Os xogos, xoguetes e brinquedos tradicionais
están intimamente relacionados co medio natural, ben porque precisan del para o
seu desenvolvemento (espazos e recursos), ben porque transmiten valores
educativos de primeira orde (valoración, coidado, respecto…).
Igualmente os
xogos tradicionais permiten integrar dunha forma lúdica e construtiva as
aprendizaxes persoais e son espazo propicio para a construción de actitudes e valores
de compañeirismo, solidariedade e respecto cara o medio, o tempo que facilitan o contacto real co mundo natural e o
desenvolvemento dun sentimento de pertenza ao mesmo, namentres permiten
transformar a natureza de forma consciente en actividade lúdica.
En definitiva, coa sua recollida e desenvolvemento quixemos dinamizar o tempo de lecer a partir do patrimonio lúdico galego integrando valores ambientais de
primeira orde.
Ningún comentario:
Publicar un comentario