8 de decembro de 2017

DECORACIÓN DE NADAL

Xa temos decorado o comedor cos traballos que fixeron os nenos, nenas e familias do CPI Virxe da Cela. Neste vídeo podedes ver o resultado final así como cada un dos traballos:


MOITAS GRAZAS A TODOS POLA VOSA CONTRIBUCIÓN¡¡¡

28 de novembro de 2017

Correspondencia co CEIP Anxo da Garda

Este ano volvemos a contactar co colexio Anxo da Garda da Coruña. O ano pasado falarámoslles de como é a nosa contorna e sobre o colexio e as súas actividades. Este curso comezamos de novo a actividade contándolles que fixemos este verán.


Queredes escoitarnos?


8 de novembro de 2017

Xornadas formativas para alumnado de practicum I e II de Educación Primaria (UDC)

Este martes, 7 de novembro o CPI Plurilingüe Virxe da Cela (alumnado de 5º e 6º de Ed. Primaria e 1º da ESO) participou nas Xornadas formativas para alumnado de practicum I e II de Educación Primaria (UDC). Compartimos experiencias e aprendizaxes co alumnado e co profesorado da facultade e con centros educativos que resaltan pola calidade dos seus proxectos educativos.

Esta actividade está deseñadas coa idea é ofrecerlle ao alumnado diversas mostras de propostas metodolóxicas innovadoras para complementar a súa formación no marco do grao que están a cursar e, ao mesmo tempo, animalos a que escollan os centros en que realizarán as prácticas polas posibilidades de formación docente, e non tanto por cuestións loxísticas relativas á proximidade, que é o que acontece na maioría dos casos.

Parabéns aos participantes, a estupenda organización (Estefanía Mosquera Castro) e as familias que nos acompañaron na estadía (Elia e Víctor Arufe Giráldez).