Estamos no inverno, moitas veces non podemos saír o patio e temos que
quedar xogando no comedor. Gústannos os xogos de mesa, pero sempre son os
mesmos, polo que nos imos xuntar e crear os nosos propios xogos.
Reunímonos e acordamos crear un Trivial, unha Oca e un Twister da Natureza.
Ditos xogos partirán das aulas de Ed. Infantil e 3º ciclo de Ed. Primaria e queremos
recadar a cooperación do profesorado e das familias.
O primeiro en realizarse e o “Trivial da Natureza” xogo lúdico manipulativo
no que seguindo a estrutura do “Trivial” tradicional se inclúen preguntas aportadas
polo alumnado, profesorado e familias das diferentes áreas curriculares e un
apartado de cultura xeral que permita identificar as singularidades da nosa
comarca e do seu patrimonio.
A “Oca das Fragas do Eume” sigue a estrutura da oca tradicional, pero as
súas casillas conteñen preguntas relacionadas co medio natural e co patrimonio
cultural das Fragas do Eume.
O Twister das Fragas do Eume conta cos círculos de xogo ilustrados coas
aves máis comúns no noso medio natural. Esta deseñado para o alumnado de Ed.
Infantil.
Ningún comentario:
Publicar un comentario