6 de xuño de 2017

"A Vaquiña polo que vale": os maios no Xestal!!!

O día 19 de maio celebráronse os Maios no Xestal.
 Nesta sección o alumnado de 5º e 6º contarannos a súa experiencia nesta xornada.

Organizados en equipos de traballo, uns axudaron a decorar a zona con preciosas plantas de diferentes cores, outros ocupáronse da tremoia e outros tiveron a sorte de ser presentadores deste evento.

            Pícache a curiosidade?. Se é así……..alá vamos!!!


OS PRESENTADORES 2.0

Nós, Adrián, Antía, Eva e Damián fumos os presentadores dos maios 2017.
O que fixemos foi dar o paso aos nosos compañeiros que tiñan que facer as súas actuacións, como bailes, obras de teatro…..
Ao principio dábanos vergoña… cando saímos a presentar todo o mundo nos miraba pero… pasámolo moi ben!!


OS MAIOS

O venres 19 de maio no C.P.I.P. Virxe da Cela, na clase de Música estivemos a facer uns equipos.
 O noso equipo foi o encargado de colaborar na elaboración da alfombra e do maio. Por unha banda Hugo e Rubén R estiveron a decorar o maio. Por outra banda, Nerea e Marta cortaron unha grande cantidade de tuias. Costounos caro, pero mereceu a pena!

 Cerca do noso colexio tamén se celebra a “Feira das Flores” en Vilarmaior, coñecida como “A Feira do Tres”.
Todos os anos convócanse uns concursos de cans e cabalos na que algúns afortunados co mellor can ou cabalo, gañan o 1º, 2º e 3º premios.
 Despois faise unha exhibición de arrastre e doma.

TREMOIA

O venres celebramos os Maios e o día das Letras Galegas.
 Na clase organizamos os equipos para axudar a montar o escenario. E a nós tocounos ocuparnos da “tremoia”.
 Estivemos axudando a Marisol e a Carme. Con Marisol  puxemos os atriles, para que os seus alumnos puidesen ler ben as súas historias


Con Carme, axudamos a facer os disfracese a colocar o escenario no que ían actuar os seus alumnos.


Tamén preparamos a sala para os nenos e nenas tomasen asento. E por último recollimos todo e fúmonos comer, despois dun longo traballo.
O traballo de tremoia foi realizado por: Andrea, Cristina, Rubén F, Cristian e Ariadna.



BO TRABALLO, EQUIPO!

"A Vaquiña polo que vale": tamén lles gusta cociñar

Os nenos e nenas de 5º curso de primaria do CPI Plurilingüe Virxe da Cela de Monfero organizaron para os nenos e nenas de 2º de primaria un concurso cooperativo de Master Chef Junior no que os pratos foron elaborados só con froita.

 O traballo organizativo repartiuse entre o alumnado de 5º representando os papeis de Eva, Samanta, Pepe e Jordi.


Logo fixeron dous equipos: o vermello e o azul. O primeiro día os nenos e nenas de 2º de primaria buscaron no ordenador ou nun libro o prato que elaborarían.
Unha vez escollido o prato tiveron que  debuxar o prato que querían elaborar, e anotar os ingredientes.
          O seguinte día comezou o concurso guiado polos alumnos de 5º de primaria.    

Os alumnos de segundo, tanto o equipo vermello como o equipo azul, elaboraron uns pratos riquísimos, premiados por igual!!

O terceiro día entregáronse os diplomas do concurso Master Chef  Junior 


Os diplomas serán individuais e asinados por: Jordi, Pepe, Samanta, Eva unhas firmas privilexiadas para os nenos.

A día 10 de maio
Jordi (Damián)    Pepe(Adrián)    Samanta(Antía)    Eva (Eva)


"A vaquiña polo que vale": todo un exito o Rastro Solidario

Todo un éxito a IX edición do xa tradicional Rastro Solidario no Virxe da Cela. Coa ilusión de sempre os alumnos /as, profes, pais , nais e persoal non docente visitaron durante todo o día de hoxe o rastro, facendo as compras dos obxectos expostos. Coma nas últimas edicións, a compra foi por medio do troco con alimentos e...non nos podemos queixar xa que recadamos preto de 29 caixas que serán doadas á Cociña Económica de Ferrol. Tamén na nosa caixiña de donativos recadamos a significativa cantidade de 250,20 € que serán para apoiar á poboación afectada pola emerxencia en Perú  debido ao fenómeno climático de El Niño, que deixou ao seu paso 75 falecidos e 100.000 damnificados, e que enviaremos a través da ONG Ayuda en Acción.
Como complemento á xornada de hoxe o alumnado do centro asistiu a diversos obradoiros de Comercio Xusto e consumo responsable impartidos polos membros da ONG Solidariedade Internacional Galicia.
Queremos agradecer a colaboración das nais da ANPA que estiveron toda a mañá axudando a organizar os alimentos en caixas e a facilitar as compras dos máis pequenos, ao profesorado implicado e por suposto ao alumnado de 4º ESO e 3º ESO xa que sen eles non sería posible a realización de este exitoso  IX Rastro Solidario.

