Alá polo mes de xaneiro puxemos en funcionamento a instalación
e uso da composteira que nos facilitou Sogama. Co alumnado de 4º
de ESO a montamos e a instalamos no patio exterior preto da porta da cociña.
Seguindo as instrucións dadas por Sogama puxémola directamente en contacto
ca terra e o primeiro que depositamos foron unha polas que recolleron os nenos do patio, para que
permita o acceso de aire e evitar que calle.
Dende a Xefatura de Estudos
organizáronse quendas para baleirar os cubos dos puntos de recollida. Ditos
puntos foron dous: un no patio cuberto e o outro no comedor. O do patio, co fin
de recoller os restos de froita que se consume no tempo de lecer. O do comedor
para que o alumnado de secundaria bote alí os restos dos pratos que sexan
susceptibles de ir ao compost.
Para que o alumnado soubese distinguir
que cousas poden ir ao compost e cales non, fixemos un cartel xigante que
situamos no patio cuberto, na parede que da acceso ao comedor, e tamén situamos
debaixo del o cubo de recollida.
O cartel fixémolo colectivamente co
alumnado de Educación plástica de distintos cursos xa que o foron facendo no
tempo libre.
Ningún comentario:
Publicar un comentario