6 de xuño de 2017

"A Vaquiña polo que vale": os maios no Xestal!!!

O día 19 de maio celebráronse os Maios no Xestal.
 Nesta sección o alumnado de 5º e 6º contarannos a súa experiencia nesta xornada.

Organizados en equipos de traballo, uns axudaron a decorar a zona con preciosas plantas de diferentes cores, outros ocupáronse da tremoia e outros tiveron a sorte de ser presentadores deste evento.

            Pícache a curiosidade?. Se é así……..alá vamos!!!


OS PRESENTADORES 2.0

Nós, Adrián, Antía, Eva e Damián fumos os presentadores dos maios 2017.
O que fixemos foi dar o paso aos nosos compañeiros que tiñan que facer as súas actuacións, como bailes, obras de teatro…..
Ao principio dábanos vergoña… cando saímos a presentar todo o mundo nos miraba pero… pasámolo moi ben!!


OS MAIOS

O venres 19 de maio no C.P.I.P. Virxe da Cela, na clase de Música estivemos a facer uns equipos.
 O noso equipo foi o encargado de colaborar na elaboración da alfombra e do maio. Por unha banda Hugo e Rubén R estiveron a decorar o maio. Por outra banda, Nerea e Marta cortaron unha grande cantidade de tuias. Costounos caro, pero mereceu a pena!

 Cerca do noso colexio tamén se celebra a “Feira das Flores” en Vilarmaior, coñecida como “A Feira do Tres”.
Todos os anos convócanse uns concursos de cans e cabalos na que algúns afortunados co mellor can ou cabalo, gañan o 1º, 2º e 3º premios.
 Despois faise unha exhibición de arrastre e doma.

TREMOIA

O venres celebramos os Maios e o día das Letras Galegas.
 Na clase organizamos os equipos para axudar a montar o escenario. E a nós tocounos ocuparnos da “tremoia”.
 Estivemos axudando a Marisol e a Carme. Con Marisol  puxemos os atriles, para que os seus alumnos puidesen ler ben as súas historias


Con Carme, axudamos a facer os disfracese a colocar o escenario no que ían actuar os seus alumnos.


Tamén preparamos a sala para os nenos e nenas tomasen asento. E por último recollimos todo e fúmonos comer, despois dun longo traballo.
O traballo de tremoia foi realizado por: Andrea, Cristina, Rubén F, Cristian e Ariadna.



BO TRABALLO, EQUIPO!

Ningún comentario:

Publicar un comentario