Un curso máis recibimos con ledicia a visita de Lancy
Dodem ao CPI Virxe da Cela. Veu acompañado, como xa é habitual, pola nosa entrañable amiga coruñesa
Yolanda Ferrer, representante da FVF na cidade herculina. Os nenos e nenas o
recoñeceron ao instante, e pouco a pouco fumos comprobando todos os detalles
que lembraban da India a raíz de anteriores visitas. De novo prestaron
moitísima atención ás explicacións de Lancy e abriron xunto a el o paquete que
nos trouxo da India procedente da Konampalli School, coa que levamos a cabo un
proxecto de intercambio cultural. Os rapaces de 6º leron ao resto dos nenos e
nenas o contido do libriño que viña no
paquete e visionamos logo un interesante
video que Lancy nos trouxo da India. Despedimos
a Lancy cun forte aplauso e convidámolo a visitar de novo a nosa casa para o
vindeiro curso académico.
6 de xuño de 2017
OBRADOIRO DE MEDIOAMBIENTE CON ABEL
Este martes 30 de maio tivemos a visita de Abel que veu dende Entreculturas a darnos un obradoiro de medioambiente. Como todos sabemos, este ano o lema de Entreculturas é “Un mundo de alternativas para sanar a terra”, e que mellor que dende a escola para comezar cos nosos pequenos actos a contribuír a tal fin. Así que poñéndonos mans a obra, realizamos un obradoiro para facer papel reciclado, aínda que Abel quedou abraiado xa que os nosos alumnos tiñan máis que sabido como se reciclaba o papel. No noso cole o levamos facendo dende hai ben de tempo xa que é unha das nosas actividades para colaborar no rastro solidario, no que poñemos á venda as láminas de cores de papel reciclado que os nosos alumnos e alumnas fan na clase de ciencias. Aínda así, aprendemos con Abel outra maneira de secar a pasta de papel, que difería un pouco da nosa técnica. Logo fixemos unhas dinámicas en grupo coas que pasamos un rato ben divertido e como colofón á xornada, un chiculate con galletas. Pasámolo xenial!!!
Grazas a Abel e a Entreculturas pola xornada de onte.
Evolución da maquinaria agrícola e gandeira
O
alumnado de 2º da ESO na área de tecnoloxía e de 3º de EP dentro do proxecto A vaquiña
polo que vale realizaron unha análise da evolución da maquinaria agrícola e gandeira e as
súas consecuencias na forma de traballar e na relación entre veciños
(cooperación). Ademais reflexionaron sobre as diferenzas existentes entre a súa
contorna e lugares que non dispoñen dos mesmos recursos.
A VAQUIÑA POLO QUE VALE. AS NOSAS RECEITAS
O alumnado de
1º e 2º de EP dentro do proxecto A vaquiña polo que vale, coa axuda da súa familia,
fixo unha recollida de receitas de
cociña que tivera entre os seus ingredientes algún produto lácteo. Aquí podedes
ver o resultado.
ANÁLISE DOS ETIQUETADOS DOS PRODUTOS LÁCTEOS
O alumnado da
ESO na área de matemáticas dentro do proxecto A vaquiña polo que vale realizou
unha análise do etiquetado dos produtos lácteos e dos valores nutricionais dos
distintos tipos de leite e dos seus derivados no tratamento industrial.
4 de xuño de 2017
Análise de publicidade de produtos lácteos
No pasado mes de maio e dentro do proxecto "A Vaquiña polo que vale" o alumnado de Educación Plástca, Visual e Audiovisual de 4º da ESO, estiveron traballando coa publicidade entorno ao sector lácteo.
Este traballo pretende contribuír ao desenvolvemento dunha conciencia crítica ante os medios de masas. Así mesmo traballamos detectando os estereotipos de imaxe persoal e social que se manexan nestes medios e que poden chegar a ser moi daniños nestas idades.
