25 de xuño de 2017

COLLAGE COLECTIVO DOS TRES RRR


O alumnado de 1º de ESO traballou neste último trimestre nun collage colectivo sobre a importancia dos tres R: Reduce, Reutiliza e Recicla. Dentro da materia de Educación Plástica, Visual e Audiovisual, temos unha unidade didáctica sobre as texturas e decidimos traballala a través dunha obra colectiva. Para a mesma reutilizamos un taboeiro que tiña un póster xa en desuso e os rapaces e rapazas aportaron distintos materiais de refugallo, sobre todo envases e algún residuo tecnolóxico.

O tema escollido foi unha cidade fea e escura feita con estes materiais e en contraposición fixemos un cartel con tres fotos da paisaxe galega nos que sobreimprimimos as palabras: REDUCE, REUTILIZA e RECICLA, de cor branco, para remarcar o contraste entre o que queremos e o que non queremos para o noso futuro.

Esta obra situámola no corredor principal de Secundaria, xusto en fronte da Illa de Reciclaxe, ca intención de que permaneza alí por moitos anos…

Ningún comentario:

Publicar un comentario