Os nenos e nenas de 5º curso de primaria do CPI Plurilingüe
Virxe da Cela de Monfero organizaron para os nenos e nenas de 2º de primaria un
concurso cooperativo de Master Chef Junior no que os pratos foron elaborados só
con froita.
O traballo organizativo repartiuse
entre o alumnado de 5º representando os papeis de Eva, Samanta, Pepe e Jordi.
Logo fixeron dous equipos: o vermello e o azul. O primeiro
día os nenos e nenas de 2º de primaria buscaron no ordenador ou nun libro o
prato que elaborarían.
Unha vez
escollido o prato tiveron que debuxar o
prato que querían elaborar, e anotar os ingredientes.
Os alumnos de segundo, tanto o equipo vermello como o equipo
azul, elaboraron uns pratos riquísimos, premiados por igual!!
O terceiro día entregáronse os diplomas do concurso
Master Chef Junior
Os diplomas serán individuais e asinados por: Jordi, Pepe, Samanta,
Eva unhas firmas privilexiadas para os nenos.
A día 10 de maio
Jordi
(Damián) Pepe(Adrián) Samanta(Antía) Eva
(Eva)
Ningún comentario:
Publicar un comentario