4 de abril de 2017

"A vaquiña polo que vale": o alumnado de 5º e 6º de primaria explica en Ciencias da Educación a súa experiencia co proxecto e a utilización das tecnoloxías como recurso de aprendizaxe.


Durante dúas horas, de 11.00 a 13.30 horas, un grupo de catorce escolares de 5º e 6º curso de educación primaria do CPI Plurilingüe Virxe da Cela xunto coas súas docentes impartiron docencia hoxe  luns 4 de abril, na Facultade de Ciencias da Educación (aula 24 do edificio de Campus Norte). Esta é unha iniciativa que se desenvolve no marco das actividades complementarias da materia ‘Deseño e avaliación de materiais didácticos’ de 4º curso do grao de Mestre.

Na xornada, as profesoras Camino Pereiro e Lucía Abarrategui xunto co grupo de escolares amosaron como a través de técnicas de traballo cooperativo é posible integrar as TIC como tecnoloxías para a aprendizaxe e o coñecemento. Concretamente, os nosos alumnos/as de 5º e 6º  son os protagonistas dun proxecto práctico no que empregan as tecnoloxías emerxentes -programación e robótica- e tradicionais –programa de radio- como ferramentas de traballo na aula. Nesta sesión en Ciencias da Educación explicaron o proceso de traballo realizado.
                                                                                         Parabens rapaces!!!!

 Aquí vos deixamos  reportaxe fotográfica da xornada

               
Prensa
La Voz de Galicia: http://www.lavozdegalicia.es/noticia/ferrol/monfero/2017/04/04/alumnos-primaria-imparten-clase-facultade-ciencias-da-educacion-usc/0003_201704F4C12993.htm
Xornal USC» Alumnado de primaria explica en Ciencias da Educación a súa experiencia na utilización das tecnoloxías como material didáctico

Presentación Aprendo programando na Facultade de Ciencias da Educación - USC



3 de abril de 2017

"A Vaquiña polo que vale": o mundo que queremos

Coa xenerosidade das persoas que están afeitas a traballar pola súa comunidade, o alumnado da ESO do CPI Virxe da Cela puido gozar de Marleni Polo, coordinadora das promotoras de saúde dos bateyes, palabra de orixe caribeño, que significa “lugar ocupado polas vivendas, barracóns,…nas fincas das Antillas dedicadas ao cultivo da cana de azucre”, acompañada de varias persoas da ONG Solidariedade Internacional de Galicia.
Concretamente, Marleni Polo traballa polo desenvolvemento destes bateyes en República Dominicana, e comezou a facelo con só 13 anos de idade!!.
O papel das promotoras de saúde é organizarse entre as mulleres de forma voluntaria que, coa axuda de ONGs galegas, de Asamblea de Cooperación pola Paz, que comezou o seu traballo en Galicia coa execución dun proxecto en República Dominicana, pretenden o acceso sostible a auga potable salubre e ao saneamento básico e a mellora no eido sanitario nos bateyes.
Destacar o papel de Marleni por convertirse nun exemplo positivo para todas as mulleres, dándolles protagonismo no desenvolvemento da súa comunidade e reivindicando os seus dereitos desde unha perspectiva de xénero.

A charla rematou animando ao alumnado a ser consciente do poder que temos cando todos e todas xuntos traballamos en prol da nosa comunidade.