Coa xenerosidade das persoas que están afeitas a traballar pola súa
comunidade, o alumnado da ESO do CPI Virxe da Cela puido gozar de Marleni Polo, coordinadora das
promotoras de saúde dos bateyes,
palabra de orixe caribeño, que significa “lugar
ocupado polas vivendas, barracóns,…nas fincas das Antillas dedicadas ao cultivo
da cana de azucre”, acompañada de varias persoas da ONG Solidariedade
Internacional de Galicia.
Concretamente, Marleni Polo traballa polo desenvolvemento destes bateyes en República Dominicana, e
comezou a facelo con só 13 anos de idade!!.
O papel das promotoras de saúde é organizarse entre as mulleres de forma
voluntaria que, coa axuda de ONGs galegas, de Asamblea de Cooperación pola Paz,
que comezou o seu traballo en Galicia coa execución dun proxecto en República
Dominicana, pretenden o acceso sostible a auga potable salubre e ao saneamento
básico e a mellora no eido sanitario nos bateyes.
Destacar o papel de Marleni por convertirse nun exemplo positivo para todas
as mulleres, dándolles protagonismo no desenvolvemento da súa comunidade e
reivindicando os seus dereitos desde unha perspectiva de xénero.
A charla rematou animando ao alumnado a ser consciente do poder que temos
cando todos e todas xuntos traballamos en prol da nosa comunidade.
Ningún comentario:
Publicar un comentario