28 de xuño de 2017
Xogos reciclados e obradoiro. Garabatos de Xogo
O pasado venres 16 de xuño tivemos a visita de Garabatos de Xogo, unha empresa familiar que asistiu ó CPI Plurilingüe Virxe da Cela cun obradoiro chamado Garabatos Xogando. Dito obradoiro consistía nunha xincana de xogos para experimentar, feitos con materiais reciclados, maioritariamente metais e aluminios.
Nun primeiro lugar, deixouse liberdade os rapaces e rapazas de educación infantil para explorar pola súa conta e posteriormente, dividiuse á etapa en pequenos grupos nos que se foron explicando o funcionamento dos xogos.
27 de xuño de 2017
XOGO DE MULTIPLICAR E DIVIDIR (MATERIAIS RECICLADOS)
A
profesora Carmen Espiñeira cos seus alumnos de 3º de EP construíron un xogo par afianzar os coñecementos de tabla de multiplicar de maneira lúdica e de xeito grupal:
GEN10S Party en Madrid
Celebramos a segunda edición da GEN10S Party en Madrid, participando con máis de 100 nenos e ninas, de 5º e 6º de primaria, de 51 centros educativos de toda España.
O NOSO COLE NO PROGRAMA "A REVISTA DA TVG"
Na Revista Fin de Semana o CPI Plurilingüe Virxe da Cela!!!!
Mil grazas a todo o equipo do programa e a: alumnado, familias e profesorado pola súa implicación e motivación!!!Mil grazas a Yolanda Castro por embarcarnos nas TAC!!!
25 de xuño de 2017
Compostaxe doméstica no colexio
Alá polo mes de xaneiro puxemos en funcionamento a instalación
e uso da composteira que nos facilitou Sogama. Co alumnado de 4º
de ESO a montamos e a instalamos no patio exterior preto da porta da cociña.
Seguindo as instrucións dadas por Sogama puxémola directamente en contacto
ca terra e o primeiro que depositamos foron unha polas que recolleron os nenos do patio, para que
permita o acceso de aire e evitar que calle.
Dende a Xefatura de Estudos
organizáronse quendas para baleirar os cubos dos puntos de recollida. Ditos
puntos foron dous: un no patio cuberto e o outro no comedor. O do patio, co fin
de recoller os restos de froita que se consume no tempo de lecer. O do comedor
para que o alumnado de secundaria bote alí os restos dos pratos que sexan
susceptibles de ir ao compost.
Para que o alumnado soubese distinguir
que cousas poden ir ao compost e cales non, fixemos un cartel xigante que
situamos no patio cuberto, na parede que da acceso ao comedor, e tamén situamos
debaixo del o cubo de recollida.
O cartel fixémolo colectivamente co
alumnado de Educación plástica de distintos cursos xa que o foron facendo no
tempo libre.
COLLAGE COLECTIVO DOS TRES RRR
O alumnado
de 1º de ESO traballou neste último trimestre nun collage colectivo sobre a
importancia dos tres R: Reduce, Reutiliza e Recicla. Dentro da materia de
Educación Plástica, Visual e Audiovisual, temos unha unidade didáctica sobre as
texturas e decidimos traballala a través dunha obra colectiva. Para a mesma
reutilizamos un taboeiro que tiña un póster xa en desuso e os rapaces e rapazas
aportaron distintos materiais de refugallo, sobre todo envases e algún residuo
tecnolóxico.
O
tema escollido foi unha cidade fea e escura feita con estes materiais e en
contraposición fixemos un cartel con tres fotos da paisaxe galega nos que
sobreimprimimos as palabras: REDUCE, REUTILIZA e RECICLA, de cor branco, para
remarcar o contraste entre o que queremos e o que non queremos para o noso
futuro.
Esta
obra situámola no corredor principal de Secundaria, xusto en fronte da Illa de
Reciclaxe, ca intención de que permaneza alí por moitos anos…
24 de xuño de 2017
Reutilización do papel nas aulas
Estas caixiñas están por o noso centro en todas as aulas e espazos: biblioteca, entradas, sala do profesorado...
Non todas son iguais, as das aulas están "personalizadas", pero o máis importante é utlizalas e darlle ao papel un bo uso cunha segunda e ata terceira vida.
23 de xuño de 2017
“Un partido polo planeta”
Dentro do programa Reciclando con Sogama estivemos recibindo moitísimas actividades ao longo do curso unha delas foi o xogo: "Un partido polo planeta".
