pepe(Adrián)    Samanta(Antía)    Eva (Eva)


"A vaquiña polo que vale": todo un exito o Rastro Solidario

Todo un éxito a IX edición do xa tradicional Rastro Solidario no Virxe da Cela. Coa ilusión de sempre os alumnos /as, profes, pais , nais e persoal non docente visitaron durante todo o día de hoxe o rastro, facendo as compras dos obxectos expostos. Coma nas últimas edicións, a compra foi por medio do troco con alimentos e...non nos podemos queixar xa que recadamos preto de 29 caixas que serán doadas á Cociña Económica de Ferrol. Tamén na nosa caixiña de donativos recadamos a significativa cantidade de 250,20 € que serán para apoiar á poboación afectada pola emerxencia en Perú  debido ao fenómeno climático de El Niño, que deixou ao seu paso 75 falecidos e 100.000 damnificados, e que enviaremos a través da ONG Ayuda en Acción.
Como complemento á xornada de hoxe o alumnado do centro asistiu a diversos obradoiros de Comercio Xusto e consumo responsable impartidos polos membros da ONG Solidariedade Internacional Galicia.
Queremos agradecer a colaboración das nais da ANPA que estiveron toda a mañá axudando a organizar os alimentos en caixas e a facilitar as compras dos máis pequenos, ao profesorado implicado e por suposto ao alumnado de 4º ESO e 3º ESO xa que sen eles non sería posible a realización de este exitoso  IX Rastro Solidario.

             

" A vaquiña polo que vale": Proxecto dos Masais en Ed. Infantil

Hoxe  os nenos e profes de infantil avaliaron o seu proxecto dos Masai coa axuda de Mónica e o seu robot no Virxe DA Cela. Que ben o pasaron e canto saben estos nenos e nenas! Ás profes costoulles algo máis isto de andar con robots...





"A vaquiña polo que vale"

Logo gañador, autora: Alba Rodríguez Purriños

Este ano temos no centro un proxecto interdiscilinar sobre a vaca e o leite, o seu título é: A Vaquiña polo que Vale.
Toda  a comunidade educativa do CPI Virxe da Cela participa no mesmo dun xeito ou doutro. Este proxecto xurde da colaboración  ca Universidade da Coruña e as ongs  Solidariedade Internacional e Cooperación Galega co obxectivo de analizar como introducir o paradigma da Dimensión Global da Educación para o Desenvolvemento de xeito transversal nas nosas materias e asignaturas.
Desde a asignatura de Educación Plástica estivemos traballando como darlle visivilidade ao proxecto e levamos a cabo dúas propostas a primeira foi o deseño dun logotipo para o proxecto e a segunda foi un traballo de creatividade partindo da mesma silueta dunha vaca, cada alumno do noso centro desde Infantil a 4º de ESO fixo a súa proposta.
Nos seguintes vídeos podedes ver os traballos presentados:

CONCURSO DE LOGOTIPOS



DESFILE DE VACAS








A Vaquiña polo que vale: III XORNADAS DE EDUCACIÓN PARA O DESENVOLVEMENTO. EDUCACIÓN PARA TODAS E TODOS: HORIZONTE 2030

Esta tarde na mesa de investigación nas III Xornadas de educación para o desenvolvemento. Educación para todos e todas. Horizonte 2030, celebradas na Facultade de Ciencias da Educación de Santiago,  presentamos o Proxecto piloto de investigación - acción colaborativa en colaboración con Solidariedade Internacional de Galicia e a Universidade da Coruña.





"A vaquiña polo que vale": Experiencias. Aulas 2.0: Scratch no CPI Virxe DA Cela Monfero no Espazo Abalar!!!

A experiencia de programar con Scratch no CPI Virxe DA Cela Monfero no Espazo Abalar!!!

