4. comic malala from satelite1
4. comic malala from satelite1
DÍA DA PAZ: O TEU ENIMIGO
EXPOSICIÓN DE LIBROS E PELÍCULAS SOBRE A PAZ
CHARLA SOBRE O HOLOCAUSTO
En maio de 2008 un grupiño de estudantes do colexio CPEB Carlos Bousorio (Boal, Asturias), acompañados pola súa profesora Conchi Sanfiz Fernández, visitaron o campo de concentración nazi de Mauthausen nunha actividade encadrada nun interesantísimo proxecto de investigación.
Tiveron a oportunidade de asistir á Conmemoración Internacional da liberación do campo de Mauthausen (a liberación aconteceu o 5 de maio de 1945), e vivir este emotivo momento ao carón de varios superviventes españois que ano tras ano se dirixen a esta cidade austríaca para honrar ás vítimas do Holocausto. Estímase que neste campo morreron máis de 120.000 persoas, 7.000 delas deportados de nacionalidade española.
Nas palabras de José, un dos alumnos que realizou esta viaxe,
“Os deportados son parte dunha Historia viva que necesitamos coñecer para que o noso presente sexa moito mellor e para que eses erros que se cometeron no pasado nunca máis se volvan a repetir. Non debemos deixar caer no esquecemento as súas valiosas testemuñas”.
Importante labor que está levando a cabo Conchi Sanfiz, que actualmente imparte docencia no colexio de Guitiriz e que amablemente aceptou a invitación da nosa orientadora, Verónica del Río, para vir ao noso centro a transmitir a súas vivencias nun día moi especial, o venres 29 de xaneiro de 2016, como acto conmemorativo do Día da Paz. Todos os alí presentes escoitamos en absoluto silencio e co corazón encollido as súas palabras e observamos con respecto as imaxes mostradas na proxección, recoñecendo a crueldade á que é capaz de chegar o ser humano e prometendo manter viva a memoria de milleiros de vítimas inocentes para que estas atrocidades non se volvan a repetir na Historia.
Iria holocausto from satelite1
Ningún comentario:
Publicar un comentario