Esta noticia quedounos pendente por publicar dende o mes de xaneiro, pero non por iso imos deixar de facelo:
Os nenos de 4º de EP nos contaban alá polo 20 de xaneiro: O
outro día estivemos na aula xogando a “Un partido polo planeta”. Con este xogo
puidemos demostrar todo o que aprendemos cos monitores que viñeron de Sogama a
ensinarnos a reciclar, ademais de divertirnos con todas as probas que nos
plantearon: fixemos dramatizacións, adiviñas e incluso tivemos que bailar unha muiñeira…
Pasámolo fenomenal!!!
22 de xuño de 2017
20 de xuño de 2017
Técnicos da Consellería de medioambiente amosan ao alumnado de ESO aplicacións de topografía de ordenación do territorio
O pasado mércores 14 de xuño Evaristo García Canosa e Marcos
Fernández Francos, técnicos da Consellería de Medio Ambiente e
Ordenación do Territorio, pertencentes ao Instituto de Estudos do
Territorio, desenvolveron unha actividade práctica na que amosaron
ao alumnado de 1º e 4º de ESO distintas aplicacións topográficas
de ordenación do territorio. Así o alumnado puido identificar
distintas áreas do seu interese e indagar sobre aspectos como
usos do solo, distribución das parcelas, protección ambiental....
Entre a información subministrada cabe destacar a entrega de varias ortofotos do centro, entre a que podemos salientar unha copia da foto aérea do xestal do ano 1954.
Dita actividade encádrase dentro do programa Paisaxe e Sustentabilidade desenvolvido conxuntamente pola Consellería de Educación e Medio Ambiente e Ordenación do Territorio; e que pretende desenvolver a capacidade de comprensión e interpretación das paisaxes e dos territorios próximos nos que habita o alumnado.
Entre a información subministrada cabe destacar a entrega de varias ortofotos do centro, entre a que podemos salientar unha copia da foto aérea do xestal do ano 1954.
Dita actividade encádrase dentro do programa Paisaxe e Sustentabilidade desenvolvido conxuntamente pola Consellería de Educación e Medio Ambiente e Ordenación do Territorio; e que pretende desenvolver a capacidade de comprensión e interpretación das paisaxes e dos territorios próximos nos que habita o alumnado.
18 de xuño de 2017
Separación selectiva de lixo
Os nenos de infantil acabaron este curso dominando a separación selectiva de lixo
Este
ano dende o Proxecto “Reciclando no planeta Xestal” quixemos acadar o obxectivo
de que en todas as aulas e espazos do centro se fixera a separación selectiva
do lixo. Así se puxeron distintos contedores en todas as aulas. Cada curso ca
súa titora ou titor buscou o xeito de solucionalo fomentando a reutilización e
o traballo persoal do alumnado así veredes que nalgunhas aulas se colleron
caixas de cartón e noutras as papeleiras que xa se tiñan, pero engadindo dúas
máis.
O
obxectivo era ter contedores para:
- papel e cartón (azul)
-
envases (amarelo)
-
residuos non reciclables (verde)
Cada aula resolveu de xeito diferente a recollida selectiva
A
separación a continuamos ca composteira, situando nun espazo común dous cubos
destinados á mesma, e tamén ca recollida de pilas e tóner e cartuchos de tinta
na Illa de reciclaxe.
Estas papeleiras das aulas vacíanse nos contedores da illa de reciclaxe.
Recollida de tapóns solidarios
En Praza Pública
No nome da Comunidade educativa queremos agradecer a Praza Pública a posta en valor das actuacións do centro que realizaron no seu artigo da pasada semana.
Cremos nunha educación pública de calidade, que teña en conta as singularidades do contexto e do alumnado e que ao mesmo tempo atenda as necesidades e problemáticas sociais . Falamos de unha educación "responsable" coa sociedade entendida como un esforzo compartido polo conxunto da sociedade.
Aquí os medios de comunicación teñen un papel fundamental: dar visibilidade a actuacións e transmitir a importancia dunha cidadanía crítica e responsable, capaz de empoderarse socialmente.
Grazas por ser artífices destes valores!!!!!!!!!
"A Vaquiña polo que vale": Premios Aprendo Programando
Finalmente o Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica en Informática (CPETIG) entregou os galardóns da segunda convocatoria do seu Concurso de Scratch Aprendo programdo, unha iniciativa dirixida a fomentar nos escolares o interese polo desenvolvemento informático, ou sexa, por construír coas súas propias mans a Sociedade do Coñecemento botando man da ferramenta Scratch.
