12 de xuño de 2013

TRIVIAL DA NATUREZA

                                                                                              Material autoeditado

Xogo de mesa estilo Trivial que consta dun taboleiro de xogo de gran dimensión cun amplo abano de cuestións, en cuxa redacción participaron diferentes membros da comunidade educativa (alumnado, familias e profesorado). 

Ademais de  tratar temas relacionados coas diferentes áreas e materias, inclúe aspectos relacionados coa valoración do medio natural e cultural da comarca, educación en valores e atención á diversidade.


O deseño do taboleiro de xogo parte do alumnado de 5º de educación primaria.

5 de xuño de 2013

Mosteiro de Monfero: unha visita imprescindible.


Pensemos nun lugar de gran beleza, onde a natureza e o home están en total  sintonía, pois seguramente alí poderiamos atopar un mosteiro . Iso é o que acontece en Monfero, que conta cunha das xoias patrimoniais da nosa Comunidade: o “Mosteiro de Monfero”.


Coñecelo e o primeiro paso para valóralo, ao tempo que valoramos a nosa identidade cultural.

Este é o principal obxectivo desta saída. O alumnado de 2º e 3º ciclo de educación primaria gozaron del e da súa fermosa e triste historia (dado que na actualidade ten perdido moito do seu esplendor) grazas a visita guiada organizada en colaboración co Concello (o cal, agradecemos a súa colaboración).

Con ela puidemos trasladarnos 500 anos atrás e imaxinarnos unha vida sen comodidades, de moito traballo e esforzo colectivo. Igualmente comprendemos que a nosa paisaxe non é algo inalterable, que cambia co transcorrer dos anos influenciada polos usos e costumes dos homes e mulleres que nela conviven e que resulta imprescindible tomar conciencia do uso que dela facemos.


Si queredes podedes visualizar este vídeo de GALICIAMAXICA.EU e recordar esta estupenda visita.
 

O Magosto: tempo de castañas, tempo de festa: tempo de natureza.



2 de xuño de 2013

Xogos, xoguetes e brinquedos da nosa comarca

Os xogos, xoguetes e brinquedos tradicionais están intimamente relacionados co medio natural, ben porque precisan del para o seu desenvolvemento (espazos e recursos), ben porque transmiten valores educativos de primeira orde (valoración, coidado, respecto…).  
Igualmente os xogos tradicionais permiten integrar dunha forma lúdica e construtiva as aprendizaxes persoais e son espazo propicio para a construción de actitudes e valores de compañeirismo, solidariedade e respecto cara o medio, o tempo que facilitan o contacto real co mundo natural e o desenvolvemento dun sentimento de pertenza ao mesmo, namentres permiten transformar a natureza de forma consciente en actividade lúdica.
En definitiva, coa sua recollida e desenvolvemento quixemos dinamizar o tempo de lecer a partir do patrimonio lúdico galego integrando valores ambientais de primeira orde.


Eco- clases

Actividade colaborativa na que quixemos desenvolver  actitudes e hábitos de consumo responsable e de respecto cara os recursos do medio e desenvolver un espírito crítico e a conciencia cidadá solidaria. 

Participarón aulas do 2º e 3º ciclo de Ed. Primaria, establecendo eco- clases, entendidas como un espazo de consumo responsable, onde os materiais educativos son reutilizados e aproveitados na súa totalidade (cadernos, material funxible, curricular…) con lugar para a selección e recollida de materiais de desfeito (cartón, plástico, material orgánico, envases, pilas e tinta de impresoras, CD, así como a recollida de tapóns de plástico e de roupa para fines sociais). Igualmente organizouse unha feira do libro.

A decoración da aula reflexa estas actuación, cun decálogo de actitudes que acompañado da mascota creada para representar a actividade e que xa se pode observar na porta de entrada.



As fragas do eume: un ecosistema singular

Unidade didáctica para o 2º e 3º ciclo de Ed. Primaria sobre "os seres vivos, punto de comezo dun proxecto interdisciplinar desenvolto ao longo do curso centrado nas singularidades patrimoniais da nosa comarca e realizada a partir da formación específica para o profesorado do proxecto ABALAR.


A horta máxica

A historia que a continuación presentamos  representa perfectamente a importancia da paisaxe na vida cotiá do alumnado. No momento de crear unha historia, a paisaxe que nela mostran, esta intimamente relacionada co medio no que nos desenvolvemos e as relacións amosadas teñen valores propios do mesmo.
A narración dos feitos foi realizada por Laura Vila Picallo e as ilustracións por Aldara Pita Pico.
Ambas representan o espírito de superación e de colaboración, a capacidade de aprender a aprender e a autonomía e iniciativa persoal que impregnan todas as nosas actuacións.


A gastronomía, parte da cultura dos pobos

A gastronomía forma parte do patrimonio cultural  “in”tanxible dos pobos. Non só cobre unha necesidade biolóxica, senón que tamén representa a paisaxe como recurso.
Igualmente, configúrase como elemento diferenciador dun estilo de vida que perdura de xeración en xeración sen necesidade de transcribirse.

Cociña diaria e cociña festiva, que une xentes, palabras e feitos e que desde a clase de 5º curso de Primaria queremos homenaxear coas receitas que as  nosas familias foron atesourando en lumes e fogóns.


Anosagastronomía from Camino

Traballo da aula de 5º curso de Ed. Primaria do CPI Virxe da Cela sobre a gastronomía da nosa Comarca elaborado coa colaboración das familias.