"A vaquiña polo que vale": todo un exito o Rastro Solidario
Todo un éxito a IX edición do xa tradicional Rastro
Solidario no Virxe da Cela. Coa ilusión de sempre os alumnos /as, profes, pais
, nais e persoal non docente visitaron durante todo o día de hoxe o rastro, facendo
as compras dos obxectos expostos. Coma nas últimas edicións, a compra foi por
medio do troco con alimentos e...non nos podemos queixar xa que recadamos preto
de 29 caixas que serán doadas á Cociña Económica de Ferrol. Tamén na nosa
caixiña de donativos recadamos a significativa cantidade de 250,20 € que serán para
apoiar á poboación afectada pola emerxencia en Perú debido ao fenómeno climático de El Niño, que
deixou ao seu paso 75 falecidos e 100.000 damnificados, e que enviaremos a
través da ONG Ayuda en Acción.
Como complemento á xornada de hoxe o alumnado do centro
asistiu a diversos obradoiros de Comercio Xusto e consumo responsable impartidos
polos membros da ONG Solidariedade Internacional Galicia.
Queremos agradecer a colaboración das nais da ANPA que estiveron
toda a mañá axudando a organizar os alimentos en caixas e a facilitar as
compras dos máis pequenos, ao profesorado implicado e por suposto ao alumnado
de 4º ESO e 3º ESO xa que sen eles non sería posible a realización de este
exitoso IX Rastro Solidario.
Ningún comentario:
Publicar un comentario