O certame tivo como temática, para nesta segunda edición, “convivir en igualdade” e estivo patrocinado por El Corte Inglés e Alvarellos Editora. A cita foi o sábado 17 de xuño e celebrouse no El Corte Inglés de Santiago. No acto de entrega de recoñecementos participaron algo máis de 70 persoas entre as que se atopaban os rapaces premiados acompañados na súa maioría dos seus pais e profesorado dos centros.
O acto estivo presidido por Marcos Mata, presidente do CPETIG; Maximino Tuñas, responsable de Sistemas de Información El Corte Inglés Santiago; e Henrique Alvarellos, director de Alvarellos Editora.
Así, o xurado do II Concurso de Scratch Aprendo Programando, emitiu o seguinte fallo:
Na categoría de primaria, o 1º premio recaeu no proxecto Farm Adventure do grupo Os5imparables do centro CPI PLURILINGÜE VIRXE DA CELA baixo a supervisión de Camino Pereiro González. e o 2º premio no Proxecto As inventoras do grupo gijasaed do centro CEIP SAN MARTIÑO baixo a supervisión de Ángeles Martín Méndez
En canto á categoría de secundaria, o 1º premio acadouno o Proxecto Convivir no Mestre Landin do grupo MLprogramers do centro IES MESTRE LANDIN baixo a supervisión de Héber Jaime García Fernández e o segundo premio foi para o proxecto Proxecto IgualDado do grupo 2ºESO do centro IES CARLOS CASARES baixo a supervisión de Almudena Rouco Vilar
O concurso é unha actividade máis das que ven realizando o CPETIG nos últimos anos de cara a difundir os valores da programación entre os nenos, os seus pais e os seus formadores.
Ferramenta que promove o pensamento creativo
Scratch é unha ferramenta informática que permite aos usuarios programar historias interactivas, xogos e animacións, e compartilas en liña con outros membros da comunidade. Deseñada para nenos de idades entre os 8 e os 16 anos, axuda aos máis novos a aprender a pensar de xeito creativo, razoar sistematicamente, e traballar en colaboración coa comunidade.
Entre os obxectivos do concurso esta “fomentar a aprendizaxe no desenvolvemento de aplicacións informáticas con Scratch; comprender a potencia do seu uso como ferramenta didáctica; favorecer metodoloxías e casos de éxito da ensinanza da programación con este software; e desenvolver estratexias de integración da programación con Scratch en distintas etapas e disciplinas educativas”.
Toda a información do concurso está habilitada na web específica do CPETIG, aprendoprogramando.cpetig.org.
Scratch é unha ferramenta informática que permite aos usuarios programar historias interactivas, xogos e animacións, e compartilas en liña con outros membros da comunidade. Deseñada para nenos de idades entre os 8 e os 16 anos, axuda aos máis novos a aprender a pensar de xeito creativo, razoar sistematicamente, e traballar en colaboración coa comunidade.
Entre os obxectivos do concurso esta “fomentar a aprendizaxe no desenvolvemento de aplicacións informáticas con Scratch; comprender a potencia do seu uso como ferramenta didáctica; favorecer metodoloxías e casos de éxito da ensinanza da programación con este software; e desenvolver estratexias de integración da programación con Scratch en distintas etapas e disciplinas educativas”.
Toda a información do concurso está habilitada na web específica do CPETIG, aprendoprogramando.cpetig.org.
13 de xuño de 2017
Proxecto recreación ecosistemas da zona polo alumnado de bioloxía de 4º ESO
O alumnado de 4º ESO instalou no centro a recreación de varios ecosistemas da zona.
Os ecosistemas elexidos para recrear en acuarios ou terrarios foron unha charca da zona intermareal e 2 ecosistemas húmidos de bosque atlántico.
Antes de comezar á realización dos ecosistemas o alumnado por grupos tivo que realizar un proxecto do ecosistema a desenvolver. Así durante o primeiro trimestre fixeron unha visita á área técnica do Acuario Finisterrae para poder observar como os científicos do acuario coruñes realizan as súas tarefas de mantemento.
Unha vez que xa tiveron claro por que tipo de ecosistema decidirse remataron o proxecto e iniciaron a súa realización. para o cal realizáronse varias saídas apola contorna do centro e a praia de O Penedo en Bergondo para preparar os terrarios e acuarios.
Imaxes dos acuarios e terrarios:
Os ecosistemas elexidos para recrear en acuarios ou terrarios foron unha charca da zona intermareal e 2 ecosistemas húmidos de bosque atlántico.