Aquí vos presentamos as análises que se fixeron de imaxe fixa:
3 de xuño de 2017
"A Vaquiña polo que vale": novas dende o Xestal
O alumnado de 4º EP dentro do proxecto “A vaquiña polo
que vale” realizou unha investigación sobre as consecuencias do uso de Transxénicos e Glifosato na natureza e a relación entre os grandes cultivos de palma, soia,… e a deforestación de
grandes espazos de selva. Para isto, primeiro fixeron un repaso do proxecto
realizado o curso anterior sobre agricultura ecolóxica e desenvolvemento
sostible e despois centráronse na busca de información sobre o tema deste
proxecto e a preparación do guión do telexornal que podedes ver a continuación.
31 de maio de 2017
"A Vaquiña polo que vale": avaliaos o proxecto dos Masai. Queres ver que facemos cos robots?
Hoxe os nenos e profes de infantil avaliaron o seu proxecto dos Masai coa axuda de Mónica e o seu robot no Virxe DA Cela. Que ben o pasaron e canto saben estos nenos e nenas! Ás profes costoulles algo máis isto de andar con robots...
20 de maio de 2017
"A Vaquiña polo que vale": os Maios
Nesta sección o alumnado de 5º e 6º
contarannos a súa experiencia nesta xornada.
Organizados en equipos de traballo,
uns axudaron a decorar a zona con preciosas plantas de diferentes cores, outros
ocupáronse da tremoia e outros tiveron a sorte de ser presentadores deste
evento.
Pícache a curiosidade?. Se é
así……..alá vamos!!!
OS PRESENTADORES 2.0
Nós, Adrián, Antía, Eva e Damián fumos os
presentadores dos maios 2017.
O
que fixemos foi dar o paso aos nosos compañeiros que tiñan que facer as súas
actuacións, como bailes, obras de teatro…..
Ao
principio dábanos vergoña… cando saímos a presentar todo o mundo nos miraba
pero… pasámolo moi ben!!
OS MAIOS
O noso equipo foi o encargado de
colaborar na elaboración da alfombra e do maio. Por unha banda Hugo e Rubén R
estiveron a decorar o maio. Por outra banda, Nerea e Marta cortaron unha grande cantidade de tuias. Costounos caro, pero
mereceu a pena!
Todos os anos convócanse uns concursos de cans e cabalos
na que algúns afortunados co mellor can ou cabalo, gañan o 1º, 2º e 3º premios.
Despois faise unha exhibición de arrastre e doma.
TREMOIA
O venres celebramos os
Maios e o día das Letras Galegas.
Na clase organizamos os equipos para axudar a montar o
escenario. E a nós tocounos ocuparnos da “tremoia”.
Estivemos axudando a Marisol e a Carme. Con Marisol puxemos os atriles, para que os seus alumnos
puidesen ler ben as súas historias
Con Carme, axudamos a
facer os disfracese a colocar o escenario no que ían actuar os seus alumnos.
Tamén preparamos a sala para
os nenos e nenas tomasen asento. E por último recollimos todo e fúmonos comer,
despois dun longo traballo.
O traballo de tremoia foi realizado por: Andrea,
Cristina, Rubén F, Cristian e Ariadna.
BO TRABALLO, EQUIPO!
1 de maio de 2017
4 de abril de 2017
"A vaquiña polo que vale": o alumnado de 5º e 6º de primaria explica en Ciencias da Educación a súa experiencia co proxecto e a utilización das tecnoloxías como recurso de aprendizaxe.

Durante dúas horas, de 11.00 a 13.30 horas, un grupo de
catorce escolares de 5º e 6º curso de educación primaria do CPI Plurilingüe
Virxe da Cela xunto coas súas docentes impartiron docencia hoxe luns 4 de
abril, na Facultade de Ciencias da Educación (aula 24 do edificio de Campus
Norte). Esta é unha iniciativa que se desenvolve no marco das actividades
complementarias da materia ‘Deseño e avaliación de materiais didácticos’ de 4º
curso do grao de Mestre.
