Esta semana finalizaron en Monfero as “I Xornadas de Convivencia Escola-Universidade”, organizadas polo CPI Plurilingüe Virxe da Cela de Monfero e a Facultade de Ciencias da Educación da Universidade da Coruña. Foi un espazo de encontro entre a comunidade educativa do CPI e os estudantes do primeiro curso do Grao en Educación Primaria da UDC, dirixido a promover o coñecemento mutuo e a fomentar o traballo colaborativo entre ambos os colectivos.
As xornadas desenvólvense ao longo de dous días (10 de novembro e 7 de decembro de 2015), nos que os estudantes universitarios desprazáronse ata Monfero para coñecer de primeira man os distintos proxectos educativos que se están levando a cabo desde o CPI Virxe da Cela.
Desta forma, en palabras de Helena Zapico, profesora do Departamento de Pedagoxía e Didáctica da Universidade da Coruña e unha das promotoras da iniciativa, “as futuras mestras e mestres, que veñen de iniciar a súa andaina formativa na UDC, interactuando coas cativas e cativos de Primaria, así como co profesorado do centro, participando directamente en distintos proxectos, tales como os obradoiros de Radio itinerante Creativa ou de Programación e pensamento computacional ".
Trátase de dúas das propostas pedagóxicas desenvolvidas durante este curso no CPI e que, segundo a directora do centro, Mª del Camiño Pereiro, permiten configurar a escola como unha comunidade de aprendizaxe, máxime cando nos atopamos nun ámbito rural, que necesita do coñecemento e a valoración da formación como vía de desenvolvemento persoal e social.”
Na primeira xornada, ademais de participar nos obradoiros e de crear micro-relatos de sensibilización ambiental para logo compartilos a través da radio, o alumnado universitario involucrouse, entre outras actividades, no desenvolvemento dunha mesa redonda sobre o tema “Educar en comunidade: máis aló do ámbito curricular", onde descubriron da man do profesorado e dos alumnos e alumnas do CPI novas formas de ensinar e aprender.
Os rapaces de 3º e 4º de primaria da Radio do CPI Virxe da Cela, reciben neste primeiro encontro Escola-Universidade a mestres en potencia; todos facendo radio en prol do medio ambiente. No espazo, tivemos a oportunidad de falar ca Directora do Estudos do Territorio, Inés Santé, que nos falou sobre o Premio a Paisaxe e Sustentabilidade que acadou o CPI Virxe da Cela
Ditas actuacións, reforzáronse co desenvolvemento da segunda xornada, onde o eixo central xiro ao redor de "A educación como aposta de futuro"; reflexión compartida onde alumnado, familias (representadas pola ANPA), profesorado e futuros docentes debateron sobre o modelo educativo actual e sobre os retos de futuro que debe afrontar.
Dentro desta liña, destacaremos as entrevistas realizadas no marco da xornadas ao docente Carlos García Pérez e a Inés Santé Riveira, directora do Instituto de Estudos do Territorio. Como vemos, o desenvolvemento destas xornadas é un paso máis no camiño da colaboración que iniciaron entre ambas institucións, pois como conta Helena Zapico, “a través de Nova Escola Galega e especialmente do seu grupo Cavila, fomos coñecendo algúns dous magníficos proxectos de innovación educativa que se ían desenvolvendo no Virxe da Cela, coma por exemplo ou Monfero solidario, Sustentabilidade e Paisaxe, E-Dixgal…
Foi así como comezamos a analizar estas iniciativas nas nosas aulas e mesmo o ano pasado convidamos ao cole a participar nunhas xornadas de Prácticum celebradas na nosa facultade, nas que o propio alumnado explicaba aos nosos estudantes de último ano de carreira como estaban a traballar no colexio e como crían que debía ser un bo docente. Pouco a pouco, vaise consolidando este contacto co CPI, ata que neste curso decidimos dar un paso máis, e velaquí estamos!”. Unha forma máis de dar a coñecer propostas educativas valiosas e de mellorar ademais a formación dos futuros profesionais da educación.
Prensa:
LA VOZ DE GALICIA
Estudiantes de la UDC trabajan con los alumnos del colegio de Monfero
Ningún comentario:
Publicar un comentario