Antes de comezar á realización dos ecosistemas o alumnado por grupos tivo que realizar un proxecto do ecosistema a desenvolver. Así durante o primeiro trimestre fixeron unha visita á área técnica do Acuario Finisterrae para poder observar como os científicos do acuario coruñes realizan as súas tarefas de mantemento.
Unha vez que xa tiveron claro por que tipo de ecosistema decidirse remataron o proxecto e iniciaron a súa realización. para o cal realizáronse varias saídas apola contorna do centro e a praia de O Penedo en Bergondo para preparar os terrarios e acuarios.
Alumnado de 4º de ESo na praia de O Penedo |
Charca intermareal |
Alumnado examinando a biodiversidade das charcas |
Imaxes dos acuarios e terrarios:
"A Vaquiña polo que vale": GEN10S PARTY
Tres alumnos de primaria do noso cole xunto a súa
profe Camino participan na GEN10S
Party que se
está a celebrar hoxe 12 de xuño en Madrid.
A GEN10S
Party é un
evento no que os equipos participantes mostran e comparten as súas propostas
para resolver o reto de Xene1Os. En cada edición, proponse unha temática que convide os equipos participantes
a reflexionar sobre a mellora dalgún aspecto da súa contorna social. A
organización describirá a temática e engadirá un conxunto de restricións para
dar complexidade ao reto.
A temática deste ano 2017 é: A loita contra o traballo infantil e o reto programar unha historia, unha historia interactiva, un videoxogo ou unha aplicación na que se aborde a problemática dos nenos e nenas que son obrigados a traballar (no campo, nunha fábrica, etc.)
A xornada concluirá con talleres de innovación tecnolóxica
dirixidos aos nenos e nenas participantes.
Moita sorte aos rapaces do noso cole e a súa profe Camino
que están nestes momentos gozando da experiencia en Madrid.
7 de xuño de 2017
6 de xuño de 2017
"A vaquiña polo que vale": velaí unhas liñas sobre o programa interxeracional e o do leite.
Ao longo do curso, aula de 4º de primaria do CPI Virxe da Cela pasou a ser, nas sesións do obradoiro de radio, interxeracional. Veciños e veciñas da zona, traballaron conxuntamente co alumnado para sacar adiante dous programas de radio. O primeiro, foi sobre Carlos Casares, o autor homenaxeado nas Letras Galegas e o segundo sobre o Patrimonio Cultural Inmaterial da zona. Ademais, esta experiencia tivo o engadido de coprodución radiofónica co alumnado de 2º da ESO do Castro Baxoi de Miño.
O traballo cooperativo foi a base deste proxecto onde maiores e pequenos traballaron en relación de iguais xerando contidos relacionados coas festas, tradicións e lendas. Ademais, tamén houbo tempo de falar dos modos de vida tradicionais, costumes, lembranzas e xogos de antes.
Por outra banda, o programa é unha achega aos diferentes tipos de patrimonio, poñendo especial interese no patrimonio natural. O marco no que se desenvolveu esta experiencia é un xeito de promover unha educación para o desenvolvemento e amosar como a radio e a educación poden contribuír na creación dunha sociedade para tódalas idades. Esta experiencia forma parte dun proxecto de investigación que quere amosar as potencialidades da radio para xerar aprendizaxes interxeracionais e pode consultarse a través do blogue www.radiointerxeracional.wordpress.com.
Do mesmo xeito, o contacto cos maiores facilitou o traballo do grupo de 5º e 6º de primaria que elaboraron un programa arredor do mundo leiteiro no que se recollen reportaxes sobre a visita que fixeron a unha granxa e unha queixería da zona. O programa tamén inclúe a entrevista a un veterinario e a dúas avoas que se adicaron, no pasado, ao mundo do leite e unha nai que hoxe en día ten unha pequena explotación.
O proceso de investigación, o contacto coas fontes directas e a recollida de sons e voces permitiron ao alumnado traballar dun xeito cooperativo, valorar aos maiores como fontes de sabiduría, pero tamén como persoas activas e con capacidade de traballo, achegarse ao mundo do leite, moi presente na contorna, e facelo dun xeito creativo e dinámico. Este programa fíxose no marco do proxecto multidisciplinar A vaquiña polo que vale.
"A vaquiña polo que vale": xogos serios no Aprendo Programando e GEN10s Party
Un neno con diversidade funcional foi a unha granxa, pero o granxeiro non lle deixaba pasar, entón deberá respostar a unhas preguntas para poder entrar. Ao acertar as preguntas escápase unha vaca e hai que collela. Para facelo tedes que amosar canto coñecedes destes animais, así volveran á escola.
