DAFIS – DATOS DA
ACTIVIDADE FÍSICA PARA A SAÚDE
Este curso participamos por
segunda vez en DAFIS (Datos sobre a Valoración da Condición Física
Saudable), enmarcado no Plan Galicia Saudable da Xunta de Galicia e coordinado
pola Secretaría Xeral para o Deporte.
Este programa aparece para
facilitarnos aos profesores a valoración da condición física dos nosos
alumnos e no noso CPI estamos a desenvolvelo dentro do Plan Proxecta. Os
protocolos de valoración pretenden medir aquelas cualidades físicas e
psicomotoras que está demostrado científicamente que gardan relación coa
saúde (forza, resistencia, flexibilidade, axilidade-velocidade) e permite
coñecer en qué estado físico se atopa un alumno para decidir cales son os
aspectos que necesitan mellorar e cales non. Esta valoración é fundamental para
coñecer e facer un seguemento dos seus valores de condición física, a partir
dos cales poder deseñar actuacións adaptadas ás súas necesidades.
A continuación publicamos
un documento no que aparecen os resultados por idade e sexo en cada unha
das probas físicas e no IMC. As cores verdes indican que os valores
se corresponden cunha condición física saudable e as cores
vermellas nos avisan que debemos mellorar nesas cualidades
físicas. En cada unha das probas podemos comparar tamén os resultados coa
mediana en Galicia.
En xeral, estamos moi contentos
cos resultados obtidos polo noso alumnado. Pódese observar unha mellora en
relación o curso pasado e vos animamos a seguir practicando actividade
física e deportiva. Noraboa rapazas e rapaces do Xestal!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario