Pensemos nun lugar de gran beleza, onde a natureza e o home están en total sintonía, pois seguramente alí poderiamos atopar un mosteiro . Iso é o que acontece en Monfero, que conta cunha das xoias patrimoniais da nosa Comunidade: o “Mosteiro de Monfero”.
Coñecelo e o primeiro paso para valóralo, ao tempo que valoramos a nosa identidade cultural.
Este é o principal obxectivo desta saída. O alumnado de 2º e 3º ciclo de educación primaria gozaron del e da súa fermosa e triste historia (dado que na actualidade ten perdido moito do seu esplendor) grazas a visita guiada organizada en colaboración co Concello (o cal, agradecemos a súa colaboración).
Con ela puidemos trasladarnos 500 anos atrás e imaxinarnos unha vida sen comodidades, de moito traballo e esforzo colectivo. Igualmente comprendemos que a nosa paisaxe non é algo inalterable, que cambia co transcorrer dos anos influenciada polos usos e costumes dos homes e mulleres que nela conviven e que resulta imprescindible tomar conciencia do uso que dela facemos.
Si queredes podedes visualizar este vídeo de GALICIAMAXICA.EU e
recordar esta estupenda visita.
Ningún comentario:
Publicar un comentario