Na xornada, as profesoras Camino Pereiro e Lucía Abarrategui
xunto co grupo de escolares amosaron como a través de técnicas de traballo
cooperativo é posible integrar as TIC como tecnoloxías para a aprendizaxe e o
coñecemento. Concretamente, os nosos alumnos/as de 5º e 6º son os protagonistas dun proxecto práctico no que empregan as tecnoloxías
emerxentes -programación e robótica- e tradicionais –programa de radio- como
ferramentas de traballo na aula. Nesta sesión en Ciencias da Educación
explicaron o proceso de traballo realizado.
Parabens rapaces!!!!
Parabens rapaces!!!!
Aquí vos deixamos reportaxe fotográfica da xornada
Prensa
La Voz de Galicia: http://www.lavozdegalicia.es/noticia/ferrol/monfero/2017/04/04/alumnos-primaria-imparten-clase-facultade-ciencias-da-educacion-usc/0003_201704F4C12993.htm
Xornal USC» Alumnado de primaria explica en Ciencias da Educación a súa experiencia na utilización das tecnoloxías como material didáctico
Presentación Aprendo programando na Facultade de Ciencias da Educación - USC
3 de abril de 2017
"A Vaquiña polo que vale": o mundo que queremos
Concretamente, Marleni Polo traballa polo desenvolvemento destes bateyes en República Dominicana, e
comezou a facelo con só 13 anos de idade!!.
O papel das promotoras de saúde é organizarse entre as mulleres de forma
voluntaria que, coa axuda de ONGs galegas, de Asamblea de Cooperación pola Paz,
que comezou o seu traballo en Galicia coa execución dun proxecto en República
Dominicana, pretenden o acceso sostible a auga potable salubre e ao saneamento
básico e a mellora no eido sanitario nos bateyes.
Destacar o papel de Marleni por convertirse nun exemplo positivo para todas
as mulleres, dándolles protagonismo no desenvolvemento da súa comunidade e
reivindicando os seus dereitos desde unha perspectiva de xénero.
A charla rematou animando ao alumnado a ser consciente do poder que temos
cando todos e todas xuntos traballamos en prol da nosa comunidade.
25 de marzo de 2017
12 de marzo de 2017
ILLA DE RECICLAXE EN FUNCIONAMENTO
A nosa illa de reciclaxe xa está funcionando e xa a enchemos varias veces...
Temos organizado que o alumnado de EI e EP pode vir baleirar os seus puntos de recollida das aulas á illa, tamén se é moi abundante poden ir directamente aos contedores grandes do exterior.
Unha vez á semana, os venres na hora de ler, o alumnado de secundaria baixa o recollido nas súas aulas e sae segundo as quendas organizadas pola Xefatura de Estudos, para baleirar os nosos contedores nos da rúa.
Así se fixo este pasado venres polo alumnado de 2º de ESO:
Temos organizado que o alumnado de EI e EP pode vir baleirar os seus puntos de recollida das aulas á illa, tamén se é moi abundante poden ir directamente aos contedores grandes do exterior.
Unha vez á semana, os venres na hora de ler, o alumnado de secundaria baixa o recollido nas súas aulas e sae segundo as quendas organizadas pola Xefatura de Estudos, para baleirar os nosos contedores nos da rúa.
Así se fixo este pasado venres polo alumnado de 2º de ESO:
ILLA DE RECICLAXE
Xa temos funcionando un punto de recollida de lixo e refugallos non noso cole. Temos os tres contenedores amarelo, verde e azul, pero tamén continuamos recollendo os tapóns, as pilas e os cartuchos de tinta ou tóner.
Atópase no corredor da planta baixa do edificio novo. Temos organizados unhas quendas para baleirar os nosos contedores nos exteriores, así como para que o alumnado baixe das aulas o papel e outros refugallos reciclables.
Atópase no corredor da planta baixa do edificio novo. Temos organizados unhas quendas para baleirar os nosos contedores nos exteriores, así como para que o alumnado baixe das aulas o papel e outros refugallos reciclables.
Organización no interior da Illa de Reciclaxe
Organización das quendas de baleirado
Sogama proporcionounos unha presentación na que podemos ver como utilizalos e porque e tan necesaria a reciclaxe:
Subscribirse a:
Comentarios (Atom)




