             

" A vaquiña polo que vale": Proxecto dos Masais en Ed. Infantil

Hoxe  os nenos e profes de infantil avaliaron o seu proxecto dos Masai coa axuda de Mónica e o seu robot no Virxe DA Cela. Que ben o pasaron e canto saben estos nenos e nenas! Ás profes costoulles algo máis isto de andar con robots...





"A vaquiña polo que vale"

Logo gañador, autora: Alba Rodríguez Purriños

Este ano temos no centro un proxecto interdiscilinar sobre a vaca e o leite, o seu título é: A Vaquiña polo que Vale.
Toda  a comunidade educativa do CPI Virxe da Cela participa no mesmo dun xeito ou doutro. Este proxecto xurde da colaboración  ca Universidade da Coruña e as ongs  Solidariedade Internacional e Cooperación Galega co obxectivo de analizar como introducir o paradigma da Dimensión Global da Educación para o Desenvolvemento de xeito transversal nas nosas materias e asignaturas.
Desde a asignatura de Educación Plástica estivemos traballando como darlle visivilidade ao proxecto e levamos a cabo dúas propostas a primeira foi o deseño dun logotipo para o proxecto e a segunda foi un traballo de creatividade partindo da mesma silueta dunha vaca, cada alumno do noso centro desde Infantil a 4º de ESO fixo a súa proposta.
Nos seguintes vídeos podedes ver os traballos presentados:

CONCURSO DE LOGOTIPOS



DESFILE DE VACAS








A Vaquiña polo que vale: III XORNADAS DE EDUCACIÓN PARA O DESENVOLVEMENTO. EDUCACIÓN PARA TODAS E TODOS: HORIZONTE 2030

Esta tarde na mesa de investigación nas III Xornadas de educación para o desenvolvemento. Educación para todos e todas. Horizonte 2030, celebradas na Facultade de Ciencias da Educación de Santiago,  presentamos o Proxecto piloto de investigación - acción colaborativa en colaboración con Solidariedade Internacional de Galicia e a Universidade da Coruña.





"A vaquiña polo que vale": Experiencias. Aulas 2.0: Scratch no CPI Virxe DA Cela Monfero no Espazo Abalar!!!

A experiencia de programar con Scratch no CPI Virxe DA Cela Monfero no Espazo Abalar!!!

                                          Podedes acceder premendo na seguinte imaxe:


"A vaquiña polo que vale": VISITA DE LANCY DODEM, FUNDACIÓN VICENTE FERRER

Un curso máis recibimos con ledicia a visita de Lancy Dodem ao CPI Virxe da Cela. Veu acompañado, como xa é  habitual, pola nosa entrañable amiga coruñesa Yolanda Ferrer, representante da FVF na cidade herculina. Os nenos e nenas o recoñeceron ao instante, e pouco a pouco fumos comprobando todos os detalles que lembraban da India a raíz de anteriores visitas. De novo prestaron moitísima atención ás explicacións de Lancy e abriron xunto a el o paquete que nos trouxo da India procedente da Konampalli School, coa que levamos a cabo un proxecto de intercambio cultural. Os rapaces de 6º leron ao resto dos nenos e nenas o contido  do libriño que viña no paquete  e visionamos logo un interesante video que Lancy  nos trouxo da India. Despedimos a Lancy cun forte aplauso e convidámolo a visitar de novo a nosa casa para o vindeiro curso académico.








OBRADOIRO DE MEDIOAMBIENTE CON ABEL

Este martes 30 de maio tivemos a visita de Abel que veu dende Entreculturas a darnos un obradoiro de medioambiente.  Como todos sabemos, este ano o lema de Entreculturas é “Un mundo de alternativas para sanar a terra”, e que mellor que dende a escola para comezar cos nosos pequenos actos a contribuír a tal fin. Así que poñéndonos mans a obra, realizamos un obradoiro para facer papel reciclado, aínda que Abel quedou abraiado xa que os nosos alumnos tiñan máis que sabido como se reciclaba o papel. No noso cole o levamos facendo dende hai ben de tempo xa que é unha das nosas actividades para colaborar no rastro solidario, no que poñemos á venda as láminas de cores de papel  reciclado que os nosos alumnos e alumnas fan na clase de ciencias. Aínda así, aprendemos con Abel outra maneira de secar a pasta de papel, que difería un pouco da nosa técnica. Logo fixemos unhas dinámicas en grupo coas que pasamos un rato ben divertido e como colofón á xornada, un chiculate con galletas. Pasámolo xenial!!!

