O Entroido invade a nosa escola
como unha ráfaga de cor, alegría, humor, gargalladas, música e baile. A
diversión está garantida, e moito máis nesta ocasión na que a creatividade e o inxenio
inundou a temática deste ano, “A vaquiña
polo que vale”, que foi o fío condutor do espectáculo.
O escenario deu cabida á
exhibición dos talentos dos rapaces e rapazas do CPI Virxe da Cela, desde os
máis pequenos ata os xa veteranos, que levantaron paixóns entre os pequerrechos co desfile dos personaxes de Bop Esponja. Despois do reparto de
premios chegou o momento de degustar un chocolate quentiño acompañado de
rosquillas, churros e orellas.
Aquí vos deixamos os vídeos da
xornada. Disfrutade do Entroido!!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario