Así o alumnado
realizou unha actividade de espeleoloxía percorrendo durante hora e
media aproximadamente 400 m dos 7km que ten a cova. Durante a visita
puideron observar diferentes formacións típicas deste tipo de
relevo como estalactitas e estalagmitas, así como percorrer
galerías, túneles e observar un pequeno lago subterráneo.
Ademais a xornada
aproveitouse para visitar a localidade de Mondoñedo, antiga capital
de provincia de Galicia, onde puidemos valorar o seu extenso
patrimonio arquitectónico e histórico, entre o que cabe destacar a
súa catedral.
Ningún comentario:
Publicar un comentario