30 de xuño de 2019

CHEGA O SAMAÍN AO NOSO COLE


Cando se achega o final do mes de outubro, o Samaín comeza a estar presente… Esta festividade que agora rememoramos, ten a súa orixe nas celebracións que o pobo celta vivía durante días para dar remate á tempada das colleitas e dar tamén comezo a un novo ano. Os antigos celtas dividían o ano en dúas metades: unha luminosa, de fartanza, calor e verán , e outra  escura, de escaseza, frío e inverno. No medio das dúas quedaba a noite de Samaín, unha noite máxica na que os espíritos malignos quedaban ceibes e os defuntos visitaban as casas. Nesas celebracións, a través de druídas, contactaban cos ancestros e estes viñan visitar aos vivos…e para guialos colocaban caveiras acendidas nos seus fogares; de aí que agora se conmemore decorando cabazas.

Coa chegada dos romanos e máis tarde do cristianismo a noite converteuse na de Todos os Santos, aínda que pola costa atlántica de Europa pervivíu  a costume de lembrarse dos mortos e a crenza de que as meigas elixían o 31 de outubro para realizar os seus aquelarres.
En Irlanda, as vellas tradicións conserváronse durante toda a Idade Media, e foron os inmigrantes irlandeses os que levaron as vellas costumes aos Estados Unidos. Foi así como esta festa de orixe celta converteuse en Halloween.

 E no noso cole andamos entre cabazas, pantasmas e portas terroríficas celebrando o samaín.





 Invitámosvos a  visitar o recantiño de lecturas de terror onde encontraredes un montón de libros de medo… medo????, quen dixo medo???. Atrévete a descubrilos!!! 

             

Ningún comentario:

Publicar un comentario