                                           Grazas a Abel e a Entreculturas  pola xornada de onte.

Evolución da maquinaria agrícola e gandeira

O alumnado de 2º da ESO na área de tecnoloxía e de 3º de EP dentro do proxecto A vaquiña polo que vale realizaron unha análise da evolución da maquinaria agrícola e gandeira e as súas consecuencias na forma de traballar e na relación entre veciños (cooperación). Ademais reflexionaron sobre as diferenzas existentes entre a súa contorna e lugares que non dispoñen dos mesmos recursos.




A VAQUIÑA POLO QUE VALE. AS NOSAS RECEITAS

O alumnado de 1º e 2º de EP dentro do proxecto A vaquiña polo que vale, coa axuda da súa familia, fixo unha recollida de receitas de cociña que tivera entre os seus ingredientes algún produto lácteo. Aquí podedes ver o resultado.


ANÁLISE DOS ETIQUETADOS DOS PRODUTOS LÁCTEOS

O alumnado da ESO na área de matemáticas dentro do proxecto A vaquiña polo que vale realizou unha análise do etiquetado dos produtos lácteos e dos valores nutricionais dos distintos tipos de leite e dos seus derivados no tratamento industrial.


4 de xuño de 2017

Análise de publicidade de produtos lácteos

No pasado mes de maio e dentro do proxecto "A Vaquiña polo que vale" o alumnado de Educación Plástca, Visual e Audiovisual de 4º da ESO, estiveron traballando coa publicidade entorno ao sector lácteo.
Este traballo pretende contribuír ao desenvolvemento dunha conciencia crítica ante os medios de masas. Así mesmo traballamos detectando os estereotipos de imaxe persoal e social que se manexan nestes medios e que poden chegar a ser moi daniños nestas idades.
Aquí vos presentamos as análises que se fixeron de imaxe fixa:




3 de xuño de 2017

"A Vaquiña polo que vale": novas dende o Xestal


     O alumnado de 4º EP dentro do proxecto “A vaquiña polo que vale” realizou unha investigación sobre as consecuencias do uso de Transxénicos e Glifosato na natureza e a relación entre os grandes cultivos de palma, soia,… e a deforestación de grandes espazos de selva. Para isto, primeiro fixeron un repaso do proxecto realizado o curso anterior sobre agricultura ecolóxica e desenvolvemento sostible e despois centráronse na busca de información sobre o tema deste proxecto e a preparación do guión do telexornal que podedes ver a continuación.


31 de maio de 2017

"A Vaquiña polo que vale": avaliaos o proxecto dos Masai. Queres ver que facemos cos robots?

Hoxe  os nenos e profes de infantil avaliaron o seu proxecto dos Masai coa axuda de Mónica e o seu robot no Virxe DA Cela. Que ben o pasaron e canto saben estos nenos e nenas! Ás profes costoulles algo máis isto de andar con robots...





20 de maio de 2017

"A Vaquiña polo que vale": os Maios

O día 19 de maio celebráronse os Maios no Xestal.
 Nesta sección o alumnado de 5º e 6º contarannos a súa experiencia nesta xornada.

Organizados en equipos de traballo, uns axudaron a decorar a zona con preciosas plantas de diferentes cores, outros ocupáronse da tremoia e outros tiveron a sorte de ser presentadores deste evento.

            Pícache a curiosidade?. Se é así……..alá vamos!!!


OS PRESENTADORES 2.0

Nós, Adrián, Antía, Eva e Damián fumos os presentadores dos maios 2017.
O que fixemos foi dar o paso aos nosos compañeiros que tiñan que facer as súas actuacións, como bailes, obras de teatro…..
Ao principio dábanos vergoña… cando saímos a presentar todo o mundo nos miraba pero… pasámolo moi ben!!


OS MAIOS

O venres 19 de maio no C.P.I.P. Virxe da Cela, na clase de Música estivemos a facer uns equipos.
 O noso equipo foi o encargado de colaborar na elaboración da alfombra e do maio. Por unha banda Hugo e Rubén R estiveron a decorar o maio. Por outra banda, Nerea e Marta cortaron unha grande cantidade de tuias. Costounos caro, pero mereceu a pena!

