"Cando Deus creou os ríos, mandou nacer tres xuntos na Serra do Xistral.
Aínda que as fontes manan do mesmo lugar, foron abocados cara a distintas
ladeiras e recibiron a promesa de que cada ano tería un home aquel que
primeiro chegase ó mar. Deulles categorías divinas e chamoulles, con
resonancias gregas, Eume ó da rampla de poñente, que debía fertiliza-la terra
das Pontes; Landro ó da vertente norte, que tería que fecunda-las carballeiras
e facerlles producir landras; e Masma ó da faldra de raiante, que crearía coa
súa chegada ó mar as marismas. Xusto despois de naceren, acordaron
descansar un pouco no camiño, pacto que só cumpriu o Eume. Ó decatarse
da traizón dos compañeiros, enfurecido, acelerou a súa marcha pola Capela
e Caaveiro, e logrou chegar primeiro.
Por iso tódolos anos afoga unha persoa
nas súas augas".
Lenda recollida
por José Varela.
O río Eume continuou mantendo a súa
forza, desenvolvéndose ao seu paso un ecosistema único que impregna
orixinalidade e beleza a toda a comarca.
Esta problemática ímola establecer como punto
de partida do proxecto “ A nosa vida: a nosa paisaxe”, que sen querer pecar de
ambiciosa, quere configurarse como elemento de apropiación identitaria das
novas xeración cara á riqueza cultural e natural do noso contorno.
Polo tanto, a primeira proposta consensuada consistirá en
realizar unha catalogación dos bens naturais e culturais máis significativos
das Fragas do Eume e da súa contorna.
Para elo establecemos elaborar un mapa
colaborativo (Google Maps) entre o alumnado e o profesorado.
Aquí esta o seu punto de partida e as instrucións
para a súa configuración.
Ver A miña
Título: A miña paisaxe: a miña vida
Presentación:
Partimos da necesidade de coñecer o medio que nos rodea como primeiro paso para comprendelo e valoralo, ao tempo que identificamos e valoramos a nosa identidade cultural a través das manifestacións culturais que supoñen un nexo de unión significativo co patrimonio natural.
Nivel educativo: EDUCACIÓN PRIMARIA E SECUNDARIA
Tarefa:
Localizar os elementos do patrimonio natural e cultural da nosa contorna nun mapa utilizando Google Maps e dialogar sobre a súa importancia na configuración social e cultural da nosa comarca.
Obxectivos:
- Identificar e valorar o patrimonio cultural e natural da nosa contorna.
- Descubrir a riqueza patrimonial da nosa comarca e realizar unha apropiación simbólica da mesma.
- Relacionar a difusión da identidade cultural coa competencia no tratamento da información e competencia dixital.
- Identificar as achegas das diferentes xeracións ao establecemento dunha identidade social, económica e cultural propiá.
Desenvolvemento:
1º- Dada á dirección do mapa:
2º- Elaborar grupos de 3- 4 discentes, que tratarán de situar no mapa a localización de lugares de interese patrimonial (natural e patrimonial) da comarca das Fragas do Eume, incluíndo marcadores que indiquen:
- Nome do elemento patrimonial.
- Imaxe representativa.
- Enlace a dirección web que nos permita ampliar o coñecemento das peculiaridades do ben seleccionado.
Recursos:
Enlaces a recurso web que nos permitirán afondar na riqueza patrimonial da comarca:
Criterios de avaliación:
è Identificación e valoración dos elementos patrimoniais da nosa contorna.
è Situación do marcador: precisión, exactitude e posición do marcador.
è Calidade da información aportada de en cada marcador.
è Actitude ante a actividade e pautas de colaboración entre iguais.
Proposta de continuidade
A partir desta actividade elaboraremos una ruta de sendeirismo que partirá do noso centro educativo.
A tarefa e a gozar!
Ningún comentario:
Publicar un comentario