O noso centro foi invitado a participar na CONFINT de Barcelona 2014.
A Confint (Conferencia Internacional de Xóvenes Coidemos o Planeta) é un
proceso de educación ambiental que, con protagonismo dos/as rapaces/rapazas, traballa a dimensión local e global da crise medioambiental e cuxo lema é Coidemos
o planeta (desde biodiversidade, cambio climático, pobreza... ata
desenvolvemento social, equidad, xustiza social...).
A II Confint Estatal tivo
lugar en Barcelona do 12 ao 15 de novembro. Nela participaron representantes de
10 delegacións (Palencia, Madrid, La Rioja, Galicia, Euskadi, Cataluña, Murcia,
Navarra, Albacete e Canarias). A nosa delegación estivo formada por 9 alumnos,
4 do IES Carlos Casares de Vigo e 5 do CPI Virxe da Cela de Monfero, e 2
profesores.
Durante os dias que durou o
encontro, alumnos, profesores e técnicos participaron en intensas xornadas
cheas de conferencias, presentacións, dinámicas de grupo, obradoiros,… que
culminaron o 14 no serán cunha visita a Barcelona e o 15 pola mañá coa
exposición das conclusións finais.
Entre o alumnado
participante das diferentes delegacións redactaron un Manifesto, que, a través
dunha comisión formada por alumnos, profesores e técnicos, foi entregado a
representantes do XIII Congreso Mundial de “Cidades Educadoras”, así como a
representantes da Generalitat e da Confint Europea.
Na primavera do 2015
organizarase a Confint Internacional en Bruselas, na que participarán os
delegados elixidos polos participantes na Confint Estatal.
Dende o CPI Virxe a Cela
cremos que é fundamental a participación da nosa comunidade neste tipo de
eventos, xa que é unha maneira de que os alumnos dean a coñecer e vexan
valorado o seu traballo do dia a dia, e sexan conscientes de non están solos na
súa loita por crear un entorno mellor, xa que como rezaba o lema desta Confint:
“Se non é agora, ¿cando?, se non somos nos, ¿quen?”
Máis información, fotos, vídeos,
presentacións,…:
No seguinte enlace tedes unha presentación na que podedes faceros unha idea do que foi este encontro:
Presentación CONFINT
Participantes na Confint
Os abaixo asinantes, alumnos e alumnas de diferentes escolas do Estado,
reunímonos en Barcelona do 12 ao 15 de novembro de 2014 no marco da II
Conferencia Estatal de Mozos Coidemos o Planeta.Como representantes de diversas comunidades autónomas e dos nosos
respectivos centros, estamos levando a cabo moitos proxectos sobre sostibilidade
e medio ambiente. O noso obxectivo é concienciar a sociedade dos perigos e desvantaxes
que ten non ser coidadoso co medio ambiente e así poder aportar o noso graíño
de area para cambiar o mundo.Sostémonos baixo o lema “pensa globalmente e actúa localmente” xa que nos
nosos centros traballamos proxectos para a sostibilidade a nivel comarcal e
local. Cremos que a educación para a sostibilidade ten que ser tratada durante
toda a etapa educativa dende os cursos de infantil ata a universidade co fin de
tomar conciencia da importancia ecolóxica e a sostibilidade.Presentamos de seguido unha serie de propostas mediante as cales pretendemos
reclamar a importancia que ten coidar o planeta.Mirando para o noso ambiente máis próximo, a escola, presentamos as
seguintes peticións:·
Que se
promova unha educación sostible dende os primeiros anos, para que as xeracións
vindeiras poidan e saiban coidar o noso planeta.
Participantes na Confint
Delegación galega
Manifesto da Confint
Ningún comentario:
Publicar un comentario