O pasado mércores 14 de xuño Evaristo García Canosa e Marcos
Fernández Francos, técnicos da Consellería de Medio Ambiente e
Ordenación do Territorio, pertencentes ao Instituto de Estudos do
Territorio, desenvolveron unha actividade práctica na que amosaron
ao alumnado de 1º e 4º de ESO distintas aplicacións topográficas
de ordenación do territorio. Así o alumnado puido identificar
distintas áreas do seu interese e indagar sobre aspectos como
usos do solo, distribución das parcelas, protección ambiental....
Entre a información subministrada cabe destacar a entrega de
varias ortofotos do centro, entre a que podemos salientar unha copia
da foto aérea do xestal do ano 1954.
Dita actividade encádrase dentro do programa Paisaxe e
Sustentabilidade desenvolvido conxuntamente pola Consellería de
Educación e Medio Ambiente e Ordenación do Territorio; e que
pretende desenvolver a capacidade de comprensión e interpretación
das paisaxes e dos territorios próximos nos que habita o alumnado.
Ningún comentario:
Publicar un comentario