3 de abril de 2016

NO RURAL VIVES O NATURAL


CHARA DE MULLERES DO RURAL


PLENO NO CONCELLO DE IRIXOA


O pasado 30 de abril o alumnado de 5º e 6º de Ed. Primaria do CPI Plurilingüe Virxe da Cela acode ao pleno ordinario do Concello de Irixoa (13:30) dentro dunha iniciativa destinada a fomentar a organización do alumnado en prol dunha aprendizaxe que repercuta na sociedade na que se desenvolve, é decir que se formen cidadáns críticos e responsables. Trátase de que aprendan a xestionar as súas accións de forma coordinada, cooperativa, dialogante e democrática.

En dito pleno  presentamoas una moción de apoio ó rural en todas as súas vertentes (sociedade, cultura, economía …)  que, acompañada dunha campaña de difusión das súas potencialidades, pretende facer visible ó conxunto da sociedade unha forma de vida singular e propia que non ten por qué desaparecer da nosa Comunidade, xa que foi a base da sociedade actual. 

Ademais  expuxéronse as problemáticas máis urxentes: despoboamento, avellentamento, falla de recursos e infraestruturas, ou a crise tanto do sector agrícola como do gandeiro, facendo fincapé na perda de poder adquisitivo das xentes que vivimos ó seu redor.

Dita moción foi aprobada por unanimidade.

A mesma proposta tamén se trasladará no seu momento ó concello de Monfero.

Os encargados de formular a proposta (alumnado de 5º e 6º de Ed. Primaria) forman parte da  Asociación Educativa Infantil e Xuvenil Soño Rural, que constituíu dito alumnado o pasado 8 de abril como fórmula para aglutinar as actuacións que se desenvolven no centro en prol dunha revalorización das formas de vida do rural e, o mesmo tempo  fomentar a participación nas mesmas do resto da comunidade educativa e do tecido social da comarca. 

Ademais, as mesmas formaran parte dunha campaña de difusión automática dos valores e potencialidades do rural baixo o título “NO RURAL VIVES O NATURAL”. Dita campaña, contará cun soporte físico publicitario, e tamén será difundida a través de medios dixitais para ampliar o seu ámbito de acción.

Entre as temáticas que tratará a campaña están a valoración do patrimonio natural, histórico, artístico, lingüístico, cultural, etnográfico e social entre outros a través de exemplos cotías das formas de desenvolvemento das súas xentes.

En definitiva, cremos nun mundo rural vivo, no que partindo das súas potencialidades e dunha valoración positiva da súa idiosincrasia sexa quen de acadar un crecemento sostible e a valoración e o respecto da súa singularidade patrimonial (medio natural, lingua, costumes, usos, formas de desenvolvemento entre outros) para ser quen de transformar as suas potencialidades en motor económico,  social e cultural.

Por último, estas iniciativas desenvolvense ó abeiro do proxecto “Móvete” da Dirección Xeral de Xuventude,Participación e Voluntariado e do Plan Proxecta na modalidade “Paisaxe e Sustentabilidade ”do Instituto de Estudos do Territorio.




Prensa:

DIARIO DE FERROL




MONFERO- Los escolares se asocian en defensa de la vida en el rural: Lo rural se lleva. Lo dicen los expertos que en los últimos años han constatado un creciente movimiento migratorio de la ciudad al campo en busca de una nueva vida.

Ningún comentario:

Publicar un comentario