                                          Podedes acceder premendo na seguinte imaxe:


"A vaquiña polo que vale": VISITA DE LANCY DODEM, FUNDACIÓN VICENTE FERRER

Un curso máis recibimos con ledicia a visita de Lancy Dodem ao CPI Virxe da Cela. Veu acompañado, como xa é  habitual, pola nosa entrañable amiga coruñesa Yolanda Ferrer, representante da FVF na cidade herculina. Os nenos e nenas o recoñeceron ao instante, e pouco a pouco fumos comprobando todos os detalles que lembraban da India a raíz de anteriores visitas. De novo prestaron moitísima atención ás explicacións de Lancy e abriron xunto a el o paquete que nos trouxo da India procedente da Konampalli School, coa que levamos a cabo un proxecto de intercambio cultural. Os rapaces de 6º leron ao resto dos nenos e nenas o contido  do libriño que viña no paquete  e visionamos logo un interesante video que Lancy  nos trouxo da India. Despedimos a Lancy cun forte aplauso e convidámolo a visitar de novo a nosa casa para o vindeiro curso académico.








OBRADOIRO DE MEDIOAMBIENTE CON ABEL

Este martes 30 de maio tivemos a visita de Abel que veu dende Entreculturas a darnos un obradoiro de medioambiente.  Como todos sabemos, este ano o lema de Entreculturas é “Un mundo de alternativas para sanar a terra”, e que mellor que dende a escola para comezar cos nosos pequenos actos a contribuír a tal fin. Así que poñéndonos mans a obra, realizamos un obradoiro para facer papel reciclado, aínda que Abel quedou abraiado xa que os nosos alumnos tiñan máis que sabido como se reciclaba o papel. No noso cole o levamos facendo dende hai ben de tempo xa que é unha das nosas actividades para colaborar no rastro solidario, no que poñemos á venda as láminas de cores de papel  reciclado que os nosos alumnos e alumnas fan na clase de ciencias. Aínda así, aprendemos con Abel outra maneira de secar a pasta de papel, que difería un pouco da nosa técnica. Logo fixemos unhas dinámicas en grupo coas que pasamos un rato ben divertido e como colofón á xornada, un chiculate con galletas. Pasámolo xenial!!!

                                           Grazas a Abel e a Entreculturas  pola xornada de onte.

Evolución da maquinaria agrícola e gandeira

O alumnado de 2º da ESO na área de tecnoloxía e de 3º de EP dentro do proxecto A vaquiña polo que vale realizaron unha análise da evolución da maquinaria agrícola e gandeira e as súas consecuencias na forma de traballar e na relación entre veciños (cooperación). Ademais reflexionaron sobre as diferenzas existentes entre a súa contorna e lugares que non dispoñen dos mesmos recursos.




A VAQUIÑA POLO QUE VALE. AS NOSAS RECEITAS

O alumnado de 1º e 2º de EP dentro do proxecto A vaquiña polo que vale, coa axuda da súa familia, fixo unha recollida de receitas de cociña que tivera entre os seus ingredientes algún produto lácteo. Aquí podedes ver o resultado.


ANÁLISE DOS ETIQUETADOS DOS PRODUTOS LÁCTEOS

O alumnado da ESO na área de matemáticas dentro do proxecto A vaquiña polo que vale realizou unha análise do etiquetado dos produtos lácteos e dos valores nutricionais dos distintos tipos de leite e dos seus derivados no tratamento industrial.


4 de xuño de 2017

Análise de publicidade de produtos lácteos

No pasado mes de maio e dentro do proxecto "A Vaquiña polo que vale" o alumnado de Educación Plástca, Visual e Audiovisual de 4º da ESO, estiveron traballando coa publicidade entorno ao sector lácteo.
Este traballo pretende contribuír ao desenvolvemento dunha conciencia crítica ante os medios de masas. Así mesmo traballamos detectando os estereotipos de imaxe persoal e social que se manexan nestes medios e que poden chegar a ser moi daniños nestas idades.
Aquí vos presentamos as análises que se fixeron de imaxe fixa:




3 de xuño de 2017

"A Vaquiña polo que vale": novas dende o Xestal


     O alumnado de 4º EP dentro do proxecto “A vaquiña polo que vale” realizou unha investigación sobre as consecuencias do uso de Transxénicos e Glifosato na natureza e a relación entre os grandes cultivos de palma, soia,… e a deforestación de grandes espazos de selva. Para isto, primeiro fixeron un repaso do proxecto realizado o curso anterior sobre agricultura ecolóxica e desenvolvemento sostible e despois centráronse na busca de información sobre o tema deste proxecto e a preparación do guión do telexornal que podedes ver a continuación.