Xogo interactivo onde deberás axudar a un neno a superar unha serie de probas. Serás quen de facelo?
Un niño con diversidad funcional llega a la escuela por primara vez, su madre no quería que asistiese porque tenia que ayudar en casa. Dentro de clase todo parecía estar bien bien hasta que entro su madre, que le indico que debía irse, que no tenia las suficientes capacidades para ir ala escuela. El profesor pensaba lo contrario, así propuso que la madre comprobase las verdaderas capacidades de su hijo. Así, el profesor le hizo unas preguntas a el niño. Ayúdale a acertar las preguntas, si aciertas más de cuatro ganas y si no aciertas, tienes la posibilidad de intentarlo de nuevo.
"A vaquiña polo que vale": enquisa dos alumnos e alumnas de 1º e 2º as familias
Os nenos e nenas de 1º e 2º de Primaria fixeron varios traballos para o
proxecto A VAQUIÑA POLO QUE VALE. Un
deses traballos foron unhas entrevistas sobre O LEITE.
Cunhas sinxelas
preguntas relacionaron o pasado e o presente. Primeiro preguntaron sobre a
recollida do leite, o seu reparto…..Despois sobre a alimentación das vacas e a
súa relación coa calidade, o sabor do leite e algunha cousa máis. Unha vez
feitas as entrevistas, expuxéronas na clase.
As conclusións as que chegaron son:
- · A alimentación das vacas era máis natural antes que agora.
- · Hoxe ademais de herba comen penso e silo, e saen pouco das cortes.
- · Isto inflúe no sabor do leite e pode que na súa calidade.
- · Os campos trátanse con fertilizantes e abonos químico e estes produtos chegan a nos a través do leite.
- · É moi importante coidar a natureza, o medio ambiente, porque así coidámonos nos.
- · Tamén nos contaron os maiores que antes as familias eran máis numerosas e que había dificultades para a súa alimentación pero leite non faltaba .Hoxe a nós non nos pasa, hai máis posibilidades e temos una dieta variada e equilibrada.
- · Pero sabemos que isto non ocorre en todo o mundo, hai lugares onde as dificultades para comer cada día son moi grandes.
- · Nós, nenos e nenas de 1º e 2ºpensamos que hai que conseguir que todas as persoas coman o necesario cada día. Aprendemos que hai organizacións que traballan para conseguilo, son as ONG.
"A Vaquiña polo que vale": os maios no Xestal!!!
Nesta sección o alumnado de 5º e 6º
contarannos a súa experiencia nesta xornada.
Organizados en equipos de traballo,
uns axudaron a decorar a zona con preciosas plantas de diferentes cores, outros
ocupáronse da tremoia e outros tiveron a sorte de ser presentadores deste
evento.
Pícache a curiosidade?. Se é
así……..alá vamos!!!
OS PRESENTADORES 2.0
Nós, Adrián, Antía, Eva e Damián fumos os
presentadores dos maios 2017.
O
que fixemos foi dar o paso aos nosos compañeiros que tiñan que facer as súas
actuacións, como bailes, obras de teatro…..
Ao
principio dábanos vergoña… cando saímos a presentar todo o mundo nos miraba
pero… pasámolo moi ben!!
OS MAIOS
O noso equipo foi o encargado de
colaborar na elaboración da alfombra e do maio. Por unha banda Hugo e Rubén R
estiveron a decorar o maio. Por outra banda, Nerea e Marta cortaron unha grande cantidade de tuias. Costounos caro, pero
mereceu a pena!
Todos os anos convócanse uns concursos de cans e cabalos
na que algúns afortunados co mellor can ou cabalo, gañan o 1º, 2º e 3º premios.
Despois faise unha exhibición de arrastre e doma.
TREMOIA
O venres celebramos os
Maios e o día das Letras Galegas.
Na clase organizamos os equipos para axudar a montar o
escenario. E a nós tocounos ocuparnos da “tremoia”.
Estivemos axudando a Marisol e a Carme. Con Marisol puxemos os atriles, para que os seus alumnos
puidesen ler ben as súas historias
Con Carme, axudamos a
facer os disfracese a colocar o escenario no que ían actuar os seus alumnos.
Tamén preparamos a sala para
os nenos e nenas tomasen asento. E por último recollimos todo e fúmonos comer,
despois dun longo traballo.
O traballo de tremoia foi realizado por: Andrea,
Cristina, Rubén F, Cristian e Ariadna.
BO TRABALLO, EQUIPO!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)