 Cerca do noso colexio tamén se celebra a “Feira das Flores” en Vilarmaior, coñecida como “A Feira do Tres”.
Todos os anos convócanse uns concursos de cans e cabalos na que algúns afortunados co mellor can ou cabalo, gañan o 1º, 2º e 3º premios.
 Despois faise unha exhibición de arrastre e doma.

TREMOIA

O venres celebramos os Maios e o día das Letras Galegas.
 Na clase organizamos os equipos para axudar a montar o escenario. E a nós tocounos ocuparnos da “tremoia”.
 Estivemos axudando a Marisol e a Carme. Con Marisol  puxemos os atriles, para que os seus alumnos puidesen ler ben as súas historias


Con Carme, axudamos a facer os disfracese a colocar o escenario no que ían actuar os seus alumnos.


Tamén preparamos a sala para os nenos e nenas tomasen asento. E por último recollimos todo e fúmonos comer, despois dun longo traballo.
O traballo de tremoia foi realizado por: Andrea, Cristina, Rubén F, Cristian e Ariadna.


BO TRABALLO, EQUIPO!

4 de abril de 2017

"A vaquiña polo que vale": o alumnado de 5º e 6º de primaria explica en Ciencias da Educación a súa experiencia co proxecto e a utilización das tecnoloxías como recurso de aprendizaxe.


Durante dúas horas, de 11.00 a 13.30 horas, un grupo de catorce escolares de 5º e 6º curso de educación primaria do CPI Plurilingüe Virxe da Cela xunto coas súas docentes impartiron docencia hoxe  luns 4 de abril, na Facultade de Ciencias da Educación (aula 24 do edificio de Campus Norte). Esta é unha iniciativa que se desenvolve no marco das actividades complementarias da materia ‘Deseño e avaliación de materiais didácticos’ de 4º curso do grao de Mestre.

Na xornada, as profesoras Camino Pereiro e Lucía Abarrategui xunto co grupo de escolares amosaron como a través de técnicas de traballo cooperativo é posible integrar as TIC como tecnoloxías para a aprendizaxe e o coñecemento. Concretamente, os nosos alumnos/as de 5º e 6º  son os protagonistas dun proxecto práctico no que empregan as tecnoloxías emerxentes -programación e robótica- e tradicionais –programa de radio- como ferramentas de traballo na aula. Nesta sesión en Ciencias da Educación explicaron o proceso de traballo realizado.
                                                                                         Parabens rapaces!!!!

 Aquí vos deixamos  reportaxe fotográfica da xornada

               
Prensa
La Voz de Galicia: http://www.lavozdegalicia.es/noticia/ferrol/monfero/2017/04/04/alumnos-primaria-imparten-clase-facultade-ciencias-da-educacion-usc/0003_201704F4C12993.htm
Xornal USC» Alumnado de primaria explica en Ciencias da Educación a súa experiencia na utilización das tecnoloxías como material didáctico

Presentación Aprendo programando na Facultade de Ciencias da Educación - USC



3 de abril de 2017

"A Vaquiña polo que vale": o mundo que queremos

Coa xenerosidade das persoas que están afeitas a traballar pola súa comunidade, o alumnado da ESO do CPI Virxe da Cela puido gozar de Marleni Polo, coordinadora das promotoras de saúde dos bateyes, palabra de orixe caribeño, que significa “lugar ocupado polas vivendas, barracóns,…nas fincas das Antillas dedicadas ao cultivo da cana de azucre”, acompañada de varias persoas da ONG Solidariedade Internacional de Galicia.
Concretamente, Marleni Polo traballa polo desenvolvemento destes bateyes en República Dominicana, e comezou a facelo con só 13 anos de idade!!.
O papel das promotoras de saúde é organizarse entre as mulleres de forma voluntaria que, coa axuda de ONGs galegas, de Asamblea de Cooperación pola Paz, que comezou o seu traballo en Galicia coa execución dun proxecto en República Dominicana, pretenden o acceso sostible a auga potable salubre e ao saneamento básico e a mellora no eido sanitario nos bateyes.
Destacar o papel de Marleni por convertirse nun exemplo positivo para todas as mulleres, dándolles protagonismo no desenvolvemento da súa comunidade e reivindicando os seus dereitos desde unha perspectiva de xénero.

A charla rematou animando ao alumnado a ser consciente do poder que temos cando todos e todas xuntos traballamos en prol da nosa comunidade.